Mércores. 22.05.2024
El tiempo

A linguaxe do tango

A linguaxe do tango

Para o investigador arxentino Arturo Mascia na linguaxe do tango temos tres formas de manifestación: a) o lunfardo; b) o gauchesco; c) o depurado de expresións vulgares. Fai fincapé na importante influencia do romanticismo e do modernismo nas letras do tango xa que os versos dos payadores eran fillos do romanticismo que era unha corrente literaria chea de idealismo, sentimentalismo e paixón. Pero os poetas dos anos vinte do século pasado eran herdeiros do modernismo que predicaba unha revalorización da estrofa e do verso.

Para o uruguaio Daniel Vidart (a quen coñecín en Montevideo no Patronato da Cultura Galega) a linguaxe das letras do tango divídese en catro grupos: lingua popular, campesiña, lunfarda e culta. Quere suliñar que non se debe de confundir a lingua popular co lunfardo xa que o se comezou a falar a finais do século XIX nos arrabaldos das dúas capitais riopratenses non é o lunfardo. A lingua popular recolle moitas das expresións do lunfardo, da xíria lunfa, pero o lunfardo  é diferente, unha lingua especial, unn argot de ladróns (lunfardo=ladrón). 

A lingua popular colle moitas de varios ámbitos sexa do mundo labrego ou do mundo da emigración que son as voces que baixan dos barcos. Neste senso engade o recoñecido autor José Gobello (a quen coñecín por intermedio do inesquecible doutor Antonio Pérez Prado) que o lunfardo era o idioma do delito, unha lingua inxenuamente esotérica, pero que a linguaxe porteña era outra cousa. Di que estamos a falar de arredor de mil palabras que forman un cosmopolita vocabulario que debe a metade dos seus vocablos ao xeneroso préstamo de varias linguas e dialectos estranxeiros. Estamos de acordo con Gobello diante dun idioma cargado de metáforas en el que las voces presidiarias se codean con otras de cuna honrada. O escritor arxentino Tulio Carella expresa que el pueblo inventa vocablos que son recogidos por los letristas y saineteros para sus obras.Letristas y saineteros estimulados que inventan, a su turno, nuevas alocuciones. 

A lingua popular de Bos Aires e Montevideo sintetiza os elementos lingüísticos que conviven no mundo urbano e suburbano riopratense. Desde Italia chegou a máis numerosa contribución pois despois de 1850 o número de emigrantes itálicos supera amplamente ao dos hispánicos. Lembremos que a primitiva lingua dos suburbios tiña moito do rural e pouco de cosmopolita xa que aínda non chegaran os emigrantes europeos. Despois da saída do tango do estreito círculo das academias e dos peringundíns, convírtese axiña en motivo de expresión popular na vida social riopratense. É neste momento cando xurden unha serie de letristas que se propoñen unha seria dignificación do tango (Le Pera; Manzi, Cátulo Castillo, Homero Expósito).

MILONGA LUNFARDA

En este hermoso país
que es mi tierra, la Argentina
la mujer es una mina
y el fuelle es un bandoneón.
El vigilante, un botón;
la policía, la cana;
El que roba es el que afana,
el chorro un vulgar ladrón,
al zonzo llaman chabón
y al vivo le baten rana.
La guita o el vento es
el dinero que circula,
un cuento es meter l amula,
y al vesre por al revés.
Si pelechaste, tenés
y en la rama si estás seco.
Si andás bien, andás derecho;
tirao, el que nada tiene.
Chapar es, si te conviene,
agarrar lo que está hecho.
El cotorro es el lugar
donde se hace el amor.
El pashá es un gran señor
que sus mangos acamala.
La vecina es la fulana,
el tordo es algún doctor;
el estaño, un mostrador
donde un curda se emborracha,
y si es que hacés pata ancha
te la vas de sobrador.
El que trabaja, labura,
quien no hace nada es un fiaca,
la pinta es la que destaca
los rasgos de tu apostura.
Mala racha es mishiadura,
que hace la vida fulera.
La cama es una catrera
y apoliyar es dormirse.
Rajar o piantarse es irse,
y esto lo manya cualquiera.
Y que te van a contar;
ya está todo relojeado.
Aquello visto, es jumado;
lo sabe toda la tierra.
Si hasta la Real Academia
que de parla sabe mucho,
le va a pedir a Pichuco
y a Grela con su guitarra
que a esta milonga lunfarda
me la musiquen de grupo.

Mario Cícere

 

OUTROS ARTIGOS DENDE LONXE DE MONTEVIDEO

Comentarios