Martes. 30.04.2024
El tiempo

FUTFEM: O Dumbría remata como campioas de inverno da fermosa Liga da Costa

Dumbria-Corcubion feminino-Foto-CF 1
Imaxe dun tanto no Dumbría-Corcubión-Foto-CF Dumbría
FUTFEM: O Dumbría remata como campioas de inverno da fermosa Liga da Costa

Rematou a primeira volta da primeira edición da historia da Liga da Costa Feminina. E é o Dumbría o que leva a horna de campioas de inverno treas superar ao Corcubión e aproveitar o descanso do Corme. Con todo, as cormelás, que vencían a semana pasada ao propio cadro dumbriés e que son as únicas invictas da categoría. están a só 1 punto.

Fallou o Muxía, que non pasou do empate na Picota, mentres que o Ponteceso volveu vencer e recupera espazo coas de arriba. Por abaixo, primeiro punto da historia do Outes.

Na 2ª, derrotas de Xallas e Miúdas, e empate do Cee, para seguir xalleiras e ceenses na zona morna, e o cadro muradán, moi abaixo.

2ª Div. Feminina, Gr.1, xornada 15

Orzán B - Cee (0-0)

  • Cee: Noemí, Lucía Rod., Nerea, Sabela, Laura, Paula Veiga, Saray Duarte, Nayara, Lucía Martínez e Sharay Caamaño. Tamén: Antía,

Partido de baixa intensidade onde non houbo un claro dominador. As ceenses causar perigo sobretodo na primeira parte, pero apenas houbo ocasións en ambos equipos, cun Orzán que tivo máis o control de balón pero que apenas chegaron a porta salvo un rexeite que despexa Nerea preto da liña de gol.

Chegaron as costeiras a segunda parte con poucas forzas (pouco banco) e foron quen de aguantar coa portería a cero ata o final coa esperanza de poder marcar algun gol que poidese permitirnos levar o partido, pero non chegou. O Orzán intentouno en varias faltas que iban desviadas, salvo nunha xogada illada que proban un tiro lonxano que Noemí solventaría a man cambiada cando o balón ía entrar na portería.

Meicende - Xallas (1-0)

  • Xallas: Rosio; Laura, Alicia, Saskia, Andrea Otero; María, Noe, Andrea Barbeira; Olalla, Paula Barcia e Yasmina. Tamén: Daniela, Valeria, Michelle, Leti e Inés.
  • Gol: 1-0, m.11: Isabel Blanco.

Partido no que as xalleiras saíron con toda a intención de poder puntuar para non perder distancia coa parte alta da clasificación neste último envite da primeira volta. As verdes moi enchufadas e domimando o medio campo pero con escasas chegadas a portería rival, veríanse por debaixo no marcador despois dun chut dende a frontal da área que colleu efecto endemoniado facendoselle imposible a Rosio.
O equipo valente e decidido seguiu buscanco o gol, pero o infortunio cebouse coas xalleira coa lesión da goleadora Olalla que tivo que retirarse a media hora de xogo entrando a cadete Valeria que tivo nas súas botas o empate en dúas ocasións.

A segunda metade foi un continuo asedio das xogadoras costeiras, Noe, Yasmina ou a que entraron de refresco tiveron nas súas botas o empate pero non foi o día, mesmo posible penalti que non foi asubiado.

Antas - As Miúdas (2-0)

  • Miúdas: Adriana, Atenea, Elba, Leire, Ximena, Laura Sieira, Piñeiro, Marta Piñeiro, Sofá, Pati. Tamén: Ana Romero.
  • Goles 1-0, m.12: en propia; 2-0, m.90: María Pérez.

Un gol en propia ao principio e un gol ao final do partido serviron para que o Antas derrotase ás costeiras. A primeira parte despois do regalo do primeiro gol local por parte da porteira Siaba, foi dominada polas de Luchi, con moitas ocasións de gol, pero sen acerto. Na segunda, non houbo tanto control pero o equipo foise envorcando na meta contraraia e no desconto sufriron o segundo nunha contra.

