Xoves. 20.06.2024
El tiempo

As primeiras letras do tango

As primeiras letras do tango

Os tangos máis antigos (antes do 1900) tiñan a súa letra aínda que era un texto improvisado e tiña un carácter secundario xa que naquel momento o tango era, fundamentalmente, unha danza. O siareiros das academias e peringundíns inventaban letriñas, case sempre obscenas, que non eran moi axeitadas para a súa interpretación en locais públicos. Pero como ben dicía Gobello para que toda esta sub-literatura puidese asomarse al varieté debe ter unha presentación decorosa e para iso o tango botou man da form aliteraria do cuplé. 

Se analizamos as letras de Villoldo (Ángel Gregorio Villoldo Arroyo, 1861-1919) vemos nelas unha clara estructura cupletística e tamén moita similitude na temática. Por exemplo a tradicional fachenda dos cuplés hispánicos ten unha copia nas beiras riopratense no xeito de sacar pecho ou hacer pinta de aqueles precursores compadritos arrabaleros. Si la  famosa Pastora Imperio cantaba Yo soy la flor y nata de los Madriles; es ahora en Buenos Aires donde Lola Candales canta Yo soy la Morocha, la más agraciada.

Cando o tango era soamente unha danza, o sentimento ía na coreografía pero agora hai un interese por mergullarse na historia que nos está a contar o texto literario. O poeta Cátulo Castillo atopa unha doada explicación que basea en razóns musicais. O tango das  orquestras de comezos do século XX estaba interpretado por instrumentos áxiles (violíns, frautas, guitarras) e soaba moi vivo pero cando entra en escea o bandoneón e xa tocan músicos do Conservatorio; os tangos van máis amodiño, son máis lentos e deixan un oco para o cantor ou cantora. O antropólogo Daniel Vidart sostén que a música fíxose máis lenta para poder escoitar a palabra pois foi o instrumento o que tivo que adaptarse a voz humana. Eu son da opinión de que o tango cambiou porque son novos tempos nas beiras do Prata xa que antes nas primitivas orquestras tocaban soamente os nativos (case sempre negros e mestizos) e agora os tocan son os fillos emigrantes de Xénova ou de Nápoles ou da Coruña. 

A mellor proba dos novos tempos está no bandoneón que entra no tango por medio dun masivo desembarco de emigrantes europeos. Estes emigrantes modifican para sempre a composición demográfica da Arxentina e do Uruguai. Coido que o asentamento de milleiros de estranxeiros imposibilita que o tango quede ancorado como peza de museo xa que o sangue emigrante achega emocións e morriñas que irán dándolle un novo xeito.

Na análise do tango cantado ou tango-canción hai dúas etapas ben diferenciadas: antes e despois de Pascual Contursi (1888-1932). Aquí temos a un moi inspirado descendente da emigración itálica (os seus proxenitores eran de Salerno, Regione Campania) que fai historia cando escribe uns versos, actuaba en Montevideo a finais de 1916, para a creación instrumental Lita de Samuel Castriotta. Para Gobello a importancia de Contursi está en que fue él quien expresó al nuevo porteño, que no era ya el compadrito con aires de chulo, sino el hijo de inmigrantes, con tristeza de gringo desarraigado. 

O mérito de Contursi é recoñecido por todos os autores e así o expresa o investigador arxentino Horacio Salas: “Contursi puede ostentar con justicia el título de inventor. Mi Noche Triste marca la génesis del tango-canción. Fue quien al transformar una simple danza en crónica, reseña, estampa, permitió que un ritmo se convirtiera en cauce literario donde aquellos que carecían de voz manifestaran sus dolores, frustraciones y angustias, con sencillez. Contursi, al permitirse incluir sentimientos, al aceptar que el protagonista llorase sus pérdidas, sensibilizó al tango, lo despojó de máscaras, lo humanizó”. Quero suliñar que Mi Noche Triste foi o primeiro tango que gravou Carlos Gardel (Carlos Escayola Oliva) en 1917 na compaña do guitarrista José Ricardo (Odeón 18010).

 

Especiais tango

OUTROS ARTIGOS DENDE LONXE DE MONTEVIDEO

Comentarios