O Fisober é profeta na Rioxa
Volvía a competición o Fisober despois da xornada que lle tocou descansar e fixo con vitoria a domicilio na Rioxa, terra que lle da sorte, xa que gañou nas catro visitas que realizou nestas dúas tempadas na Segunda Divisón Nacional. Importante, merecida e traballada pois a vitoria a domicilio do cadro soneirán que supuxo o descubrimento de Raquel como porteira de emerxencia. As costeiras quedan nunha cómoda 6ª praza.
Xa en Liga Provincial, non foi mala a xornada. As pontecesás vencían ás Espartanas, e o FSF Vila de Cee facía o propio co Troula. Só o Fisober B non sumou, pero non era o seu día, e ademais das baixas, a superioridade do filial do A Fervenza foi patente.
Nun pano están os 3 equipos costeiros, co Ponteceso 6º con 29 puntos, o Vila de Cee 7º con 25 e o Fisober 8º con 18.
2ª Estatal
- Resultado: CALCEATENSE - FISOBER F.S.F. (4-5).
- FISOBER: Eva, Patri, Ana, Noelia, Myrella; tamén xogaron: Nuria, Elsa, Inés e Raquel.
- Goles: 1-0 Vero, 1-1 Myrella, 2-1 Tania, 2-2 Myrella, 3-2 Carla, (descanso), 3-3 Nuria, 3-4 Patri, 3-5 Nuria, 4-5 Vero.
Nun partido cheo de adversidades as cales foi quen de sobrepoñerse con traballo, xogo e a gran actuación da porteira ocasional Raquel, que tivo que poñerse baixo paus despois da expulsión de Eva e o viaxar sen porteira suplente. Non podían comezar peor as cousas para as da Costa. Os quince segundos Vero facía o un a cero para as locais, tocaba remar dende a saída de vestiarios. A resposta foi de Noelia quen mandou seu tiro cruzado rozando o pau.
Aos catro minutos un lanzamento de Myrella supoñía a igualada no electrónico. Pero pouco lles durou a ledicia as visitantes. As locais moi atentas a calquera erro para saír en rápidas contras, aproveitaron un e os seis minutos Tania volvía a poñer en vantaxe as súas.
E pouco despois Vero case fai o terceiro para as locais. Mediada esta primeira metade unha boa combinación visitante chegaba a Elsa quen cedía a Patri quen con todo a favor mandaba o trabe, desperdiciando unha ocasión clarísima.
O ritmo do partido baixou un pouco e xa non chegaban ocasións tan claras. Pero todo trocou a 2:42 para o fin desta primeira metade, unha contra das rioxanas era freada pola porteira visitante Eva cunha man fora do área impedindo unha ocasión de gol . Vermella directa, dous minutos de inferioridade e o resto do partido coa xogadora de campo Raquel baixo paus.
Lonxe de virse abaixo foi un acicate para o Fisober. Aguantaron os dous minutos sen recibir un gol e incluso Patri despois dunha xogada individual tivo unha ocasión para igualar o partido. E xusto o recuperar a inferioridade un lanzamento de Myrella pegaba nunha xogadora local e poñía o dous a dous no electrónico.
Pero a tres segundos do tempo de lecer un lanzamento de falta de Carla poñía o tres a dous no tanteador.
Saía moi motivado e concentrado o Fisober na segunda metade, conscientes que con Raquel na portería debían deixar os mínimos ocos. Os dous minutos da volta de vestiarios Nuria igualaba o partido. E pouco despois Ana enviaba un lanzamento o trabe.
Eran os mellores momentos de xogo das da Costa cun moi bo traballo ofensivo e defensivo. E si as rioxanas sobrepasaban a defensa apareceu Raquel que amosaba moi boas maneiras na portería.
A trece para o fin Patri poñía en vantaxe as da Costa facendo o tres a catro. E a oito para o remate unha xogada individual de Patri remataba nun claro penalti que transformaba Nuria para o tres a cinco. E seguía chegando o Fisober na busca de matar o partido.
O enorme e solidadrio traballo defensivo do equipo e Raquel non deixaban penetrar as locais. Ata que a cinco para o fin Vero facía o catro a cinco. A resposta foi cunha ocasión de Nuria.
Quedaban cinco minutos de sufrimento para as da Costa. Os dous últimos minutos as rioxanas propuxeron o ataque de cinco pero o Fisober resolveu ben a situación e incluso Patri e Nuria tiveron oportunidades con lanzamentos dende campo propio para aumentar o resultado.
