venres. 13.06.2025
El tiempo

O Faro Vilán acolle unha exposición de fotos e acuarelas do Camiño dos Faros

O Faro Vilán acolle unha exposición de fotos e acuarelas do Camiño dos Faros
Exposicion O Camino dos Faros no Faro Vilan

Unha das que quedaba por facer no marco desta pioneira iniciativa civil do Camiño dos Faros. Pero xa está en marcha a exposición colectiva "O Camiño dos Faros, unha paisaxe en cada paso”, que se inaugura este sábado 7 de febreiro ás 17:00h no Faro Vilán e que estará aberta todo o mes.

A exposición é unha mostra de fotografías e acuarelas de 20 trasnos que reflexan en parte os sentimentos desta ruta.

Ademais, o acto de inauguración servirá para ver un vídeo do Camiño, de analizar o futuro pasando pola homologación como Sendeiro de Gran Recorrido GR, e servirá tamén para presentar o Ultratrail 2015, despois do éxito do ano pasado.

Esta é a lista de artistas que expoñen as súas obras:

  • O trasno.
  • Antonio Amboade.
  • Eduardo Verdes.
  • Jaime Varela.
  • Teresa Candal (acuarelas).
  • Conchi Álvarez.
  • Brais Amboade.
  • Samuel Veiga.
  • Carmencita Casal.
  • Alfonso Varela.
  • Cecilia Burillo.
  • Jesús Aguiar.
  • Inés Garrido.
  • Yolanda Imia.
  • Susana Castro.
  • Mª Esther García .
  • Beatriz Lema.
  • Pilar Villar Rey.
  • Mª José Cerviño.
  • Inés Añón Peña.

Máis información

Novas relacionadas

O Camiño dos Faros por etapas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).

Comentarios