FUTFEM: O Corme, único equipo invicto, colócase líder

Facemos ás presas a crónica das Ligas Femininas, pois estamos a tope cos cromos, así que deixamos un pequeno repaso do que foi a xornada.
Mala, moi mala a xornada para as nosas tres representantes na 2ª División Galega. Duras derrotas de Cee (que aguantou ata que duraron as forzas) e As Miúdas ante Antas e Abellá, dúas das aspirantes ao ascenso. E empatiño do Xallas ante un rival da zona morna.
Na Liga da Costa feminina, as grandes protagonistas son as xogadoras do Corme, que aproveitaron o empate do Dumbría en Ponteceso e se colocan líderes. As de Rubén Souto son o único equipo do Fútbol da Costa, xunto co Xallas da 3ª masculina, invicto ata o de agora. As cormelás sufriron para superar a un gran Mazaricos que non daba un balón por perdido. Foi un partido moi igualado, que decidiu Carla, a única que puido superar á porteiraza Valeria, que fixo un partidazo. O Mazaricos fixo sufrir ás cormelás que aguantaron as embestidas para poñerse líderes, aproveitando ese empate do Dumbría.

As de Santi Lira foron superiores a un gran Ponteceso, onde o empate sabe a vitoria. As de Curro adiantábase nunha contra por medio de Andrea a pase de Oane. Pero pronto empataría María para as locais. Na segunda eran as locais as que se metían, nada máis saír dos vestiarios, por diante, cun tanto de Kelly. E tivo aí bos momentos o Dumbría para sentenciar. Pero non foron efectivas, deixaron vivas ás pondalianas e volvía aparecer Andrea para facer o empate a 5 do final. O arreón dumbriés non serviu para rescatar a vitoria.
Polo demais, o Muxía recuperou a senda da vitoria tras dous tropezos seguidos, e se mantén a 4 do líder Corme e a 3 do Dumbría, tendo 4 puntos de marxe sobre o propio Ponteceso e e 7 sobre o Mazaricos na loita pola promoción.
No resto de choques, segundo punto do Outes ante o Cabana, derrota do Camariñas ante o filiar o Noia, e goleada do Cerqueda ao Fisterra.
MÁIS NOVAS DO FUTFEM
- A experiencia inmersiva das xogadoras da Selección da Costa-QPC
- A festa solidaria da FUTFEM da Costa en favor da Asoc. Galega de Ataxias
- Así quedan os e as Pichichis neste remate de 2023.
- Andrea e Aisha, as pioneiras árbitras do Fútbol da Costa.
- Guía para seguir a revolución do FUTFEM da Costa
CRÓNICAS DO FUTFEM
- X.15: O Dumbría remata como campioas de inverno da fermosa Liga da Costa.
- X.14: O Corme frea ao Dumbría.
- X.13: O Dumbría bate na mesa cunha goleada ao Muxía.
- X.12: O Ponteceso tropeza no Cubaleiro.
- X.11: Un derbi polo 25N.
- X.10: O Ponteceso frea ao Muxía e as 4 de arriba apretan o alto da táboa.
- X.9: O Muxía escapa.
- X.8: Corme e Muxía mediron as súas forzas.
- X.6: Xornada de vento, auga, frío e moita brega.
- X.5: A Liga da Costa Feminina está máis aberta que nunca.
- X.4: Perdendo o medo.
- X.3, 5 goles polo aniversario.
- X.2: 16 equipos collendo inercia positiva.
- X.1: FUTFEM: E comezou o curso para as costeiras.