Porque nos afecta e nos importa

Comezamos un novo ano, cheo de ilusións renovadas, que terá como data transcendente o domingo, 28 de maio, cando se celebren as vindeiras eleccións municipais.
Pero, durante este tempo, non pode sorprendernos que apenas se fale das principais cuestións económicas que atinxen ao municipalismo. O debate que interesa aos medios centrarase na desatendida reforma do sistema de financiamento autonómico, no incomprensiblemente baixo ritmo de execución dos fondos do Mecanismo de recuperación e resiliencia, na modificación das obsoletas regras fiscais, así como noutras cuestións que afectan fundamentalmente aos ámbitos autonómico ou estatal.
Porén, a preocupación da cidadanía polos diversos problemas orzamentarios que perturban aos nosos concellos é cada vez máis apreciable. Porque a función do municipio é demasiado relevante como para que se silencie. Porque o vixente contexto social presenta características radicalmente diferentes ao de fai catro anos, e a veciñanza é consciente de que os recursos públicos lle pertencen, porque son seus, e porque lles corresponde decidir nas mans de quen os queren depositar, para que os administren ben.
Por iso, son moitas as voces críticas que se alzan para esixir melloras na xestión do ingreso e gasto municipal. E, por iso, seguiremos reivindicando desde aquí o pape que deben desempeñar os tributos propios para acadar autonomía financeira.
Pregoando tamén que deixen de tomarnos o pelo –aos que o teñan, claro– coa asignación arbitraria da participación nos ingresos da Comunidade Autónoma, que xunto coa participación nos do Estado deberían garantir o principio de suficiencia financeira e, por suposto, o de lealdade institucional, que con tanta alegría se está vapuleando.
Por iso, neste espazo continuarase reclamando o emprego eficiente dos recursos públicos municipais, máis transparencia e mellor rendición de contas. Porque coñecemos perfectamente a realidade da nosa principal institución de convivencia democrática e as peculiaridades diferenciais de todos e cada un dos nosos concellos,
así como a súa situación económico-financeira e patrimonial, o volume de equipamentos, infraestruturas e a diferente prestación de servizos de cada entidade, porque, en definitiva, informamos do que pasa na costa. Na nosa costa. E todo iso, porque nos afecta e nos importa.
OUTROS ARTIGOS SOBRE ECONOMÍA MUNICIPAL DE DOMINGO GUERRA
- Axenda de obrigas 2023
- O Cometa Haley. A rendición de contas.
- Modificación das regras fiscais. Una cuestión inaprazable
- POS + 2022.
- A Ciberseguridade.
- Estado de rendión de contas.
- Auditoría pública fronte ao fraude e a corrupción.
- Retribucións da alcaldía.
- Un maná que debemos aproveitar.
- Vacacións: non toca escribir sobre economía municipal/a>.
- Fiscalización operativa. Xa é hora.
- A morte do orzamento.
- Despois de xaneiro.
- Momento para o consenso e transparencia.
- Suspensión de regras fiscais.
- A detección de riscos na prevención da corrupción .
- Navegando na «chalana».
- As previsións do FMI
- Fraxilidade económica
- 2020, unha nova década
- Comezar de cero
- Arqueo e inventario.
- A factura electoral.
- Volver a votar.
- Autonomía fiscal.
- Auditores privados nas intervencións municipais.
- Cartos e máis cartos en bancos sen rendibilidade.
- Debemos tributar máis?.
- A Tesourería Municipal.
- Cos deberes feitos.
- Perdemos poboación.
- A conta (413) «Acredores por operacións pendentes de aplicar ao presuposto».