O alborecer do tango riopratense
Sempre se fala dos compositores como creadores do tango riopratense pero no alborecer do tango as cousas foron doutro xeito xa que o tango antes que nada foi unha danza. Logo e xa cunha música orixinal consolidada é cando os bailaríns-creadores engaden todas as figuras por eles inventadas. O tango-danza nace como un baile de carácter esencialmente popular pois nas cidades de Bos Aires, Montevideo e Rosario había, agardando, amplos e axeitados escenarios. A suma de achegas crea unha danza que despois será canción e orquestra e Carlos Gardel. É ben sabido que diante de Gardel (Carlos Escayola Oliva) todos os riopratenses de certa idade sinten morriña e ninguén quere bailar xa que a súa voz é para meditar, reflexionar e gozar, sen présa, dun saboroso mate.
Semella que a música dos negros, o candombe, tivo moita influencia na danza que hoxe coñecemos como tango. Sen dúbida que os cortes e as quebradas saen do xeito negro de bailar. Hai dous autores, o arxentino Carlos Vega e o uruguaio Vicente Rossi que sosteñen opinións diferentes sobre a achega dos negros no tango-danza. Para Vega non hai achega xa que di que “con los últimos negros auténticos desaparecieron las danzas africanas, y los descendientes de éstos, puros o no, adoptaron las danzas y la música de los salones y la campaña de entonces”. Para Rossi a coreografía do tango é herdeira dos ritmos africanos. O musicólogo uruguaio Cédar Viglietti di que o feito de que desaparezan os africanos orixinarios para negar o sangue negro no tango é unha verdade a medias, que pode valer para Bos Aires onde case non quedou memoria negra pero en Montevideo quedou o seu instrumento principal: o tamboril. Este instrumento ten o seu particular ritmo que ben se entende non foi collido da música dos salóns nin da música do campo.
“Después de la entrada aluvional de inmigrantes del ‘malón blanco’, como se le llamó entonces, aparecen otros bailarines. Son los compadritos, los hijos de los gaitas y de los tanos que se acriollan a presión. Han perdido el ominoso, el desesperado coraje del gaucho desterrado en las orillas que se confirma en el drama simbólico del duelo criollo o en la sublimación del baile. Bailan el tango a la prefección, pero se consumen en el fuego de las figuras virtuosas. Los guapos de antes tenían al tango como tácito manifiesto; los compadritos lo manejan como un pregón, lo bailan con pericia propagandística a falta de otros méritos rituales”
Daniel Vidart
O escritor arxentino Ventura R. Lynch (1850-1883) é o autor da tese que sostén o moi importante papel do compadrito no nacemento dotango-danza. Os compadritos rebuldeiros foron auténticos creadores xa que coa súa imitación dos movimentos dos negros outorgan o carné de identidade a milonga bailada que era filla do candombe. Por iso é que na orixe temos unha identificación entre a milonga e o tango xa que cando a milonga (que soamente era cantada) colle unha coreografía, chámaselle tango. É doado de imaxinar a un compadrito calquera que desde a beirarrúa (alí é a vereda) mira o paso dunha comparsa de negros que festexan o entroido. Cando o compadrito vole para o seu conventillo, asubía unha milonga e vai camiñando e movendo os pes como se fose un negro candombero. Sen buscalo e sen decatarse está incorporando a cultura africana a súa propia que é europea. A forza rítmica dos tamborís africanos entran no seu corpo e nace un fillo chamado tango. Moitos daqueles compadritos eran fillos da emigración galega xa que un dos primeiros bailaríns de grande sona foi Mariano Cao de quen pouco se sabe sobre a súa orixe familiar.
Imaginemos al compadrito frente al candombe de la morenada. Todo le parecerá exótico, tan ajeno a él, como una fiesta gringa, pero lleno de un salvaje sabor tropical, Sentirá al negro como un extraño, aunque éste haya dado su sangre mil veces por la causa patriota, aunque haya negros verdaderamente gauchos, tan nobles como el que más. Al no poder saltar ese cerco candombero ---tampoco serían muchas las ganas de incorporarse a la morenada, entre la que se hallaría como un extraño---, el compadrito se burla. Devuelve rechazo con rechazo. Silva la milonga que le cosquillea en el alma, mientras imita aparatosamente, con cortes y quebradas de moreno estilo, los pasos del candombe.
