Xoves. 02.05.2024
El tiempo

A 2ª Autonomica entra no Novo Ano con Tristeza

A 2ª Autonomica entra no Novo Ano con Tristeza

O 2015 entraba con tristeza no futbol da costa, como xa adiantabamos no resumo do sábado dia 3, os colores dos nosos equipos costeiros traducianse en luto polo falecemento do pai de Charro, xogador do Buño, no cal nos campos da costa gardábase un emotivo minuto de silencio. Nesta xornada de domingo suspendianse dous encontros os cales xogaranse este próximo martes dia de Reis, o Castriz - Buño e o Seaia - Baiñas. O resto da xornada daba comezo con sorpresas e moitos goles. Que bonita é esta Liga por excelencia, calqueira lle gana a calqueira e calqueira perde con calqueira, vai ser unha liga competida e reñida ata o final.
Estación de Servicio Bazarra patrocina a Liga da Costa - Coñécenos en www.bazarra.com
Estación de Servicio Bazarra patrocina a Liga da Costa - Coñécenos en www.bazarra.com

San Lorenzo - Fisterra (2-3)

  • San Lorenzo: Diego Mayo, Javier, Ruben Varela, Rudi, Adrian Varela, Alex Figueiras, Dani, Adrian Fraga, Alex Rodriguez, Taibo e Javier Pensado.
  • Fisterra: Norberto, Manuel Cartamil, Santi, Robertin, Yeray (Luis Lado, min.66), Pablo Lestón, Rodrigo (Dani Marcote, min.89), Piti, Juan (Munitis, min.73), Guardiola e Aitor.
  • Arbitro: Juan Carlos Ramos
  • Goles: 1-0, min.7: Guardiola; 1-1, min.26: Ruben Varela; 1-2,min.34: Rodrigo; 1-3, min.41: Rodrigo; 2-3, min.49: Alex Figueiras.
Encontro dominado polo San Lorenzo en moitas fases do partido, na primeira metade os locais movian ben o balón e controlaban os tempos, pero un Fisterra moi ben plantado no terreo de xogo mataría os locais con dúas contras espectaculares moi ben trenzadas. O primeiro gol moi tempraneiro do Fisterra non facía que os locais se viñesen abaixo, todo o contrario, e empatarian moi rápido. Pero unha vez mais os de Nacho golpearían de novo e  adiantarianse no marcador en dúas ocasións mais antes de irse o descanso, un golazo dende o medio do campo e outra contra perfectamente elaborada. Cun resultado de 1-3 para os Fisterrans chegaríase o descanso. O pouco de comezar a segunda parte os de Pedro recurtarían distancias por medio de Alex, pero o resultado de 2-3 xa non se movería a pesar de algunha ocasión dos locais moi clara para empatar o encontro. Moi bó encontro o vivído na tarde de onte en terras carballesas. Camelle - Volantes de Baño (2-3)
  • Camelle: Jimmy. Carlos Tajes, Jesús Curras, Arnosí (Alvaro Canosa, min.69), Carlos Valiña, Richi, Jesús Sanchez (Iván, min.63), Javier Tedín (Felipe,min.50), Adrian Tajes, Mario e Sergio Romero.
  • Volantes de Baño: Ruben, Juan Mayo, Piti, Miguel Formoso, Javi Fernandez, Brais Sendón, Oscar, Edu (Mingos, min.65), Sergio, David Carballo e Espi.
  • Arbitro: Javier Pichel
  • Goles: 1-0, min.35: Mario; 2-0, min. 45 Adrian Tajes; 2-1, min.66: Piti; 2-2, min.70: Espi; 2-3, min.89: Mingos.
Daba comezo o encontro con un Camelle moi metido no partido e con gañas de darlle unha alegria a súa afeción, un equipo moi aguerrido no seu campo,no que non dan un balón por perdido e pelean todo. Na primeira metade o Camelle controlaba o encontro e os Volantes non daban encontrado o seu sitio no terreo de xogo, as ocasións e as chegadas a portería eran locais, o primeiro gol chegaría mediada a primeira metade e chegando o final desta parte do encontro os locais volverian a marcar e iríanse o descanso con un 2-0 moi bó. Xá na segunda metade o físico dos de Camelle daría un baixón grande e as indicacións e cambios realizados por Felipe Candamo darían resultado e daríanlle a volta a un encontro que se lles puxera moi moi o revés. Tres puntos que se levaron os de Muros dun terreo de xogo moi complicado. Porteño - Outes (0-6)
  • Porteño: Brais, Gabri, Marcos Curra (Xoel, min.66), Manuel Castiñeiras, Maikol, Carlos Doyle, José Andrade (Iago, min.52), Oscar, Carlos Vazquez, Cristian (Mario, min.68) e Marcos (Jose Mendez, min.49).
