mércores. 19.03.2025
El tiempo

Ruralismo 3.0 / 13: Tres eran catro

  • Coleccionable. Transición Rural á Modernidade (S.XX).
  • Fotografia: Antonio Nodar.
  • Texto: Nando Lestón.
Luz e Antonio do Botica e Ana do Marto a la puerta de su casa en la aldea de Baiñas
Luz, Antonio do Botica e Ana do Marto á porta da súa casa en Baíñas-Foto-Antonio Nodar
Ruralismo 3.0 / 13: Tres eran catro

Luz e Antonio da Botica con Ana do Marto.

Case tódalas imaxes fotográficas, como case todo o que vai envellecendo, colle unha textura que coñecemos como "a pátina do tempo". Para elo non fai falta ver carros nin vacas nin oficios que xa non se transitan, nin sequera fai falta que pase o tempo, pois tal imaxe é captada nun intre onde a textura dos materiais e materias que compón esa imaxe, falan e perduran por si sós.

Tal é o caso desta imaxe que posue unha textura temporal pero tamén material.

O universo de Antonio pasa por facer de Baíñas un lugar universal. Todo o que alí acontece pode perfectamente e, en paralelo, estar acontecendo a miles de kilómetros do lugar do CLIK; pois a escea e tan mundana e tan familiar e común que de seguro muitos fotógrafos a posúen.
Pero eles non ten aquelo que fai tan especial esta imaxe, non ten a Luz, Antonio e Ana.
Quedaredes, en calquer caso, co misterio de saber quen é quen.

Nesa universalidade Antonio fotografía o próximo, ás veces o que ten á man pero é a man, a mirada, o ollo o que lle dá rumbo e significado ao que vemos dunha maneira precisa. Exhalta por riba de todo o humano, xa o vemos no seu traballo "self portrait", moi posterior, onde calquera artista fotografiado podía ser o "outro eu".
Estes tres, podían ser os "outros eles", en Extremadura, Andalucía ou Cuenca, Azerbayán ou Chequia, dá o mesmo, sempre e en cada época, somos os mesmos, con outras roupas, outras caras e outras portas abertas.
Eso é a Universalidade. O Atemporal. A memoria do colectivo humano, o xogo, os amigos, a familia e un instante revelador; a Vida.

Atopamos dous planos diferenciados pola liña da porta, rústica e matérica como toda a imaxe. Na banda esquerda, case oculta, aparece como unha presencia tesmimonial a nai. Esta figura queda dentro, esvaída e seriamente comprometida pola metáfora dos barrotes. Semella encarcelada no seu traballo, no labor que está facendo mentras os nenos pasman. De novo o laboro constante das mulleres e nais do rual pasa case desapercibido.
Esta mesma muller é a que marca a xerarquía de liñas de altura nunha diagonal compositiva, que lle fai merecedora de certo xeito clásico Renacentista. Os nenos, no outro plano, enmarcados pola porta que os destaca como as figuras principais, entre si firman outro clásico, o triángulo compositivo, que proporciona estabilidade e límites; deste xeito ningún deles franquea a porta.

É unha imaxe de dentro a fóra sen sobrepasar a liña que sería de fóra a dentro. Eu chámolle imaxe de "fóradentro".

Hai unha palabra en galego que ten dous significados; morriña.
Morriña pode ser nostalxia, botar en falta, pero tamén pode ser lixo, falta de limpeza.
A todos os nenos no rural, nas nosas aldeas nos pasou... andar cheos de morriña era relativamente normal, porque o noso entorno era para interactuar con el. Era unha morriña limpa, pois meramente era terra, que para nós non contén a connotación de suciedade; a terra lixa pero non é sucia.
Iso é o que lle pasa ao persoaxe principal, aquel que recolle tódalas miradas, o rubito ou rubita que recibe a Antonio á porta da súa casa. Non sairá nas revistas de moda pero é un anxo.
Hai algo no seu mirar que lle chama máis a atención que Antonio, pois para nada mira para el; os demais tampouco. De novo Antonio é unha presenza que non está invadindo ese espacio, como se non estivera, isto é mui común no seu traballo. A "impresencia" (toma!!)

Se non fora dos oitenta, a súa faciana semella de posguerra pero viste chaqueta de la blanca calada, con vaqueros que leva arrastro a pesar de levar zapatos. Os ollos, alongados parecen falar doutras formas raciais, dunha combinación ancestral que fui convocada para esa mirada; a Mongolia, Paquistán ou Vietnan, Corea... Asia.
Inocencia e infancia van da man nesta criatura.

Hai un contraste evidente cas outras figuras que visten do mesmo xeito e son de pelo moreno, cortado seguramente por súas nais ou polo único perruqueiro do lugar que nos igualaba a todos en estilo... un estilo sen estilo puramente. Se nos fixamos, ambas dúas figuras que respaldan á crianza poderían pasar por irmáns, pois era bastante común na época que vestísemos, ata certa edade, os mesmos modelos.
A roupa, singularmente herdábase duns irmáns a outros.
Pero van certamente vestidos para a clase de ximnasia se non fora porque tamén levan zapatos. O chandal é mui visual, aporta liñas paralelas en certo desorde que activan a cor negra do fondo. Unha das persoaxes mira cara abaixo, como se lle dera certa vergoña ser fotografiada e a outra, máis sorrinte, tampouco se mostra de todo.

O zaguán, en penumbra, ten certo aire cubista e nos tonos está presente o expresionismo alemán que suxire un decorado de cine en blanco e negro.
En definitiva, unha escea Universal de familia e amigos que Antonio, co seu ollar, non cuestiona, sinxelamente a vida transcurre por diante e por dentro da porta, unha arquitectura que nos sitúa fóra da súa intimidade, no umbral das existencias.

  • Fotografia: Antonio Nodar
  • Texto: Nando Lestón

 

Ruralismo 3.0

 

MÁIS ARTIGOS DE NANDO LESTÓN EN QPC

A VIÑETA DE NANDO LESTÓN

Outras historias de Antonio Nodar

Comentarios