As baixas merman ao Anorthosis e só o Aquacenit suma
Malos os resultados acadados no pasado fin de semana onde todos os equipos das categorías masculinas da familia Anorthosis xogaban fóra e só o Concello de Zas Aquacénit, que segue arrasando na 1ª Galega, acabada a vitoria.
3ª División Nacional
- Resultado: Naronense - Anorthosis Vimianzo 5-2 (18-10)
- Resultado: San Xoan TM - Anorthosis Vimianzo 5-2 (17-9)
En 3ª nacional non pudo dar a sorpresa o Anorthosis Vimianzo no seu dobre desprazamento a Narón e Ferrol. Sufría o equipo polas baixas de Marce por motivos persoais, e da baixa forma de Gonchi debido a unha gastroenteritis que sufriu pola semana e que o deixou sen forzas para afrontar os dificiles partidos que o esperaban. Tampouco serviu de moito o reforzo de Moncho Varela, ao que se lle notou o moito tempo de inactividade que leva.
Con este panorama, só quedaba Roi en plenas condicións e ao que como cada temporada vai baixando de rendemento, pois élle imposible entrenar durante a semana polo seu traballo de profesor de música en Viveiro e Ribeira. Con todo o nivel de xogo mostrado fai ser optimistas á familia de cara a salvar a categoría, a pesares de que outros resultados non axuden nada.
1ª División Galega. Grupo Centro
- Resultado: Hípica Coruña - Concello de Zas Aquacenit 2-5 (8-16)
- Resultado: Liceo Noia "C" - Concello de Zas O Gaiteiro 7-0 (21-1)
O Concello de Zas Aquacenit foi o único que acadou a vitoria ante un rival inferior, pero aínda con eso baixa un posto na clasificación xeral (agora está 3º) pois superouno o Liceo Noia "C" ao vencer ao outro equipo de Zas, o Concello de Zas O Gaiteiro por 7-0.
2ª División Galega. Grupo Centro
- Resultado: AD Dubratambre - Construcciones Cernadas 7-0 (21-1)
- Resultado: Liceo Casino Infantil - Concello de Zas O Pinar 5-2 (16-8)
- Resultado: Liceo Casino Xuvenil- Concello de Zas O Pinar 7-0 (21-2)
En 2ª galega, normais as derrotas do Construcciones Cernadas ante o Dubratambre e do Concello de Zas O PInar ante o Liceo Casino Xuvenil de Vilagarcía, pero si sorprende a derrota ante o Infantil. Quizá o madrugón non lle sentou ben, o encontro celebrouse as 9'30 da maña en Vilagarcía.
2ª División Nacional Femininao
- Resultado: Aluminios XEAL - Concello Narón 1-3 (4-9)
- Resultado: Aluminios XEAL - Narón Femenino 1-3 (7-9)
- Resultado: Aluminios XEAL - TDM Punto K 1-3 (0-9)
- Resultado: Aluminios XEAL - TDM Concello Vilalba 1-3 (3-9)
De éxito podemos afirmar que resultou a concentración de 2ª femenina entre os equipos do norte e do sur. Éxito en canto a desenrolo e organización, pois claro os resultados acadados polas nosas nenas xa non decimos o mesmo, pero como estsamos en etapas de formación, tempo haberá para pedir resultados. De momento están disfrutando moitísimo da competición. Cando gañen xa diremos como se senten.
Vindeira semana
Esta fin de semana non haberá competición, hai algúns encontros que se queren adiantar pero non está nada confirmado.
Novas relacionadas
- O Anorthosis cae dando a cara.
- O Gaiteiro dá as alegrías que esqueceu o Aquacenit.
- Ao Anorthosis sáenlle as contas.
- O Aquacénit deixa escapar o liderato.
- O Gaiteiro xa sabe gañar.
- A familia Anorthosis salva unha xornada excesiva chea de baixas.
- O Anorthosis tamén gaña e engancha por Nadal.
- O Aquacenit mantén o ritmo da familia Anorthosis.
- O Aquacenit mantense no máis alto.
- Dúas vitorias alonxan ao Anorthosis da zona de perigo.
- O Anorthosis non pode despistarse e o Aquacenit apunta alto.
- O Concello de Zas Aquacenit ponse líder na 1ª Galega.
- O Anorthosis non vai de “cenicienta”.
- Nova xornada completa de tenis de mesa nun ateigado pavillón de Zas.
- O Anorthosis terá unha longa tempada na 3ª Nacional.
- O tenis de mesa costeiro estrea campaña con vitoria.
- O Anorthosis comeza unha nova campaña con 6 equipos en liza.
- A Costa xa ten o seu torneo galego de tenis de mesa.
- Gran participación dos zaenses nos Provincias de tenis de mesa.
- O tenis de mesa pechou unha exitosa I Liga Intermunicipal cun gran ambiente e vitorias corcubionesas.
- O Anorthosis Vimianzo é novo equipo de 1ª División Galega de tenis de mesa.
- A campiona Galega benxamín de tenis de mesa chámase Lorena e é de Zas.
Fonte
- Nota de prensa de Estevo Lema.