Ruralismo 3.0 / 11: Dúas amigas
- Coleccionable. Transición Rural á Modernidade (S.XX).
- Fotografia: Antonio Nodar.
- Texto: Nando Lestón.

Acontece ás veces, que por diferentes motivos, ben a soedade, a viudedade ou os mesmos avatares da vida, persoas que de xóvenes tiñan unha relación de veciños ou compañeiros, na sua vellez atoparon a sustancia do "amigarse", que non é outra cousa, que comprenderse a través dun vínculo que transforma a sua relación persoal nalgo máis fondo, no que o apoio, os coidados e o cariño respetuoso é a linguaxe natural.
A amistade é unha noble forma de amar e, como toda forma de amar... desinteresada, aínda que ás veces... "deus as cría e elas xúntanse".
Dúas mulleres son as protagonistas desta história, á esquerda da imaxe está Pepa da Fiadora e á dereita unha vella coñecida de Ruralismo, Serafina do Roquiño.
Aínda que unha delas está con menos foco e un pouco por detrás, apenas, Antonio dálle o mesmo protagonismo ás dúas de varias maneiras.
Ambas están á mesma altura, ambas visten do mesmo xeito, ambas son mulleres vellas, ambas portan touca e ambas se manifestan a través do negro. Ambas se mostran e recoñecense iguais.
Pepa da Fiadora é como unha boneca maior.
Se miramos a lonxitude dos seus brazos, podemos adivinar polas proporcións que se trata dunha muller que non ten unha gran estatura, ademais ten máis"talladiña", pois os ombros,máis redondeados, fan no seu conxunto, xunto cas mans, unha forma de ferradura.
Pepa móstrase cunha mirada tenrra, incluso cun semblante algo triste, algo que a mueca da boca entraberta, potencia.
Semella que nos quer decir algo pero queda a medias como decindo... "tampouco vale tanto a pena". Míranos de fronte, cun apenas sesgamento na mirada que por outra banda,contén o vídrio choroso da edade. Conmóveme a mirada de Pepa da Fiadora, encadrada debaixo da curvatura da touca que está anodada ó xeito antigo, co lazo alto.
A touca de Pepa é toda unha escultura de liñas rotundas e plegues acartonados. Así mesmo non é touca negra, senón que está debuxada ou "apintaraxada", que axuda na ruptura co clasicismo negro. Negro é o vestido que leva ao cal, ou lle falta un botón ou está desabotonado. Só mostra a pel da cara e das mans; as mans en concreto fálannos de ferramenta de traballo, de edade e de artrosis. Pel curtida, apenas sinte a inquietude da mosca que está pousada na man esquerda e outra no mandil.
Supomos, por este feito, que é verán ou remates de setembro.
Por último, dicir que Pepa non está facendo ningún labor, así que é a que vén á conversa. Ó "sosio", a pasar o rato.
Pola contra, Serafina do Roquiño non mira para Nodar, está ca cabeza baixa abstraída no seu labor.
Non sabería decir que fai exactamente. A posición indica certa atención e a boca, unha liña pechada, acompaña ós dedos que laboran como se quixeran enfiar algo ou desanudar, envolver... a boca sempre acompaña un xesto concentrado das mans e da mirada.
Serafina ten unhas máns imponentes, de longos dedos e falanges osudas. Os tendóns certamente tensionados e as veas que debuxan ambas máns falannos de pel pegada ó oso; pel tamén curtida e añeja.
Serafina vai toda de negro, pero tanto a cor como o pano da touca, convírtena nunha figura máis clásica. A touca non se acartona, pero os amplos plegues do vestido, dun pano máis lixeiro, si.
Os ombreiros tamén son máis delgados e caídos que os de Pepa, e están remarcados por liñas máis secas e rectas e todo elo enmarcado dentro dun triángulo que lle nace na cabeza, pasa por ambos cóbados e remata a sua base nas mans que se xuntan no regazo; polo tanto a postura é máis armónica e estable.
No regazo ten os palillos de palillar, algúns enfiados, como se se estivera preparando pois para esa labor.
Por último, dicir que o fondo é neutro e con certo desenfoque para priorizar o protagonismo das dúas mulleres que ocupan o plano central e postura sedente, tranquila e relaxada.
Están estas dúas amigas, partillando seguramente das suas cousas; cousas da aldea e das suas vidas que farto fixeno en chegar ata aquí, posiblemente dende que eran nenas, con fortunas similares.
Nunca saíron de Baíñas nin nunca sentiron que se perderan nada.
Tal fui o destino destas AMIGAS.
LONGA VIDA A PEPA E A SERAFINA
"MIÑA AMIGA, AMIGA MIÑA, ANTES QUE EU MORRA, SACARASME ESTA ESPIÑA".
- Fotografia: Antonio Nodar
- Texto: Nando Lestón
Ruralismo 3.0
- 10: Carro de combate (Os útimos de Baíñas).
- 09: Progreso sen regreso
- 08: Chupete vs Adultos
- 07: Jose Blas (Ferreiro). A forxa de Vulcano
- 06: Vacas (frisona, a máis mona).
- 05: Lancha no Ézaro
- 04: Sra. Serafina do Roquiño. Os Santos Inocentes
- 03: Cabaseira de Baíñas
- 02: Santuario da Virxe da Barca
- 01: A Serafina do Roquiño.
MÁIS ARTIGOS DE NANDO LESTÓN EN QPC
- ME CAGO.
- A Boca
- Xa nos vai tocando.
- Garamendi.
- Mi querida Babel
- Un novo Deus... Abalado sexa
- Madrí, rotonda de Hespaña.
- No país dos cegos o torto é o rei
- Nodar-radón.