Martes. 15.10.2024
El tiempo

Copa da Costa: O Carral deixou un auténtico sabor copeiro

Copa da Costa: O Carral deixou un auténtico sabor copeiro
Sofan-Fisterra da Copa-FDoto-SD

Impresionante a eliminatoria que nos brindaron Sofán e Fisterra nestes Cuartos da Copa da Costa. Ata a prórroga chegaron os dous equipos e só nos últimos 10 minutos o cadro sofantista conseguíu completar a remontada. Unha tarde de auténtico sabor á #CopadaCosta no Carral. Un partido non falto de polémica, no que os fisterráns quedaron moi descontentos coa actuación arbitral.

O cadro carballés enfrontarase na Semifinal ao Corme, que conseguíu aguantar as embestidas dun Zas que non se daba por vencido a pesar do 1-2 da ida. O Corme aguantou e marcou no último suspiro nunha contra. Mentres, o Zas tampouco puido celebrar o ascenso á 1ª trala vitoria do Tordoia ante o Palmeira, pero aínda terá dous partidos para conseguir unha vitoria que o colocará como equipo da 1ª Autonómica, e permitirá a permanencia do Montelouro na 2ª.

No outro lado do cadro, o Cee non puido coa revelación do torneo. O Seaia sorprendía na ida e metíalle un 3-0 a todo un #ReideCopas, pero xa demostrara ante o Castriz que este Cee é capaz de todo. Non puido, sen embargo cun Seaia ben armado atrás que lle dá unha alegría enorme á súa parroquia con estas históricas semifinais.

Xa é un premio estar aí para o Seaia, porque enfronte terá a todo un XSC, que superaba o trámite da volta en Camariñas tralo 7-1 da ida en Fontenla.

Esperamos con ansia eses choques entre Sofán-Corme e Seaia-XSC.


Sofán - Fisterra

Partidazo autentico no Carral entre Sofan e Fisterra da CopadaCosta-Foto-SD
  • SOFÁN: Lerma, Sito, Rubén, Marcos, Javi Souto (Cantudo, min.75), Maneiro (Ceide, min.55), Míchel (David Dourado, min.65), Pablo Martínez, Bertín (Óliver, min.115), Raúl e Iván Rojo (Seo, min.65).
  • FISTERRA: Norberto, Borja Munitis (Piti, min.95), Dani Rubia, Cartamil, Julito (Mario, min.115), Santi, Cristian, Noe (Yerai, min.45), Adrián (Mané, min.80), Pablo Lestón e Robertín.
  • Goles: 1-0, min.10: Maneiro de libre inditecto; 2-0, min.43: Iván Rojo de falta dende a frontal; 2-1, min.44: Pablo Lestón nunha rápida contra; 3-1, min.85: Pablo Martínez de falta directa; 4-1, min.110: Pablo Martínez; 5-1, min.115: David Dourado.
  • Expulsión: o fisterrán Robertín min.80.
Cartamil no Sofan-Fisterra da Copa-Foto-SD

Menudo partidazo no Carral con auténtico sabor a Copa da Costa. Emoción, xogo, polémica… non faltou de nada nunha eliminatoria que se tivo que decidir na prórroga.

Chegaba o Fisterra con algo de vantaxe tralo 3-1 da ida, pero sabían os de Nacho que a cousa non ía ser sinxela, pois a SD apostaba moito por esta competición e o Carral é sempre un fortín. Ateigado estaba para recibir a un histórico como o Fisterra.

Arrincaba o partido con moito respecto pero co cadro local algo máis enriba dada a súa necesidade. Bertín e Raúl avisaban pero foi Maneiro nun protestado libre indirecto por unha suposta cesión, o que abría o marcador. Os fisterráns amosaron o seu descontento pola arbitraxe de dous colexiados bergantiñáns, e protestaron esa cesión, a dubidosa expulsión de Robertín, un agarrón sobre Pablo Lestón cando marchaba cara a cara, e mesmo a falta que dá lugar ao segundo gol de Iván Rojo, tamén inexistente para os fisterráns e que o colexiado obrigou a repetir dúas veces.

Pero reaccionou o cadro verde, e nada máis recibir o segundo tanto ao fío do descanso, nunha contra, Lestón, que rematou a campaña nun estado de forma espectacular, metía de novo ao Fisterra na semifinal.

Quedaba unha longa segunda metade, e aí comezaba o Fisterra moito mellor, dominando o xogo ante un cansado Sofán. Adrián e Sito tiveron a eliminatoria nos seus és pero Lerma nunha e Sito baixo paus noutra salvaron aos locais. E cando parecía que ía aguantar o Fisterra, Pablo Martínez anotou unha falta dende 30 metros para mandar o partido á prórroga.

Xa na prórroga, cambiou o perfil. O Fisterra, cun home menos, tocaban aguantar, e a SD, apoiada na súa afección, percutía. Bertín tivo un par boas, pero non foi ata os últimos minutos da 2ª metade de prórroga cando Pablo Martínez, no segundo pau e tras un saque de banda (4 goles foron a balón parado) marcaba para delirio da parroquia local. Aínda tivo Mané a volta á eliminatoria pero se lle escapou o balón cando estaba só no punto de penalti é na seguinte xogada, o cadete David Dourado marcaba o 5º para os carballeses.