  • Outes: Gato, Borja (Rafa, min.45), Saúl, Rober, Chúa (Martin Lago, min.45), David, Martin, Babu, Yago (Elias, min.66), Mario e Jura.
  • Arbitro: Ruben Reborido
  • Goles: 0-1, min.9 :Mario; 0-2, min.15: Mario; 0-3, min.40: David; 0-4, min.49: Rober; 0-5, min.58: Jura e 0-6, min.80: Elias.
Partido moi bó dos de Manu Roque que despois de guiar magnificamente os xogadores no encontro solidario do Combinado da Costa a pesar da derrota pero deixando moi boas sensacións na afeción e no equipo rival, volvía a guiar e moi ben o Outes para vencer e facelo con facilidade. Os da Ponte pouco poideron facer xa que o Outes adiantouse moi pronto no marcador e controlaron o encontro de principio a fin. O encontro chegaría o descanso con 0-3 para os de Outes. Na segunda metade o Porteño realizaría varios cambios e Angel daríalle a oportunidade os mais xovenes de xogar uns minutos, nesta segunda parte os de Manu Roque seguirían dominando e aumentarían o casilleiro de goles para rematar o encontro con 0-6  no marcador. Sporting Zas - Mazaricos (1-2)
  • Sporting Zas: Isma, Martin Vecino (Abel, min.55), Pereiro, Isma Gonzalez, Victor Vecino, Ivan Canedo, Peke, Dani Mato, Alex Flores, Rubio e Josito (Oliver, min.64).
  • Mazaricos: Daniel Pereiro, Jose Moreira, David Garcia, Ricardo Tuñas, Chenel (Iván Fernandez, min.89), Adrian Cives (José Antelo, min.73), Estefano (Roberto Tuñas, min.88), David Lado (José Cerbán, min.89), Esteban Riveiro, Miguel Riveiro  e Esteban Pereiro.
  • Arbitro: Aitor Maneiro
  • Goles: 0-1, min.33: David García; 0-2, min.75: Estefano; 1-2, min.85: Ivan Canedo.
Comezaba o ano no San Andrés con gañas de victoria deste sporting Zas que aspira a grandes cousas esta tempada, pero parece que a entrada no 2015 non lles favorecía moito xa que caían derrotados fronte un Mazaricos que está a ser a revelación deste Torneo. Un encontro no que a primeira metade foi  propiedade do Mazaricos, na cal marcarían un tanto e terían algúnha ocasión mais para irse o descanso con mais vantaxe, pero con 0-1 chegariase o fin desta primeira parte dominada polos de Nestor. Xa na segunda equilibrarianse as forzas con algo mais de posesión e oportunidades para os homes de Ivan Cancela pero un Mazaricos moi ben plantado no terreo de xogo anularía as posibilidades de empate dos locais. A falta de 15min para o remate do encontro os visitantes volveríanse a adiantar no marcador e porían xá mais complicadas as cousas, pero os locais non se rendirían e recurtarían distancias a falta de 5 min, con este 1-2 para o Mazaricos chegariase o remate do encontro e deixa os locais quintos a 5 puntos do primeiro. Montelouro - Carnota (1 - 0)
  • Montelouro: Fernando (Isma, min.45) , Abel , Cesar Pais, Mateo, Pablo, Daniel Paris, Isma Costa José Mayo, min.70), David Leston (Raúl, min.78), Gabri Hermida, Antonio e Gelo.
  • Carnota: De la Peña, Boni, Tono, Manolo Chouza, Pablo Castro, Andrés Fandiño (Raúl, min.85), Pablo Beiro, José Alvite, Berni (David lópez, min.52), Nakata e Manuel
  • Arbitro: Denis Añón
  • Goles: 1-0, min.13: Gelo.
Encontro no que se enfrontaban a dous clubes da zona baixa da táboa, un partido tosco e con moi pouco xogo. As ocasións na primeira metade eran escasas e nunha das únicas que tivo o Montelouro na primeira metade foi a o do único gol que subiría o marcador e que sería o resultado final. O Carnota chegaba con numerosas e importantes baixas a este encontro, de feito que solo tería 13 xogadores para alinear.  Partido sin un claro dominador, ainda que o peso do encontro caía algo mais do lado do Montelouro que tería algunha ocasión mais para facer algún gol mais na segunda metade, pero o Carnota defendiase moi ben e colgaba moitos balóns a área contrarea. O final do encontro chegariase con este 1-0 para os de Marcelo que debutaba no banco do Montelouro.

