Os galegos no tango riopratense: Os barrios dos emigrantes
En Bos Aires e Montevideo os emigrantes europeos non crearon ningún barrio de carácter étnico e quizais por iso mesmo é que hoxe podemos buscar a contribución dos galegos no tango. Se os napolitanos e os galegos vivisen no seu gueto non habería ningunha posibilidade de cociñar as morriñas que cada quen leva no seu interior xa que cada morriña, coas súas propias características, quedaría dentro dos lindeiros do gueto. Coido que nestas dúas capitais, tiveron moi pouca importancia os factores de tipo cultural para determinar un asentamento nun o noutro barrio. Os que marcaron os lugares de instalación foron factores de tipo estructural, é dicir, os lugares onde había oferta de traballo e transporte e vivenda accesible. Claro está que se había posibilidade de elección, pois escollíase vivir perto dun familiar ou amigo da aldea ou da parroquia.
En Bos Aires, os españois en xeral, tiveron más presencia en barrios do centro como Montserrat, Constitución, San Nicolás, San Telmo e no sur en Avellaneda . Os italianos foron máis para zonas da periferia. As diferencias de asentamento xurden porque a maioría dos galegos atopan emprego no sector servicios das zonas céntricas e os italianos están máis comprometidos coas actividades artesanais e industriais.
“Los obreros españoles se concentraron fundamentalmente en los barrios del sur, como Barracas, Parque Patricios y Nueva Pompeya, y apenas, en La Boca, dominada por la presencia italiana. En los barrios del norte, reservados casi exclusivamente a los sectores más altos de la sociedad porteña, la presencia de la colectividad española fue en las primeras décadas del siglo muy desigual y mucho menos notoria que en el centro”
[Dolores Vietes Torreiro/Marcelino Fernández Santiago]
O mesmo comportamento tamén acontece na capital uruguaia co engadido de que nas zonas dos suburbios, os italianos desempeñan labores horto-froitícolas. Os galegos teñen máior presencia nos barrios Centro, Cidade Vella e Cordón. Quero sinalar que na zona máis céntrica de Montevideo, na rúa San Xosé que está a un paso da praza Independencia, nace o 30 de agosto de 1879 o Centro Galego que é o máis antigo do mundo e vén de cumprir os seus vizosos 144 anos. Aquí vai ben un comentario sobre o moi famoso tango uruguaio Garufa xa que a letra orixinal facía referencia á rúa San Xosé (en la calle San José) pero os seus autores ---todos fillos de galegos--- fixeron unha modificación para que tivese sona en Bos Aires (en el Parque Japonés). O pai de Vítor Soliño (un dos autores de Garufa) era o propietario do “Hotel Soliño” que estaba tamén na rúa San Xosé e case lindeiro co edificio do Centro Galego.
Desde comezos do século XX en Montserrat e San Telmo, dous barrios de Bos Aires, a presencia galega foi moi importante xa que a maioría dos comercios do sector hosteleiro (bares, hoteis e restoráns) estaban a ser rexentados por fillos de Galicia. A maior parte dos comercios estaban situados en oito rúas: Ribadavia (que alí é Rivadavia), Alsina, Moreno, Victoria, Bartolomé Mitre, Perú, Avenida de Maio e Belgrano. Na avenida Belgrano é onde podemos visitar a moi histórica sede social do Centro Galego que estivo de xeito sucesivo nas rúas Perú, Victoria e Moreno. Unha zona moi significativa é o Partido de Avellaneda (orixinalmente: Barracas al Sud), no sur, pois alí viviron máis de 15.000 emigrantes entre os anos de 1910 e 1915. En 1899 ten lugar a fundación do Centro Galego (coido é o segundo do mundo, despois do Centro Galego de Montevideo de 1879, con actividade ininterrompida) e logo en 1909 inaugurase unha avenida co nome de Galicia (a montevideana rúa Galicia é de 1918).
“El hijo del pueblo tiene su club, su tertulia, en el almacén de la esquina. Allí se agitan todas las pasiones del pequeño mundo y estallan esas conversaciones luminosas, matizadas de frases raras, en que se mezclan giros lombardos con inflexiones gallegas y suavidades napolitanas con asperezas catalanas, saltando también la nota cómica de algún moreno, que generalmente es el payaso bozal de la compañía”
[Máximo Torres, 1895]
En Avellaneda nace en 1902, Manuel Andrés Meaños, un fillo de galegos que foi xornalista, autor de textos teatrais, letras de tango e guións para a radio e o cine. En 1929 escribe en colaboración con Xoán Velich a letra do tango ¿Por qué soy reo? (Yo soy reo sin ambiente/No caí por una mina/Ni me sepultó en la ruina/El ser taura o gigoló/No fui guapo prepotente/De una forma comentada/Que, una noche, en la cortada/Un rival me destronó) con música de Herminia Velich que foi gravada por Carlos Gardel (Carlos Escayola Oliva). En 1931 escribe outro clásico, Mi dolor con música de Carlos Marcucci que foi gravado pola orquestra de Alfredo de Angelis. Outro éxito foi en 1935 De puro guapo(B) con música de Pedro Laurenz. Esta xa clásica creación tivo a súa estrea nos famosos bailes do antroido que se celebraban no Independiente (clube de fútbol) un equipo nacido en 1905 coa participación activa da emigración galega.
- Manuel Suárez Suárez, Dende Lonxe de Montevideo.
OUTROS ARTIGOS DENDE LONXE DE MONTEVIDEO
- Viva Sempre en Galiza de Montevideo.
- Un día moi especial en Tines.
- A emigración galega no tango riopratense: Bos Aires e Montevideo
- Conversa con Carlos Penelas en Compostela
- Os galegos no tango riopratense
- O meu primeiro entroido montevideano.
- E que viva Montevideo!.
- Os galegos no berce do tango.
- Viva “Sempre en Galicia” de Montevideo!.
- Adiante coa CASA DE GALICIA de Montevideo!
- Carta do Apóstolo Santiago aos benqueridos irmáns da Casa de Galicia de Montevideo.
- Unha conversa no “Bar Facal” de Montevideo.
- A aterraxe dos voitres de Ribera Salud en Montevideo.
- Eu berro forte que a Casa de Galicia de Montevideo non se pecha!.
- O desexo de querer continuar existindo
- Eu defendo a Casa de Galicia de Montevideo!.
- Montevideo in Love.
- Quero estar en Ribadeo o 28 de xullo do 2024.
- Montevideo, 3 de setembro de 1950.
- Un moi xenial enxeñeiro: Eladio Dieste Saint Martin.
- Imos volver!.
- Pobre o meu Uruguai querido!.
- ¡Vos tenés que hacer siempre los deberes!.
- O entruido máis occidental de Europa.
- Montevideo, un lugar cheo de alegría.
- Bo camiño, Tabaré!.
- Vou a Montevideo.
- Moitas grazas, don Xosé.
- O polisón que casou coa miña curmá da Valiña.
- Aquel primeiro domingo en Montevideo.
- Imos volver!.
- Maracanaço.
- Un ferreiro de Tines en Montevideo.
- Aproveitemos o verán frenteamplista antes de que se nuble o sol!.
- Imos coa ola da esperanza.
- Un pequeno paseo por un recuncho do paraíso atlántico galego.
- O futuro da Casa de Galicia de Montevideo.
- As portas do Centro Galego de Bos Aires.