Venres. 29.03.2024
El tiempo

Balance das tres primeiras semanas de confinamento

  • Este sábado confirmábase outro, unha nonaxenaria de Corme no CHUAC.
  • O domingo falecía un septuaxenario de Cabana (O Esto).
  • A madrugada do domingo ao luns tamén falecía un home maior de Cee. Xa son 10 na bisbarra.
Duas enfermeiras aplaudindo un destes dias as Oito-Foto-Roberto Lopez Beltran
Unha enfermeira e unha médica aplaudindo no agradecemento mutuo que se fixeron sanitari@s e forzas de seguridade no Hospital Virxe da Xunqueira
Balance das tres primeiras semanas de confinamento

Van 3 semanas dende que estamos confinados nas nosas casas polo Estado de Alarma. Quedan outras 3 semanas (xa nos avisara o epidemiólogo Juan J. Gestal…) polo que temos que ter paciencia. Lonxe de correr por publicar primeiro cada falecemento ou cada novo positivo (ademais falamos de datos non oficiais, pois como denunciaron os propi@s alcaldes/as da comarca, estamos orfos de información a nivel municipal) queremos facer un repaso e comparar como vai a nosa famosa curva.

Xa temos falado de asuntos tan importantes como a complicada tesitura do mundo do mar ou analizado baixada na afluencia de xente en urxencias e centros médicos.

Temos contado incribles iniciativas como as das mascarillas con filtro feitas na casa, da fantástica resposta á chamada do Hospital de Cee dos Concellos da “Costa da Vida”; ou da homenaxe das forzas de seguridade aos sanitari@s ou deses aplausos aos que non poden quedar na casa.

Temos falado con enfermeiras de hospitalización a domicilio, e do HVdX, con profesionais do 061, con panadeiras, taxistas

Os datos

Así, a 5 de abril, son 11 os falecementos na Costa da Morte. Dende o primeiro falecemento, un veciño de Fisterra, a bisbarra contabilizou un veciño de Carballo, un de Cee, outra carballesa, un home de Dumbría, un veciño de Vimianzo, un de Carnota, outro ceense e unha oitava falecida este sábado, unha nonaxenaria de Corme (Ponteceso), un de O Esto (Cabana), e outro de Cee.
Todos, agás a embarazada carballesa de 37 anos, son maiores de 70 anos.

Así mesmo hai 5 ingresados no Hospital Virxe da Xunqueira, se ben saben que no centro ceense non hai UCI en cando empeoran son trasladados ao CHUAC.

Os datos non oficiais de positivos deixan un balance aproximado de 120-130 positivos en toda a bisbarra (dos 990 que temos na área sanitaria da Coruña, o único dato oficial que hai).

Tomando como referencia aos Concellos das bisbarras de Bergantiños, Soneira, Fisterra, Xallas e Muros-Carnota, estes poden ser un datos aproximados da comparativa. Como vedes a Costa da Morte ten aínda unha incidencia moito menor que a nivel estatal, e aínda menor en Galicia, malia que os datos son moi parellos.

Afectación do Coronavirus (a 04-04-2020)
  Casos
Positivos (aprox)
Poboación Afectados cada
1000 habitantes
COSTA DA MORTE 130 130.000 0.10
GALICIA 4626 2.700.000 0.17
ESPAÑA 124736 47.000.000 0.27
 
  Falecementos Poboación Falecidos cada
1000 habitantes
COSTA DA MORTE 8 130.000 0,062
GALICIA 168 2.700.000 0,062
ESPAÑA 11744 47.000.000 0,25
 

Novas relacionadas

Os que non poden quedar na casa

Todo seguemento dos afectados polo Coronavirus

Novas de solidariedade

Novas sobre o cumplimento da corentena

Comentarios