Alguns dos goles do:SD. Sofán 5-1 Fisterra

Posted by SD SOFAN on Domingo, 7 de Xuño de 2015

Corme - Zas (1-0)

Corme-Zas da Copa-Foto-Fin lema
  • CORME: Javi; Dani, Alejandro, Toniño, Joshua (Miguel Torrado, min.75), Diego (Eloy, min.77), Brais, Sergio, Adrián Doldán, Lucas e Jose (Samu, min.78).
  • ZAS: Rizos, Jostio, Manu, Isma, Vecino; Canedo, Peke; Dani, David Blanco, Rubio e Álex Flores.
  • Gol: 1-0, min.92: Samu nunha contra.
Lucas no Corme-Zas de Copa-Foto-Fin Lema

Boa entrada no Cairo, cunhas 200 persoas para ver un dos partidazos da xornada. Un partido ao que chegaba o Corme con certa vantaxe tralo 1-2 da ida en San Andrés, e no que o Zas tiña o ollo en Tordoia, pois unha vitoria do Palmeira dáballe o ascenso directo ao cadro de Iván Cancela, e lle permitiría centrarse na Copa. Pero non foi así. O Tordoia gañou ao Palmeira e o Zas ten que sumar alomenos unha vitoria nos dous seguintes partidos.

No Cairo, o Corme non fixo o seu mellor partido e estivo a mercé do que fixo o Zas, que dominou e intentou remontar pero non estivo acertado cara gol. Na primeira metade Vecino mandou un balón por arriba, e a defensa cormelá tivo que sacar un balón baixo paus tras un centro de Rubio. O propio Rubio dende a frontal e Álex de vaselina probaron a Javi pero os balóns marcharon altos.

O partiro esmorecía. O Corme trataba de aguantar, e o Zas creaba algo de perigo pero tiña uqe marcar dous goles, e xa nos últimos minutos David Blanco vía como lle anulaban un gol e Canedo mandaba un balón ás á rentes do pau antes de que Samu, xa heroe na ida, marcase o gol da vitoria local, para delirio da marea azul que soña co título copeiro para completar este fermoso ciclo.

O Corme celebra o pase a semis da Copa tralo gol de Samu-Foto-Fin Lema

Cee - Seaia (2-1)

  • CEE: Paulo, Fiuza (Senlle, min.50), Jorge (Borja, min.79), Jacobo, Paco (Chiru, min.70), Piquero, Gabriel (Aitor, min.60), Leo, Bruno e Juan.
  • SEAIA: Jesús, Víctor, Vistas, Adrián, Miguel Riveiro, Eme, Nando, Feli, Moisés (Dimaga, min.65), Camilo e Magovi (Richard, min.70).
  • Goles: 1-0, min.12: Leo tras un mal despexe da defensa; 2-0, min.28: Bruno de tacón unha falta lanzada por Juan; 2-1, min.42: Adrián marca tras unha falta botada por Miguel Riveiro.
  • Expulsión: Piquero no min.55.
Cee-Seaia da Copa da Costa-Foto-Mar

Menuda sorpresa a que completou este Seaia eliminando ao equipo con máis títulos copeiros da Costa. O Seaia, equipo recén descendido a 3ª, completa a súa xesta con esta histórica chegada ás semifinais da Copa tras vencer a todo un Cee e despois de eliminar ao Ponteceso.

Empezou o partido sen un dominador claro pero co Seaia cas ideas máis claras e chegando dúas veces con perigo, unha moi clara con varios remates que conseguiron os ceenses salvar con fortuna.
Pero o Cee estivo máis atinado, e Leo aproveitaba un erro defensivo para facer soñar á parroquia local tralo 3-0 da ida, lembrando a remontada ante o Castriz levantando un 4-1. A partir do gol de Leo, o Cee comezou a carburar e a facer dano. Pronto Bruno marcaría un golazo de tacón, e no 34, nun corner botado por Juan, Jacobo remata e Miguel Riveiro saca o balón debaixo dos paos, coa man segundo os ceenses. Podería ser o 3-0 e ter superioridade numérica pero o liña sinalou dixo que a man fora involuntaria.

Parecía que tocaba sufrir ao Seaia, pero no minuto 42 o Seaia marcou nunha falta lateral mal defendida botada por Miguel Riveiro, Adrián marca un golazo de cabeza que obrigaba ao Cee a marcar outros 3 tantos.

Despois do descanso entre a forte calor e sobre todo a expulsión de Piquero no minuto 55 fixo que o Seaia manexara o partido con moita comodidade, con posesións longas e puidendo incluso levar a vitoria no partido de non ser pola grandísima actuación de Paulo que salvou varios man a man cos dianteiros. Tivo opción o Cee pero non souberon aproveitala e o Seaia tirou de oficio e se mete, con merecemento, nesta histórica semifinal da Copa da Costa 2015.

O Seaia triunfou en Cee e se mete na semi da Copa da Costa-Foto-Mar

Camariñas - XSC (1-2)

Comentarios