“Cianuro e minería: Moitas medias verdades interesadas”. Un artigo da Química Carmen Varela
Continúa realmente intensa a polémica en torno á mina de Corcoesto sobre todo trala apertura dun grupo nas redes sociais favorable ao proxecto. En todo caso, e co afán de seguir aportando información, que é o que solicitan moitos veciños, queremos facernos eco dun artigo da Doutora en Química Orgánica, Carmen Varela, sobre o uso do cianuro, un dos puntos que máis critican os opositores, nesta clase de proxectos mineiros.
“Cianuro e minería: Moitas medias verdades interesadas”
Nunha de tantas sobremesas coa familia, alguén comenta “a ver que pasa co da mina de ouro”. Son de Cereo, vivo en Madrid e era a primeira vez que oía falar do tema. Non me sabían dar moitos datos, pero dixéronme a palabra clave: CIANURO.
Son química. Ás veces traballo con miligramos de cianuro sódico baixo altas medidas de seguridade; hai laboratorios nos que incluso hai que comunicarlle ó médico cando o vas manipular. Por iso cando me dicían “toneladas”, rebatíalles “imposible”. Pero, desgraciadamente, sí eran toneladas… e diarias.
De volta en Madrid, púxenme a buscar información sobre o uso do cianuro na minería. Atopeime argumentos “xustificativos” por parte das empresas mineiras como “Non é tan fiero o león como o pintan. O cianuro prodúceno moitas plantas, bacterias, hongos e incluso o corpo humán. Fabrícanse unhas 3 millóns de toneladas ó ano para a industria (plásticos, pegamentos, etc.) das que soamente un 18% se emprega na minería”. Menos mal que tamén deixaban caer que “é un dos venenos máis potentes que se coñecen”.
Pois sí, todo iso é certo (menos o do león) pero tén letra pequeña. Na industria emprégase a cantidade estrictamente necesaria para o proceso, é dicir, todo o cianuro que entra, consúmese. Non hai miles, millóns de toneladas de residuos cianurados como pasa nas minas de ouro. Nestas, o cianuro emprégase para disolver o ouro, despois sepárano do metal e queda todo como residuo.
E aquí vén a parte que eu lle chamo “o timo da estampita”. “Non vos preocupedes, o cianuro descomponse de forma natural cos raios do sol. Aínda así, e para que vos quededes totalmente tranquilos, nós ímolo destruir con SO2 para convertilo en cianato que xa non é tóxico”. Isto tén tantos peros que xa non sei nin por onde empezar. Primeiro, para que o cianuro se descompoña de forma natural téñense que dar unha serie de factores que NON se cumpren nas balsas de residuos. Ademáis, ¿alguén se imaxina que, se se descompoñese espontáneamente, ían gastar un céntimo en destruílo?. A realidade é que no proceso de lixiviación, é dicir, da extracción/disolución do ouro, fórmanse varios tipos de “compostos cianurados”. Reciben este nome precisamente porque a maioría deles non teñen o cianuro libre senón que o teñen complexado, unido, a distintos metáis. No proceso de tratamento co SO2 que, dito sexa de paso, os hai moito máis eficientes pero, claro, máis caros (peróxido de Hidróxeno H2O2, ozono O3) soamente se destrúen, e de forma parcial, dous tipos de compostos cianurados: o cianuro libre (CN- e HCN) e o cianuro WAD (CNWAD, compostos cianurados que se disocian en presencia dun ácido débil) tódolos demáis compostos con cianuro non se inmutan (CNSAD, complexos insolubles). Así que aquí fannos o truco do almendruco porque só miden a cantidade de CNWAD que queda e non o total. Ese total déixannolo en herencia para o resto das nosas vidas, da dos nosos fillos e, moi probablemente, tamén da dos nosos netos. Como anécdota, comentar tamén que o SO2 é un gas lacrimóxeno e irritante, causante da chuvia ácida porque se convirte en ácido sulfúrico. Eles, no seu “proceso INCO”, engádenlle cal para neutralizar este ácido o que se traduce en máis e máis residuos. Como vedes, o cóctel é completiño. E aínda quedaría decoralo co Arsénico, sosa cáustica, ácido clorhídrico e un largo etcétera. Un groliño?
- Carmen Varela, Doutora en Química Orgánica.
Máis información
- A bitácora da semana (CXCV): O ouro de Corcoesto.
- A bitácora da semana (CLXXXIV): Salvemos Cabana.
