Xoves. 02.05.2024
El tiempo

O Anorthosis cae dando a cara

O Anorthosis cae dando a cara
Os xogadores do Anorthosis xa vestidos despois das vitorias Chris Roy Miguel Rey Gonzalo Martinez e Roi Martinez

Completa xornada para a familia do Anorthosis.

3ª División Nacional

  • Resultado: Anorthosis Vimianzo - Arteal Ventanas 0-7 (11-21).

Moi bos partidos os disputados polos integrantes do Anorthosis Vimianzo, Marce, Gonchu e Roi, que cederon no quinto set en catro dos partidos disputados. De aí que gañaran 11 sets, e non lles foi nada cómodo para os de Arteal, aínda que o 7-0 queira decir outra cousa. Un pouquiño máis e os da casa poden gañar.
O Anorthosis queda 8º na 3ª Nacional, con 10 puntos, con 4 sobre o descenso.

1ª División Galega. Grupo Centro

  • Resultado: Concello de Zas Aquacenit - Giusseppe Anthony 6-1 (18-5)
  • Resultado: Concello de Zas O Gaiteiro - Cafetería Lareka 0-7 (2-21)

No resto dos encontros normal a vitoria do Concello de Zas Aquacenit, cedendo Miguel un dos partidos ante un rapaz (César Gómez), nótase que esta ensinando a rapaces e quixo ser benigno con eles. No resto dos partidos non houbo lugar a sorpresas.

Como tampouco as houbo nos encontros de Concello de Zas O Gaiteiro e Concello de Zas O Pinar, que perderon con cotundencia ante rivais aos que se esperaba gañar, pero non rodaron ben as cousas e o desánimo apoderouse dos xogadores e así deixaron discurrir os partidos.

O Concello de Zas Aquacénit mantense a só unha vitoria do Breogán Oleiros C, que segue líder da 1ª Galega. Por abaixo, o Gaiteiro, ten lonxe, a 6 puntos, a salvación.

2ª División Galega. Grupo Centro

  • Resultado: Concello de Zas O Pinar - AD Dubratambre 0-7 (0-21)

E na 2ª Galega, O Pinar suma 12 puntos, na metade da táboa.

Vindeira xornada

Será unha fin de semana esta do 22 e 23 de febreiro completa, pois xogan todos os equipos e algún deles dous encontros ou catro.
A resaltar a concentración da liga de 2ª División Nacional femenina que se celebrará no ximnasio do CPI de Zas durante a tarde do sábado, dende as 15'00 ata as 21 h. donde se disputaran un total de 16 encontros entre os 8 equipos que en Zas se darán cita.

Esten serán os equipos participantes: Aluminios Xeal de Zas, Cambados TM, Monte Porreiro "A", Monte Porreiro "B", TDM Punto K, Narón Femenino, TDM Concello de Vilalba e Concello de Narón.

A concentración estará organizada polo clube Anorthosis Vimianzo e contará coa colaboración das xogadoras do Aluminios Xeal de Zas.

- 3ª División Nacional. Domingo 23 de febreiro, as 9'30 en Narón Naronense - Anorthosis Vimianzo.
Ás 12'00 en Ferrol San Xoan - Anorthosis Vimianzo.

- 1ª División Galega. sábado 22 de febreiro ás 17'00 h. en Noia: Liceo Noia "C" - Concello de Zas O Gaiteiro.
- Domingo 23 de febreiro ás 16'00 h. na Coruña: Hípica Coruña - Concello de Zas Aquacenit.

- 2ª División Galega. Sábado ás 17'00 h en Bembibre: AD Dubratambre - Construcciones Cernadas.
- Domingo en Vilagarcía , ás 9'30 h. Liceo Casino Infantil - Concello de Zas O Pinar.
Ás 12'00 h. Liceo Casino Xuvenil - Concello de Zas O Pinar.

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa de Estevo Lema.

Comentarios