León Benarós
Non é posible o establecemento dunha data exacta de cando a milonga-baile que era unha improvisación ou creación espontánea, adquiriu a coreografía necesaria para pasar a ser un tango. Hai autores que pensan tivo lugar o salto arredor de 1880 cando o compadrito inventa algo que non existía como demostración da súa habilidade e para lucimento na conquista dunha muller o parella de baile. Non estou de acordo coa afirmación de que o tango comezou sendo só un baile entre homes (León Benarós) e coincido con Assunçâo e Vidart que din que o tango e antes a milonga, sempre se bailou en parella e cando bailaban dous homes xuntos era para aprender novos pasos, é dicir, por razóns pedagóxicas. Eu engado que se pensamos nos milleiros de homes desprazados ao Río da Prata, a maioría solteiros, o baile era unha maneira de atopar parella xa fose só de compañeira coa que “milonguear” ou coa intención de formar unha familia.
Despois de 1890 o tango comeza coa súa definición. O primeiro tango que se considera evolucionado é “El Entrerriano” de Rosendo Mendizábal. Nesta peza, estreada o 25/10/1897 na famosa casa de baile de María Rangolla (“La Vasca”), o autor desenvolve a estructura en tres partes de 16 compases cada unha. Arredor do 1900 pódese afirmar que o tango xa é riopratense, cun novo ritmo de catro por oito que enterra definitivamente ao anterior de dous por catro. Os máis destacados músicos deste alborexar foron: O Negro Casimiro, Jorge Machado, O Mulato Sinforoso, Míguez (galego ou fillo, compositor e guitarrista), Lino Galeano, Juan Pérez, Gabriel Díez, Sebastián Ramos Mejía, Eduardo García Lalanne, Antonio Podestá, Miguel J. Tornquist, Antonio Reynoso, José M. Palazuelos, Francisco Hargreaves, José Marmón, Manuel Campoamor, Gerado Metallo, Santo Discépolo (o pai de Enrique), Genaro Vázquez (compositor e violinista, de orixe galega), Ernesto Ponzio, Prudencio Aragón, Enrique Saborido (compositor e pianista, fillo de galegos, nacido en Montevideo), Arturo de Nava, Carlos Posadas, Luis Teisseire, José Luis Betinotti.
- Manuel Suárez Suárez, Dende Lonxe de Montevideo.
OUTROS ARTIGOS DENDE LONXE DE MONTEVIDEO
- Os primeiros tantos e milongas (A emigración galega no tango riopratense).
- Os negros (A emigración galega no tango riopratense)
- Os gauchos (A emigración galega no tango riopratense)
- Os galegos no tango riopratense: Os barrios dos emigrantes
- Viva Sempre en Galiza de Montevideo.
- Un día moi especial en Tines.
- A emigración galega no tango riopratense: Bos Aires e Montevideo
- Conversa con Carlos Penelas en Compostela
- Os galegos no tango riopratense
- O meu primeiro entroido montevideano.
- E que viva Montevideo!.
- Os galegos no berce do tango.
- Viva “Sempre en Galicia” de Montevideo!.
- Adiante coa CASA DE GALICIA de Montevideo!
- Carta do Apóstolo Santiago aos benqueridos irmáns da Casa de Galicia de Montevideo.
- Unha conversa no “Bar Facal” de Montevideo.
- A aterraxe dos voitres de Ribera Salud en Montevideo.
- Eu berro forte que a Casa de Galicia de Montevideo non se pecha!.
- O desexo de querer continuar existindo
- Eu defendo a Casa de Galicia de Montevideo!.
- Montevideo in Love.
- Quero estar en Ribadeo o 28 de xullo do 2024.
- Montevideo, 3 de setembro de 1950.
- Un moi xenial enxeñeiro: Eladio Dieste Saint Martin.
- Imos volver!.
- Pobre o meu Uruguai querido!.
- ¡Vos tenés que hacer siempre los deberes!.
- O entruido máis occidental de Europa.
- Montevideo, un lugar cheo de alegría.
- Bo camiño, Tabaré!.
- Vou a Montevideo.
- Moitas grazas, don Xosé.
- O polisón que casou coa miña curmá da Valiña.
- Aquel primeiro domingo en Montevideo.
- Imos volver!.
- Maracanaço.
- Un ferreiro de Tines en Montevideo.
- Aproveitemos o verán frenteamplista antes de que se nuble o sol!.
- Imos coa ola da esperanza.
- Un pequeno paseo por un recuncho do paraíso atlántico galego.
- O futuro da Casa de Galicia de Montevideo.
- As portas do Centro Galego de Bos Aires.