Mércores. 24.04.2024
El tiempo

Futfem: O Bergan pensa xa na finalísima ante o Lugo

Bergan fem ante o Lostrego
Futfem: O Bergan pensa xa na finalísima ante o Lugo

Sucumbíu o Bergan ante un Lóstrego que xa buscaba ratificar o seu ascenso. Pero o equipo pasa pronto páxina, pensando nos 3 partidos que quedan por diante para alcanzar a segunda praza, que será tamén de ascenso. Esta vindeira fin de semana, a final adiantada, ante o Lugo, e unha vitoria permitiríalle ás de Gueli depender de si mesmas nas dúas últimas xornadas.

Fase de Ascenso da 1ª Galega, xornada 7

Lóstrego - Bergantiños (6-0)

  • Bergantiños: Adnrea, Noelia, Tati, Elena, Laura Caamaño, Yaiza, Inés, Lara López, Bárbara e Cruz, Tamén: Zaida, Carla, Marian e Clara.

Notouse a motivación das locais que querían ratificar o seu cantado ascenso na casa. E saíron cun ritmo moi alto, que sorprendeu a unhas carballesas que non souberon aguantar as embestidas locais. O 5-0 ao descanso, e mesmo cun penalti fallado, dá conta da superioridade local.

Na segunda subiron a intensidade as visitantes e as locais baixaron unha marcha pero só houbo un color.

Novas relacionadas

Crónicas do FUTFEM

 

Comentarios