O equipo segue mellorando pero tanto tempo sen sumar fai perder confianza as muradás.

3ª Div. Feminina, Gr.2, xornada 15

Dubra - Cabana (0-0)

  • Cabana: Miriam, Antia, Sheila, Aroa, Valeria (Jessi Rojo), Iría (Nuria), Inma, Alejandra, Isabel (Jessi Pose), Irene, Adriana.

Partido moi disputado que empezaba dominando o Cabana que dispuxo de duas boas ocasións nos pés de Irene que desbaratou a porteira local. Xa cerca do descanso aproximouse o Dubra que poñia en apretos a Miriam.
Na segunda parte equilibrouse o choque no que as defensas se impuxeron deixando poucas opcions de gol. Ao final, xusto reparto de puntos.

Bergantiños B - Ponteceso (1-4)

Ponteceso-Bergantinos B liga da Costa feminina

  • Bergantiños B: Sofía; Aroa Varela, Sarai, Amelia, Carla; Jimena, Sara, Erika; Aroa García, Arancha, Antía. Tamén xogaron: Clara, Ainhoa e Iria.
  • Ponteceso: María (Colores, m.58), Noe (Mel, m.68), Ainhoa, Myre, Saray (Lucivili, m.68), Eva, Muíño, Andrea, Oanes, Silvia (Noemí, m.18), Claudia.
  • Goles: 0-1, m.10: Claudia; 0-2, m.40: Eva; 0-3, m.41: Oanes; 0-4, m.64: Andrea; 1-4, m.82: Carla.
Capis do Ponteceso e do Bergantinos B co colexiado Daniel Choucino Facal
Capis do Ponteceso e do Bergantinos B co colexiado Daniel Chouciño Facal

Partido igualado, cun Bergantiños B que intentou dominar por momentos combinando ben, pero que estivo moi pouco efectivo. As pondalianas estiveron máis acertadas e pronto Claudia abría o marcador, e preto do descanso Eva e Oanes daban o choque practicamente por pechado antes do descanso.

Mazaricos - Muxía (3-3)

  • Mazaricos: Valeria, Graci, Silvia, Buján, Raquel, Antía, Lúa, Leire, Claudia, María Senra e Tamara. Tamén: Anxela, María Antelo, Katia, Fátima e Mariña.
  • Muxía: Sheila, Andrea Dom., Paula Vilela, Andrea Insual, Nerea, Nuria, Irene, Patri Romaní, Elsa e Raquel. Tamén: Marta, Claudia, Denise, Sara e Paula Rey.
  • Goles: 0-1, m.35: Patri Romaní; 0-2, m.41: Patri Romaní; 1-2, m.47: Mariña; 1-3, m.51: Andrea; 2-3, m.83: Ánxela; 3-3, m.88: Tamara.

Mazaricos - Muxia futfem

Partidazo o vivido no campo da Picota. O Mazaricos, máis acostumado ás medidas, aguantou ben nos primeiros minutos a un Muxía que non podía combinar como adoita. Así e todo levaba o peso do partido e aproveitou unha xogada protestada polas amarelas para abrir o marcador. os últimos minutos da primeira metade foron de cor vermella e ao segundo de Patri puideron sumarse un par máis.

Pero reaccionaron as de Rachón, e marcaron nada máis saír por medio de Mariña. Pero de contado, novo golpe do Muxía co tanto de Andrea. Parecía que sería definitivo, pois as amarelas quedaron baixas durante moitos minutos. Pero tiraron máis de corazón que de fútbol, e pouco a pouco as locais foron envorcando o partido cara área de Sheila. Xa nos intres finais, primeiro Ánxela e despois Tamara (por medio doutra xogada de Ánxela) conseguiron o empate no marcador e aínda tiveron un último córner co que poder levarnos o partido.