    Cee - Camariñas (2-1)

  • Cee: Maikel, Ruben Fiuza, Jorgito, Jacobo (Dani Freire, min.70), Aitor, Fran, Cristian (Esteban, min.65), Juan O Vello (Isma Lamela, min.89), Leo (Carlos Leis, min.85), Bruno e José Lago.
  • Camariñas: Pablo Novo, Denis, Martin, David (Brais, min.45), Carlos Santos, Antonio lista, Roberto (Martin, min.89), Jesús, Isma, Dario e Souleymane.
  • Arbitro: Ivan Guerra
  • Goles: 1-0, min.12: Ruben Fiuza; 1-1, min. 37: Jesus; 1-2, min.77: Bruno.
Comezaba o encontro con un Unión Club Cee dominador, os primeiros compases do encontro eran dos homes de Rafa que querían xogar e levarse o encontro, deste dominio chegaría o primeiro gol da man do veterán Ruben Fiuza. Chegando o final da primeira metade o Camariñas empataria e arrinconaría os locais creando algunha ocasión. Xa na segunda metade os primeiros minutos eran dos visitantes, pero esto cambiaría moi pronto con unha volta de tuerca dos locais que se virían arriba e terian varias ocasións para marcar pero o gol non chegaría ata os minutos finais do encontro, despois do gol local o Camariñas apretaría  e forzaría o Cee a encerrarse atrás e enviar balóns fora. Un Camariñas ben manexado por Moriño no centro do campo que lles complicou moito as cousas os locais para levarse o encontro. Cabana - Ponteceso (1-0)
  • Cabana: Añon, José Rodriguez (Ismael, min.52), Eloy (David Varela, min.70), José Marta, Raúl, Mickael, Diego Mendez (Manu Guillamet, min.65), Alberto (Iván Pardiñas, min.57), Ivan Mato, José Suarez e Fernando (Dani Mato, min.77).
  • Ponteceso: Sergio Fariña, Jesús Cotelo (Mendieta, min.37), José Martinez,Martin Puente, Alberto Recarey, Diego Perez, Dani, Pablo Diego Collazo, min.46), Eloy Alvarez, Youssef (Cristian, min.46)e Oscar Moscoso (Lorenzo Amado, min.88).
  • Arbitro: Iván Morlán
  • Goles: 1-0, min.42: José Suarez
Encontro bastante malo o vivído o sábado en Cabana, un partido con moi pouco xogo por ambos conxuntos no cal foi unha parte para cada equipo, a primeira metade o Cabana tería mellor xogo e con algunha ocasión de feito que o gol chegaría rematando a primeira metade e con él chegaríase o final desta parte, o 1-0 no marcador reflexaba o que se vía no terreo de xogo. Tralo descanso o Ponteceso viríase arriba e cos cambios que realizaba nos primeiros compases da segunda parte o equipo melloraría e tería ocasións de empatar o encontro, o final do encontro victoria dos locais pero un empate podría selo mais xusto tralo visto no partido. A nota negativa foi o susto que se levou a parroquia Cabanesa cando Iván Mato era trasladado en ambulancia tras golpearse a cabeza contra o chan despois dunha caida fortuita no cemento do lateral do terreo de xogo. Según nos informaban todo quedou nun susto.

Novas relacionadas

Crónicas da Liga da Costa

Máis información

Crónicas da semana

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios