Un moi merecido recoñecemento para o doutor Sixto Seco
A Irmandade da Sanidade Galega homenaxeou ao doutor Sixto Seco coa colocación dunha placa conmemorativa na esquina compostelá das rúas Ourense e Antonio Casares que era onde tiña a súa vivenda o moi coñecido médico traumatólogo nacido en Mugardos. Son moitos os merecementos de don Agustín e van máis alá do que lle recoñece a Irmandade que son o seu humanismo e uso cotiá do galego cos seus pacientes na clínica A Rosaleda da que foi fundador xunto ao doutor Fernández Albor.
Eu quero lembrar o seu moi fraternal achegamento aos emigrantes riopratenses en tempos nos que a Xunta ía poñendo os primeiros chanzos no camiño da dignificación do esforzo emigrante. Hai que agradecerlle a súa xestión para que o busto de Castelao chegase a Rianxo para ser instalado na fronte do mar nun emotivo acto coa presencia de Otero Pedrayo. Sen o bo facer do fillo dun carpinteiro da Bazán (estaba orgulloso da súa orixe e sempre a tiña presente) non sería posible que a doazón do Patronato da Cultura Galega de Montevideo fose a primeira homenaxe, autorizada polas autoridades franquistas, a Castelao.
Era o ano 1975 e eu aínda vivía na capital da República Oriental do Uruguai e formaba parte da xunta directiva do Patronato da que era o máis novo dos seus integrantes. Alí foi onde escoitei falar por boca do secretario que era Fernando Pereira Caamaño (logo alcalde electo de Soutomaior nas primeiras municipais do 3/IV/1979) dun médico que era moi galeguista e admirador de Castelao e que se movía moi ben dentro dos ámbitos administrativos. Anos despois souben que foi don Agustín quen falou co presidente Fernández Albor para que lle outorgasen a Medalla Castelao a don Xesús Canabal Fuentes e pouco despois, fun eu, quen lle pediu que o meu querido Meilán (Manuel Meilán Martínez) fose tamén homenaxeado coa mesma distinción.
E xa que estou falando das medallas Castelao debo de suliñar que don Agustín era unha persoa chea de gratitude sincera para os galeguistas riopratenses e por iso quedou moi doído e entristecido cando fixo a petición das medallas para Maruxa Villanueva e Fernando Iglesias (Tacholas) e só lle foi concedida a dona Maruxa. No seu despacho da Rosaleda e case con bágoas nos ollos díxome algo así como que “Tacholas é moi republicano para Fraga”. Pero como era un home de sentimento verdadeiro non esqueceu o desprezo a Tacholas e organizou unha viaxe do “Patronato Rosalía de Castro” a Bos Aires para levar a dona Maruxa a reunirse co seu compañeiro de escenario. O acto no Centro Galego de Bos Aires foi moi emotivo xa que era a despedida entre dúas persoas valentes que mantiveron aceso o lume da identidade propia no seo da colectivade emigrada.
Hai moito que agradecerlle ao bo e xeneroso doutor Sixto Seco e son moitas as persoas que recibiron a súa axuda ou o seu empurre ou o seu consello en calquera actividade cultural de sementeira de galeguidade. Graciñas, don Agustín.
- Manuel Suárez Suárez, Dende Lonxe de Montevideo.
ESPECIAIS TANGO
- A realidade riopratense nas letras do tango
- As primeiras letras do tango.
- A Linguaxe do tango.
- O tango no sainete crioulo de Bos Aires e Montevideo.
- Os primeiros lugares de baile do tango: O Boliche de Pérez Gundín
- O alborecer do tango riopratense
- Os primeiros tantos e milongas (A emigración galega no tango riopratense).
- Os negros (A emigración galega no tango riopratense)
- Os gauchos (A emigración galega no tango riopratense)
- Os galegos no tango riopratense: Os barrios dos emigrantes
OUTROS ARTIGOS DENDE LONXE DE MONTEVIDEO
- Viva Sempre en Galiza de Montevideo.
- Un día moi especial en Tines.
- A emigración galega no tango riopratense: Bos Aires e Montevideo
- Conversa con Carlos Penelas en Compostela
- Os galegos no tango riopratense
- O meu primeiro entroido montevideano.
- E que viva Montevideo!.
- Os galegos no berce do tango.
- Viva “Sempre en Galicia” de Montevideo!.
- Adiante coa CASA DE GALICIA de Montevideo!
- Carta do Apóstolo Santiago aos benqueridos irmáns da Casa de Galicia de Montevideo.
- Unha conversa no “Bar Facal” de Montevideo.
- A aterraxe dos voitres de Ribera Salud en Montevideo.
- Eu berro forte que a Casa de Galicia de Montevideo non se pecha!.
- O desexo de querer continuar existindo
- Eu defendo a Casa de Galicia de Montevideo!.
- Montevideo in Love.
- Quero estar en Ribadeo o 28 de xullo do 2024.
- Montevideo, 3 de setembro de 1950.
- Un moi xenial enxeñeiro: Eladio Dieste Saint Martin.
- Imos volver!.
- Pobre o meu Uruguai querido!.
- ¡Vos tenés que hacer siempre los deberes!.
- O entruido máis occidental de Europa.
- Montevideo, un lugar cheo de alegría.
- Bo camiño, Tabaré!.
- Vou a Montevideo.
- Moitas grazas, don Xosé.
- O polisón que casou coa miña curmá da Valiña.
- Aquel primeiro domingo en Montevideo.
- Imos volver!.
- Maracanaço.
- Un ferreiro de Tines en Montevideo.
- Aproveitemos o verán frenteamplista antes de que se nuble o sol!.
- Imos coa ola da esperanza.
- Un pequeno paseo por un recuncho do paraíso atlántico galego.
- O futuro da Casa de Galicia de Montevideo.
- As portas do Centro Galego de Bos Aires.