Ruralismo 3.0 / 15: Mar de Pedra
- Coleccionable. Transición Rural á Modernidade (S.XX).
- Fotografia: Antonio Nodar.
- Texto: Nando Lestón.
Dubidaba.
Esta fotografía ten unha xemela.
En color. O mar é dun azul malvoso, nada frío.
Pero esta que vedes ten o seu aquel diferente. Instinto, supoño Watson.
O mar é de pedra. Arrugado como o papel de plata cando o estrujas. Brillos que deixan a retina ao birulé, ata lastimar. O mar rebota a luz cara a nós estoupandonos na cara como se nos deramos contra unha parede de miles de cristais rompidos polo que se abre unha fenda en forma de barco. Fai un instante non estaba no encadre, viña de camiño, polo que a estela dibuxa unha liña que corta.
O barco atravesa de dereita a esquerda escapando da escuridade e encarando a parte máis luminosa da imaxe. Unha metáfora visual de deixar atrás a incertidume do pescador e encarar á volta a casa un dia máis. A luz representa neste caso, a casa, o fogar.
O barco é pequeno con respecto á inmensidade que se crea ao seu arredor; avanza lento, sen presa o rastro vai quedando atras, mañá é outro dia. É un universo de brillo e de texturas que renace para construirse como materia, algo que case se pode tocar. Esa materia semella dura pero o mar é blando;
A lus é todo. Perfís a contralús que dibuxan un barco. O máis cotián que representa a pesca de baixura, pesca costeira de meter a man no mar.
Hai unha figura humana que destaca na contralús ou dúas. Unha pilota ou mira pola borda... déixovolo ao voso criterio.
Antonio está aí... nun lugar alto creando un ángulo incerto que potencia a inmensidade, a soidade tamén.
Fermosa imaxe de Ruralismo, Mareeiro neste caso, xa tardaba.
Como cantaban Fuxan os Ventos: vale máis ser libre un día no confín do bravo mar, que vivir toda a vida, preso, escravo e a calar!!
- Fotografia: Antonio Nodar
- Texto: Nando Lestón
Ruralismo 3.0
- 14: 82.
- 13: Tres eran catro.
- 12: Hermosinda Xulieta Rapunzel.
- 11: Dúas amigas.
- 10: Carro de combate (Os útimos de Baíñas).
- 09: Progreso sen regreso
- 08: Chupete vs Adultos
- 07: Jose Blas (Ferreiro). A forxa de Vulcano
- 06: Vacas (frisona, a máis mona).
- 05: Lancha no Ézaro
- 04: Sra. Serafina do Roquiño. Os Santos Inocentes
- 03: Cabaseira de Baíñas
- 02: Santuario da Virxe da Barca
- 01: A Serafina do Roquiño.
MÁIS ARTIGOS DE NANDO LESTÓN EN QPC
- ME CAGO.
- A Boca
- Xa nos vai tocando.
- Garamendi.
- Mi querida Babel
- Un novo Deus... Abalado sexa
- Madrí, rotonda de Hespaña.
- No país dos cegos o torto é o rei
- Nodar-radón.
A VIÑETA DE NANDO LESTÓN
Outras historias de Antonio Nodar
- As auroras boreais nun timelipse de Antonio Nodar
- Vacaciones en Reverso.
- Una foto en 1.000 palabras. Un viaje por la gastronomía gallega.