Os políticos repiten marcha reivindicativa pola Autovía
Liamos onte as Reflexións sobre a Autovía Pantasma da plataforma Contramínate. Un artigo no que se debate sobre a necesidade dunha infraestrtura esquecida. Un artigo que pode reflexar o sentir de moitas persoas da zona, a tenor da pouca participación na marcha convocada a semana pasada.
Foron apenas 15 persoas as que percorreron os aproximadamente 20 km que separan Berdoias de Baio polo trazado da Autovía, comprobando as paralizadas obras. 15 políticos o representantes pero apenas un par de veciños.
Este sábado 30 de agosto, os convocantes, membros do eido político da oposición pero sen ánimo de levantar bandeiras partidistas senón de esixir o cumprimento de tantas promesas, propoñen facer a segunda parte do percorrido da Autovía, entre Baio e Carballo.
Así, o sábado 30 as 9:00h, marcha reivindicativa pola autovia desde Baio (xunto a planta de formigón-estrada Baio/Borneiro) a Carballo. Haberá autobus para retornar a Baio.
Veremos a resposta da cidadanía.
Artigos relacionaddos
Novas relacionadas
- 25-08-14: Os políticos moven ficha de marcha pola Autovía.
- Unha colleita de sinaturas online para esixir o reinicio das obras da Autovía Costa da Morte.
- 19-06-14: O BNG esixe, por enésima vez, unha solución inmediata á Autovía Costa da Morte.
- 10-03-14: Preguntando pola volta ás obras da Autovía.
- 05-05-14: A eterna promesa incumplida da Autovía Costa da Morte.
- 30-01-14: Unha colleita de sinaturas online para esixir o reinicio das obras da Autovía Costa da Morte.
- 03-12-13: A Xunta promete retomar as obras do treito Carballo-Baio da Autovía a primeiros de ano.
- 31-10-13: A Autovía volveu ao Parlamento e terá alomenos 3 anos de retraso.
- 25-10-13: A concesionaria da Autovía Costa da Morte, en creba.
- 04-10-13: O BNG pide que se anule o contrato coa concesionaria da Autovía e que a Xunta asuma un contrato de obra pública.
- 20-09-13: Os Concellos de Carballo, Vimianzo e Zas pregúntanlle á Xunta polas obras da Autovía.
- 11-09-13: O BNG denuncia a eterna parálise da Autovía Costa da Morte.
- 14-03-13: O Conselleiro ríese da Costa da Morte asegurando que a Autovía estará rematada no 2016.
- 04-03-2013: O BNG denuncia a eterna parálise da Autovía Costa da Morte.
- 05-02-13: A Xunta recoñece case un ano de parálise na Autovía Costa da Morte.
- 08-10-12: A Xunta rectifica as verbas de Hernández e insiste en que a Autovía non está paralizada.
- 26-09-12: A Xunta ratifica os retrasos na Autovía ante a falta de financiamento da empresa.
- 22-09-12: A Autovía que separa.
- 20-09-12: A Autovía da Costa da Morte non estará rematada no 2013.
- 19-09-12: Os alcaldes da Costa únense ante a paralización das obras da Autovía.
- 06-06-12: As máquinas volven á Autovía e a Xunta asegura que se cumplirán os seus prazos.
- 06-06-12: Un poboado calcolítico afogado polo asfalto.
- 24-04-12: O Conselleiro ratifica unha Autovía rematada no 2013 e sen peaxe.
- 13-04-12: Os camións da Autovía paran.
- 03-04-12: Paralizadas as obras da Autovía?.
Outras novas
- O BNG pide no Parlamento a supresión da peaxe da AG-55.
- Compartir coche, conexión directa da Costa da Morte co mundo.
- Renovados os horarios de Autobuses en QPC, o único espazo de información unificada.
- 01-11-11: Por fin comezaron as obras da ITV de Zas.
- 02-05-11: Manifestación pola ITV: A Costa da Morte sabe manifestarse.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).