1ª FUTGAL: O Dumbría culmina a remontada e xa é novo equipo de Preferente
Impresionante o que vén de rubricar o CF Dumbría. O equipo de Pablo Conde confirmou no Rebordelo o seu título da 1ª FUTGAl e ascenso á Preferente. Tras unha longa tmeporada na que o equipo estivo agazapado, detrás dun Club do Mar que estivo 34 xornadas invicto, o cadro costeiro pegou o arreón no último mes e confirma, cunha xornada de marxe, o zarpazo.
Na xornada 29, os dumbrieses estaban 5 puntos abaixo, e en 4 xornadas sacoulle 10 puntos aos caioneses. 10 vitorias seguidas dos de Pablo Conde dan conta da súa remontada monumental.
Hoxe en Teo, os dumbrieses saíron a por todas e se metían pronto por diante cun gol en propia meta. Á media hora Diego Estévez non faltaba á súa cita co gol (suma 35, 5 máis que Isaac Fábregas, os dous máximos goleadores de toda a categoría), para ampliar a renda é media hora, pero o Calo recurtaba antes do descanso.
Comezaba a segunda co terceiro de Mataso, que parecía que deixaba o camiño claro cara o ascenso, pero o Calo, equipo sen nada en xogo, metíase de novo no partido. Non foi ata o m.87 cando o Dumbría, co Calo envorcado, sentenciou con dous tantos de Breixo e Juanjo, para ledicia da afección que se desprazou ata a vila compostelá, e que voltou co equipo para celebrar o ascenso no Conco!
O resto da xornada
Polo demais, os equipos costeiros colleitaron resultados de todo tipo. O San Lorenzo sumaba o seu 7º partido en Verdillo sen perder, demostrando o bo, pero insuficiente treito final de campaña. Vencía ao Agolada, 4-3 con 3 de Javi Souto e 1 de Hugo Canedo, se ben o Agolada no último cuarto de hora marcaba 3 tantos e metía o medo no corpo dos carballeses.
O Muxía tamén vencía, neste caso 3-0, ao Tordoia, con goles de Fran Moreira, un en propia e outra e de Darío. Mesmo resultado para o Castriz na casa ante o Boimorto cos tantos de Brais (2) e Josiño.
Os que non gañaron foron o Fisterra e a Esteirana, que comezaron o partido sabendo xa que estaban salvados, no que foi a despedida de Alex Rama, lenda viva do cadro esteirán.
Todas as crónicas da 1ª FUTGAL
- Todas as táboas ligueiras en www.futboldacosta.com.
- Os cadros da Copa da Costa en www.copadacosta.com.
Máis info
- X.32: O Dumbría, a dous pasos do ascenso.
- X.31: O Dumbría asalta o liderato a falta de 3 xornadas.
- X.30: Dumbría e Esteirana suman na xornada dos dous derbis.
- X.29: O Dumbría escala a costa do Muxía e coa axuda do Fisterra.
- X.28: O Castriz afunde o soño do San Lorenzo.
- x.27: O San Lorenzo segue soñando.
- X.26: O Dumbría segue firme.
- X.25: O San Lorenzo agárrase á categoría.
- X.24: Tres vitorias, un empate e unha crúa derrota para os equipos costeiros.
- X.23: Só o Fisterra salva unha xornada regular.
- x.22: O San Lorenzo volve gañar nas Pedreiras un ano despois.
- X.21: O Dumbría cae 16 xornadas despois.
- X.20: Empate en Verdillo, 3 vitorias e unha derrota.
- X.18: O Dumbría salva un matchball en San Pedro
- X.17: O Dumbría remata a primeira volta na segunda praza a dous puntos do líder.
- X.16: O SanLo reacciona antes de fin de ano e o Dumbría bate co Muxía.
- X.15: 4 costeiros entre os 7 primeiros.
- X.14: Resultados para todos os gustos.
- X.13: Dumbría e Muxía manteñen a loita ben arriba.
- X.11: Dumbría e Muxía, en postos de podio.
- X.10: A xornada de derbis cóbrase o primeiro adestrador.
- X.9: O gran papel dos equipos costeiros.
- X.8: O Muxía métese en postos de promoción.
- X.7: O Castriz ponse líder costeiro.
- X.6: Subindo ao segundo e ao terceiro vagón.
- X.5: Fisterra e Muxía igualan a táboa nos derbis.
- X.4: A Esteirana e o Dumbría métense no vagón de cabeza.
- X.3: Fútbol total
- X.2: O Dumbría pon a quinta marcha.
- X.1: Dumbría e Fisterra comezan de 4 en 4.