Luns. 04.11.2024
El tiempo

O Bm. Camariñas, campión da 1ª Autonómica de balonmán para celebrar o 20 aniversario

O Bm. Camariñas, campión da 1ª Autonómica de balonmán para celebrar o 20 aniversario
O Bm Camarinas celebrando o titulo de Liga Autonomica

Espectacular este Bm. Camariñas. Tiña unha finalísima en Redondela, e non fallaron os conserveiros. Arroupados por unha afección infatigable que viaxaba para ver o partido, non deron tregua ao pechacancelas e remataron o sábado campións de 1ª División Autonómica de balonmán.

Un Camariñas que consegue o título por segunda vez, logo de 20 anos da creación do club. Magnífico premio que coincide xa que tal día como o 3 de xuño de 1995 creouse este club, que xa é historia na Vila dos Encaixes. Un título que lembra ao colleitado en 2011, e que pode devolver ao cadro camariñán á categoría estatal.

Así o celebraban:

En redondela celebrando a 2 liga do Balonmán Camariñas esto e mas que un equipo esto e unha FAMILIA. Malena Carril Pardiñas

Posted by Felipe Santos Alves on Luns, 20 de Abril de 2015

1ª División Autonómica

  • Resultado: SAR - Bm. Camariñas (18-29).
  • BM. CAMARIÑAS: Burno (p), Víctor (p), Alan (5), Fary (10), Eusebio, Jaime, Checho, Quin, Damián (1), Fabio (1), Catalán (5), Héctor, Perón (4), Antelo (2) e Xabi (1).
No primeiro tempo o Camariñas padeceu de ansiedade querendo resolver todo de inmediato pero estrelouse unha e outra vez coa defensa e o porteiro locais, pero a aficción desprazada desde Camariñas co Alcalde á fronte non deixou de animar neste decisivo partido, axudando ao equipo a poñerse por diante ao término dos primeiros 30 minutos.
Na segunda parte, xa se viu outro partido, o Camariñas fíxose totalmente co encontro, rearmou a súa defensa e con rápidas transicións puxo distancia no marcador, animados pola festa da grada onde os seguidores do Camariñas apoiaron en todo momento ao equipo. O resultado final fixo xustiza e deulle o merecido título.

Agora as próximas metas son a Copa Autonómica, na que xa están en semifinais; e a Fase de Ascenso a 1ª División Estatal que se xogará a mediados de maio.

1ª Estatal

    Resultado: Grantinos Ibérica - Calvo Xiria (29-38).
  • CALVO XIRIA 38 (18+20): Martín Gómez [p], José Luis Fraga [p], Alejandro Naya [p], Sergio Facal (3), Brais Puñal (5), Martín Alfeirán (6), Javier Rodríguez (1), Manuel Méndez, Jorge Bouzas (5), Alejandro Calvete (1), Pablo Iglesias (9), Gonzalo Pombo (2), Julián López, Carlos A. Lema (4), Mario García de Seárez (2).

Dous novos puntos para o conxunto carballés, que sen facer un gran partido se que tivo a virtude de impoñer o ritmo que máis lle interesou en cada momento. Comezou o Calvo Xiria sen a intensidade defensiva das últimas xornadas, dando moitas opcións aos vigueses de se achegar á liña de seis metros para lanzar en posicións moi cómodas, o que permitía ao conxunto local pensar en ter opcións de levarse algo positivo deste encontro. Pola contra o ataque verdibranco funcionaba e o mantiña cunha pequena vantaxe no electrónico. Dous erros consecutivos dos vigueses foron aproveitados para marchar ao vestiario cun +4, que deixaba o partido aínda aberto. Mais a actitude coa que saíron os xogadores do Calvo Xiria no segundo acto foi distinta e dez minutos foron suficientes para pechar o partido, o +8 acadado nese intre deuse por bo por parte duns e outros, que deixaron pasar os minutos tratando de gardar forzas para próximos envites.
A vindeira xornada, penúltima de liga, pechará o Calvo Xiria a súa participación coma local no Vila de Noia ante a SAR de Redondela, equipo polo que pelexa pola quinta praza.


Copa Federación

  • Resultado: Bm. Encaixe - Bm. Porriño (15-25).

Derrota conserveira ante o Porriño na mañá dominical do areal, na que as conserveiras chegaban con algo de resaca trala celebración do título masculino.


Copa Federación

  • Resultado: Goldie Xiria - Balonmán Auria Ourense (31-16) / (16-8).
  • Goldie Xiria 31 (16): Brenda Noya (porteira) Tamara Pombo 3, Jessica Posse 4, María Gómez 5, Raquel Gómez 2, Adriana Gómez 3, Patricia García, Lucía Vilariño 3, Zeltia Landeira 2, Angela Pena, Natalia Solís 1, Juana Garrochena 8 e Sheila Ferreiro.

Primeiro partido da Copa Federación e primeira vitoria do Goldie. Non dou encontrado o Xiria o sitio no partido ata os 15 primeiros minutos, a maior velocidade de balón e as anticipacións defensivas foron marcando diferenzas co seu rival, chegando ao descanso con 16 a 8. A dureza nalgunhas accións do seu rival non permitiu as carballesas baixar a garda ata o remate do encontro, onde se acadou a maior diferenza, 31 a 16.

Na vindeira xornada o Goldie Xiria terá un difícil compromiso a domicilio diante do Ferrolterra, xogándose quedar primeira de grupo nesta Copa Federación.

Novas relacionadas

Máis información

Os calendarios das competicións senior xa están colgados da páxina web da Federación Galega de Balonmán.

Crónicas da temporada

Fonte

Comentarios