- A bitácora da semana (CLXXXV): Non á mina.
Novas relacionadas
- 04-02-13: Salvemos Cabana denuncia a falta de credibilidade da Asociación favorable á mina.
- 04-01-13: Corcoesto si, mina si. Nace unha asociación a favor da mina de ouro.
- 29-01-13: Os Ornitólogos piden unha verdadeira política de conservación da natureza e critican as minas.
- 28-01-13: Máis de 21.000 sinaturas contra a mina de ouro de Corcoesto.
- 24-01-13: Veciños de Corcoesto denuncian á Mina por danos nos seus montes.
- 22-01-13: Dúas cativas de Coristanco escríbenlle a Feijoo pola mina de ouro.
- 16-01-13: Máis de 1.000 explotacións agrogandeiras veranse afectadas pola mina de ouro de Corcoesto.
- 09-01-13: AGE insta á Xunta a facer un Plan Económico alternativo á mina de ouro de Corcoesto.
- 04-01-13: Alertan sobre o risco de destrozar o Esteiro do Anllóns e propoñen alternativas económicas á mina de Corcoesto
- 02-01-13: O debate sobre a minaría tóxica está aberto.
- 29-12-12: A empresa mineira de Corcoesto obrigada a pechar de inmediato por falta de licenza.
- 28-12-12: AGE reafírmase en contra da mina de Corcoesto.
- 27-12-12: Cianuro: residuou non perigoso? Fraude no DIA da Mina de Corcoesto.
- 24-12-12: Un fin de semana de protesta mineira en Corcoesto.
- 20-12-12: O Proxecto da Mina de Corcoesto, unha “aberración normativa".
- 18-12-12: Durísimas valoracións contra a Declaración de Impacto Ambiental da mina de Corcoesto.
- 17-12-12: A Xunta aproba a Declaración de Impacto Ambiental da mina de Corcoesto ante as protestas de colectivos por desinformación.
- 13-12-12: AGE e PP amosan a súas posicións enfrontadas sobre Mina de Corcoesto.
- 26-11-12: Denuncian que a empresa da Mina de Corcoesto engana cos prezos aos propietarios dos montes.
- 13-11-12: A Plataforma en defensa de Corcoesto convida á empresa Mineira a un debate público.
- 09-11-12: Denuncian o intento da empresa mineira de mercar a prezos de saldo os montes de Corcoesto.
- A loita contra a mina de Corcoesto recibe o apoio de Greenpeace e se solidariza con México.
- Apoios televisivos contra a mina de Corcoesto.
- 11-10-12: A apertura da mina de Corcoesto retrásase ata o verán do 2013.
- Veciños de Corcoesto trasladan á Xunta o seu malestar ante o perigo da mina.
- A loita por Corcoesto amplíase ao eido arqueolóxico.
- A Fiscalía xa investiga a mina de Corcoesto por un presunto delito contra o medio ambiente.
- A mina de ouro: unha mostra de resistencia organizada.
- A loita contra a mina de Corcoesto colle tintes poéticos.
- Xurxo Borrazás tamén di non á Mina de Corcoesto.
- O BNG pide que a mina de Corcoesto non sexa a ceo aberto.
- Ata Galeano denuncia que a Mina de Corcoesto non cumpre a lei.
- O Goberno argumenta no Parlamento que a mina de Corcoesto creará 500 postos de traballo.
- ADEGA considera obsoleta a tecnoloxía da Mina de Ouro de Corcoesto.
- A febre do ouro exténdese a Zas mentres denuncian irregularidades no proxecto de Corcoesto.
- Os fumigadores si andan pola Costa.
- 1.300 sinaturas presentadas contra a Mina de Ouro de Corcoesto.
- A mina de Corcoesto chega ao Parlamento.
- Os veciños da Plataforma de Corcoesto denuncia prácticas intimidatorias do alcalde cabanés.
- Denuncian as falsas expectativas de emprego da mina de ouro de Corcoesto.
- A mentira das palabras máxicas .
- 04-05-12: Creada unha Plataforma contra a Mina de Ouro de Corcoesto.
- 12-03-12: Accidente laboral na mina de ouro Corcoesto.
- ADEGA espera para valorar o impacto da Mina de ouro de Corcoesto e enfróntase con La Voz.
- A mina de ouro de Corcoesto axiliza a súa posta en marcha co apoio das administracións e oposición dos ecoloxistas.
- O ouro de Corcoesto non brilla tanto.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).