Sábado. 05.10.2024
El tiempo

Futfem: O Bergan, o único equipo vivo trala eliminación do Cee

bergan feminino preto do asvcenso
Futfem: O Bergan, o único equipo vivo trala eliminación do Cee

Rematou o soño, fermoso do UC Cee, na Fase de Ascenso á 1ª Galega Feminina. As de Rafa, tras elliminar na primeira rolda ao Carral, quedaron a un paso da final polo ascenso ao caer en Cambre por 9-1. Unha inesperada derrota, sobre todo polo abultado da mesma, que non empaña unha campaña para enmarcar do cadro da vila da Xunqueira. En calquera caso, unha mágoa que o equipo chegase ata este punto crucial da temporada tan xusta de efectivos porque as posibilidades de ascender, de pasar a eliminatoria, eran altas.

Así, o único equico vivo é o Bergan, que arrincaba a segunda volta da Fase de Ascenso á 1ª Nacional cun empate ante o Sárdoma B. Un punto que, co empate do Lugo co Arousana, manteñen as carballes nunha 2ª posición que semella será posto de ascenso.

Fase de Ascenso da 1ª Galega, xornada 6

Bergantiños - Sárdoma B (0-0)

  • Bergantiños: Andrea, Tati, Elena, Lorena, Laura Caamaño, Lara López, INés, Yaiza, Paula, Zaida, Cruz. Tamén: Noe, Valeria, Laura Torrado, Carla e Bárbara.

Bergan fem ante o Sardoma B

Comezou o partido co Sárdoma mellor colocado, controlando o balón e chegando á meta de Andrea, que foi unha das grandes protagonistas do partido. Non estaban cómodas as de Gueli, pero conseguiron aguantar as embestidas visitantes ata o descanso.

Certos axustes e o aumento da intensidade povocaron un cambio total na segunda. Parecía un patido distinto, con Bergan dominando, chegando por banda, mandan do balóns aos paus… Pero sen acerto.
Nos últimos 15 minutos igualouse a cousa, pero como a ningún dos dous equipos lle valía o empate, o partido estaba demasiado aberto, coas dianteiras superando ás defensas, pero non ás porteiras, que deixaron as súas porterías a cero..

Novas relacionadas

Crónicas do FUTFEM

 

Comentarios