Muxia-Mazaricos liga feminina

Dumbría - Corcubión (2-0)

  • Dumbría: Lisette, Martina, Mai, Reyes, Sabela, Kelly, Eva, Fandiño, Adriana, Claudia, María. Tamén: Serena, Yoli, Icia, Noa, Juliette.
  • Corcubión: Alexia, Elisa, Alejandra Lojo, Marta Lavandeira, Carla, Cris, María Castro, Helena López, Ana Sierra, Andrea e Paula Trinidad. Tamén: Claudia, Elena Atán, Noa e Daniela.
  • Goles: 1-0, m.47: Claudia; 2-0, m.79: Juliette.

Dumbria-Corcubion feminino-Foto-CF 2

Partido complicado cun Corcubión moi ben asentado esperando atrás e coas ideas moi claras, conscientes de que o balón ía ser das dumbriesas. E as de Santi Lira non estiveron finas co balón no primeiro tempo, moi precipatadas, permitindo que o cadro de Rubén Castillo tivese as primeiras opcións á contra. Tamén o cadro local tivo algunha na primeira metade, pero foi ao comezo da segunda cando Claudia abría o marcador para o Dumbría.

Abriuse aí o Corcubión, tendo un man a man para empatar, pero as locais souberon baixar o balón, calmar o partido e manter a posesión, sentenciando a 10 do final tras unha boa xogada.

Dumbria-Corcubion feminino-Foto-CF
Dumbría-Corcubión-Foto-CF Dumbría

Nicrariense - Camariñas (3-1)

  • Camariñas: Karen, Laura Garrote, Rocío, Daniela, Uxía (Ainoa, m.62), Cris Mouzo (Natty, m.75), Laura Pose, Nuria, Leti (Desiré, m.46), Saray (Ana Camuel, m.62).
  • Goles: 1-0, m.55: Aya; 2-0, m.56: Daniela; 2-1, m.73: Daniela; 3-1, m.84 Daniela.

Primeira metade totalmente dominada polo Camariñas, na que puideron adiantarse con tiros de Nuria e Laura Pose e cun cabezazo de Daniela que rozou o longueiro á saída dun córner.
Pero dous erros consecutivos ao comezo da segunda sentenciarían ás de Cabrejo e Faus, que recurtaron e puideron ter empatado nunha ocasión clara de Paula e nun tiro de falta de Nuria, pero cando máis volcados estaban en busca da remontada, colleron nunha contra e aí xa se acabou o partido.

Outes - Fisterra (0-0)

  • Outes: Sole, Valerioa, Miriam, Natalia A., Carmen, Alicia, María A., Claudia Caro, Carla, Erika e Xeila. Tamén: Uxía, María Molinos, Laura, Nerea, Lara.
  • Fisterra: Lucía, Paula, Ana Isabel, Lidia, tamara, Andrea Romero, Antía, Zeltia, Aroa, Lucía Macote, Jimena. Tamén: Jeni, Sandra, Tati e Nocole.

Imposible xogar na piscina do Cunchido, que espera como auga de maio as obras de remodelación do céspede que seguramente se desenvolverán no verán. O partido comezaba de tanteo, coas locais intentando algo máis, pero Andrea Romero metía medo a cada balón que pasaba polos seus pés. Pero aguantaron moi ben as de Dani que conseguir sumar o seu primeiro punto da temporada.

Cerqueda - Noia B (1-1)

11 da UD Cerqueda feminino

  • Cerqueda. Paula Casal, Jimena, Tania, Tatiana, Mariña, Inés, Uxía, Vanesa, Irene, Lorena e Raquel. Tamén: Sonia, Carla Santos, Sara, Carla Varela e Alba.
  • Goles: 0-1, m.75: Aida de penalti; 1-1, m.81: Inés.

Partido moi disputado contra un dos equipos que mellor xogou ao fútbol en Xaviña. As de Dani Reix´ía tivero máis o dominoo na primeira, pero a segunda foi de cor visitante, resultado un xusto empate.

MÁIS NOVAS DO FUTFEM

 

 

CRÓNICAS DO FUTFEM

Comentarios