Balance das tres primeiras semanas de confinamento
- Este sábado confirmábase outro, unha nonaxenaria de Corme no CHUAC.
- O domingo falecía un septuaxenario de Cabana (O Esto).
- A madrugada do domingo ao luns tamén falecía un home maior de Cee. Xa son 10 na bisbarra.

Van 3 semanas dende que estamos confinados nas nosas casas polo Estado de Alarma. Quedan outras 3 semanas (xa nos avisara o epidemiólogo Juan J. Gestal…) polo que temos que ter paciencia. Lonxe de correr por publicar primeiro cada falecemento ou cada novo positivo (ademais falamos de datos non oficiais, pois como denunciaron os propi@s alcaldes/as da comarca, estamos orfos de información a nivel municipal) queremos facer un repaso e comparar como vai a nosa famosa curva.
Xa temos falado de asuntos tan importantes como a complicada tesitura do mundo do mar ou analizado baixada na afluencia de xente en urxencias e centros médicos.
Temos contado incribles iniciativas como as das mascarillas con filtro feitas na casa, da fantástica resposta á chamada do Hospital de Cee dos Concellos da “Costa da Vida”; ou da homenaxe das forzas de seguridade aos sanitari@s ou deses aplausos aos que non poden quedar na casa.
Temos falado con enfermeiras de hospitalización a domicilio, e do HVdX, con profesionais do 061, con panadeiras, taxistas…
Os datos
Así, a 5 de abril, son 11 os falecementos na Costa da Morte. Dende o primeiro falecemento, un veciño de Fisterra, a bisbarra contabilizou un veciño de Carballo, un de Cee, outra carballesa, un home de Dumbría, un veciño de Vimianzo, un de Carnota, outro ceense e unha oitava falecida este sábado, unha nonaxenaria de Corme (Ponteceso), un de O Esto (Cabana), e outro de Cee.
Todos, agás a embarazada carballesa de 37 anos, son maiores de 70 anos.
Así mesmo hai 5 ingresados no Hospital Virxe da Xunqueira, se ben saben que no centro ceense non hai UCI en cando empeoran son trasladados ao CHUAC.
Os datos non oficiais de positivos deixan un balance aproximado de 120-130 positivos en toda a bisbarra (dos 990 que temos na área sanitaria da Coruña, o único dato oficial que hai).
Tomando como referencia aos Concellos das bisbarras de Bergantiños, Soneira, Fisterra, Xallas e Muros-Carnota, estes poden ser un datos aproximados da comparativa. Como vedes a Costa da Morte ten aínda unha incidencia moito menor que a nivel estatal, e aínda menor en Galicia, malia que os datos son moi parellos.
Novas relacionadas
- "Saber oficialmente os afectamos que temos en cada parroquia facilitarianos moito aos Concellos saben que medidas tomar”.
- Juan. J. Gestal, epidemiólogo muradán: “Temos que prepararnos para un maior tempo de confinamento”.
- Baixada na afluencia de xente en urxencias e centros médicos: medo ou concienciación?.
- A dicotomía da pesca artesanal: “Non sentimos como propios eses aplausos de agradecemento”.
- Cando a vida chega ao seu fin en tempos de Coronavirus.
Os que non poden quedar na casa
- Paula Esteiro, de hospitalización a domicilio: “A xente non é consciente de que calquera persoa pode estar contaxiada”.
- Juanma Trillo, do 061: "Penso que co paso dos días a xente foi tomando conciencia da gravidade do problema”.
- Jose Insua, do Centro de Maiores de Fisterra: “Temos que agradecer aos nosos anxos da garda”.
- Enfermeiras do HVdX: “É duro saber que si nos contaxiamos, non só nos afectará a nós, senón tamén a nosa familia”.
- Santa Comba #QuedanaCasa gracias ao esforzo do persoal municipal.
- Luís Díaz, da panadería Os Ancares: "Na panadería a xente ten que ir entrando de un en un”.
- Marcela Canosa, de Bazarra: "Por agora, a histeria só se nota á hora de comprar cousas”.
- Juan Allo, taxista: "Nós estamos preocupados, primeiro polo contaxio e segundo porque non se fai un peso e isto vai ser terrible”.
- Vivindo a corentena na distancia: A realidade dos erasmus da Costa da Morte.
Todo seguemento dos afectados polo Coronavirus
- 30-03-20: Quinto falecemento na Costa da Morte polo coronavirus.
- 25-03-2020: Primeiro falecido por coronavirus na Costa da Morte
- 23-03-2020: Polo menos, 20 positivos: O coronavirus tamén é cousa nosa.
- 21-03-2020: O alcalde de Santa Comba confirma varios positivos por coronavirus.
- 19-03-2020: Confírmanse tres positivos por coronavirus en Carballo.
- 14-03-2020: Un fisterrán, o primeiro positivo por coronavirus na Costa da Morte.
Novas de solidariedade
- En marcha un movemento solidario para encher a Costa da Morte de mascarillas con filtro reutilizables.
- As forzas de seguridade dan as gracias @s sanitari@s dun xeito moi especial.
- O alumnado do IES Monte Neme únese aos “coronavirus makers” e crea unhas pantalla protectoras.
- Fantástica resposta dos Concellos da Costa da Morte á chamada do Hospital de Cee.
- “Costa da Morte. Costa da Vida”.
- Marea de solidariedade coa Residencia de Maiores de Fisterra.
- “Mascarillas” caseiras de uso non sanitario para vencer o coronavirus.
- Iniciativas contra o coronavirus: Café de balde aos camioneiros e limpezas aos vehículos sanitarios
Novas sobre o cumplimento da corentena
- 03-04-20: Tres mozos detidos en Vimianzo por incumplir as normas de confinamento.
- 01-04-2020: 1.440€ a un veciño de Vimianzo por incumplir, en 8 ocasións, as normas de confinamento.
- Dani Calvete: "O que peor levo é o medo a poder infectar á familia. Levo o protocolo ao extremo”.
- Dous carballeses condenados, tras ser detidos, a pagar unha multa de 360 e 480€ por incumprir repetidamente o confinamento.
- Dous talleres de confección do polígono de Bértoa, denunciados por incumplir as novas restricións.