Martes. 10.09.2024
El tiempo

Fase de Ascenso: O Dumbria a polo último esforzo para estar na Galega

Fase de Ascenso: O Dumbria a polo último esforzo para estar na Galega

O Dumbría xuveníl quedalle dar o último pasiño para o ano que ven poder estar na tan ansiada Liga Galega. Os pupilos de Diego Lobelos e Oscar Leis teñen todo na súa man, só lle queda dar un último esforzo e adestrar estas dúas semanas como se fosen as últimas da súa vida. O que pode estar moi preto pode voltar a estar moi lonxe, pero a capacidade destes rapaces é impresionante e segurisimo que ofreceran ese Ascenso a toda esa Afeción que os segueu a todos lados con Sol e Choiva facendo centos de kilometros.

Este fin de semana enfrontaranse o Bertamiráns que eliminaba o Calasanz B para meterse tamén nesa loita a dous encontros que decidirán o Ascenso a Liga Galega.

Dumbria - Betanzos (2-0)
  • Dumbria:  Jorge, Pablo, Maikel, Samuel, Alejandro, Marcos Moureo, Juan de Dora, Diego Cacha (Yeray, min.31), José Marcote (Charly,min 65), Edu (Isma, min.78) e Mauro (Cabana, min.70).
  • Goles: 1-0: Jano, min.50 tras un rechace dentro da área que enviaba o balón o fondo da rede. 2-0: Mauro, min.75, golazo dende o borde da área, zapatazo en toda regla que faría imposible a estirada do porteiro.
Comezaba o encontro con un Dumbria bastante descoñecido, non era capaz de entrelazar ningunha xogada e era todo un xogo bastante feo e embarullado. O Betanzos non crearía ocasións moi perigosas para os locais nesta primeira metade, agás unha que sacaría moi ben Jorge o porteiro local. A primeira parte do encontro remataría con un 0 a 0 no marcador sen pena nen gloria, a non ser polo colexiado que quixo asumir o protagonismo do encontro e sacaría varios cartóns os locais sen moito sentido, incluso expulsando e encarandose o entrenador local sen este decirlle nada fora dunha simple protesta nunha falta. A segunda metade cambiaría un pouco e a charla do vestiario debeu servir de algo, xa que a actitude sería totalmente diferente e o partido estaría dominado de principio a fin polos locais. O primeiro gol chegaria tras un corner que remataría Jano perfectamente para adiantar o equipo Dumbriés. Tralo primeiro gol chegaría a calma nos locais e o bó xogo. Os locais terían algunha ocasión mais pero non serían capaces de definir, un trallazo de Marcote que as gradas do Conco xa cantaban gol sairía polo fondo moi preto do pau, así algunha ocasión mais ata chegar o zarpazo espectacular de Mauro, unha xogada onde o Muxián pegaríalle o balón con toda sua alma dende a frontal do área e faría imposible a reacción do porteiro visitante. O encontro remataría con este 2-0 que os mete na Grandisima final a dobre partido fronte o Bertamiráns que se desfaría do Calasanz B por 3-1. Este próximo sábado viaxarán a Bertamiráns e intentar conseguir un bó resultado para a volta.

Fases de Ascenso

Crónicas da semana

Torneos estivais

Novas relacionadas

Primeiros títulos colleitados

Máis información

Fonte

Comentarios