Liga Provincial Feminina, xornada 19
- Resultado: Troula FS - FSF Vila de Cee (2-5).
- FSF Vila de Cee: Belén, Alba, Adriana, María e Andrea Romero. Tamén: Sandra, Raquel, Tati, Marta e Andrea Muiño.
- Goles: 0-1: María; 0-2: Adriana; 0-3: Alba; 1-3; 1-4: Marta; 1-5: Alba; 2-5.
Saíron as rapazas de Calabanda (nesta ocasion de Mon e Santi Fresa) totalmente enchufadas no partido, e 10 segundos nunha presión de todo o equipo sobre o rival ocasionou o roubo de balón por parte de María de Dumbria, a cal encarou a porteria contraria e marcou o primer gol demostrando asi o seu moi bo momento de forma co cal está afrontando este final de temporada. Continuaron toda a primeira parte dominando as rapazas do Vila de Cee, sen apenas recibir ataques do Troula F.S. chegandose a poñer o resultado 0-3 marcando o segundo gol Adriana e o terceiro Alba, que faltando poucos minutos para o descanso o Troula consegue recortar e poñer o marcador nun 1-3.
Comenzou a 2ª parte co mesmo guión ca primeira, dominio do FSF Vila de Cee, máis o Troula intentou poñer un pouco máis de intensidade, e atacou un pouco máis o F.S.F. Vila de Cee, pero as rapazas ceenses, souberon defenderse sen problema e o mesmo tempo cun par de contras conseguiron marcar dúas veces máis, onde destacamos o 4º gol, un golazo, case do medio do campo por obra de Marta e 5º gol por obra de Alba. Xa co partido resulto para as ceenses o Troula consigue recortar distancias quedando definitivamente o 2-5.
O reparto de estrelas esta semán seran: 3 estrelas para Belén polo seu mellor partido na porteria no que vai de temporada; 2 estrelas para Alba por marcar doble e 1 estreliña para Marta polo golazo que marcou.
Liga Provincial Feminina, xornada 19
- Resultado: Espartanas FS - Concello de Ponteceso FSF (2-3)
- A.D. VILA DE PONDAL- CONCELLO DE PONTECESO FSF: Salomé, Ana, Martina, Carla e Sandra – tamén xogaron –Laura e Bea.
- Goles: 0-1.- Martina; 1-1.- Laura; 2-1.- María; 2-2.- Laura; 2-3.- Laura.
Comezou o encontro cos dous equipos á espera do que facía o rival, con calma e sen presionar arriba, pero roubando fácilmente o balón o Concello de Ponteceso, que era o que dispoñía das primeiras oportunidades da adiantarse no marcador por medio de Sandra, que manda un tiro ó pao, e Martina.
Co paso dos minutos, eran as xogadoras pontecesanas as que iban tendo o control do partido, tocando o balón e xerando máis ocasións e, nun roubo de balón de Martina no campo contrario, ela mesma quedaba soa contra a porteira coruñesa e encargábase de marcar o primeiro gol da tarde para o equipo visitante.
Despois do gol, intentaban ter máis o balón as Espartanas, que se iban achegando cada vez máis á portería rival, pero sen transformar as oportunidades que tiñan,ó igual que as pondalianas, que non se encerraron atrás e tiveron máis oportunidades para aumentar a vantaxe, como outro tiro de Sandra ó pao. Pero iban ser as coruñesas as que poñerían de novo as táboas no marcador, cun tiro de falta que Salomé non logra atrapar. E, un minuto antes de que a bocina mandase ós equipos cara os vestiarios, volvían adiantarse as Espartanas con outro tiro de falta e cun extraño e incomprensible erro da meta Salomé, ó que deixaba o partido no descanso co 1-2 no luminoso.
No segundo período saíron presionando arriba as xogadoras de Barca e Curro, para non deixar saír co balón xogado ó rival e para intentar roubar o balón no campo contrario, como xa sucedera na primeira metade. Ós poucos minutos da reanudación e, tras un saque de córner, era Laura a que marcaba para as pontecesanas e volvía a empatar o encontro. Non baixou a intensidade con este gol o equipo visitante, xa que quería volver para a terra de Pondal con 3 puntos. Carla e Ana tiveron a oportunidade de volver a adiantarse no marcador, pero era outra vez Laura a que o conseguiría tras un bo saque de porta de Bea, que entrara na segunda metade no sitio de Salomé. Co 2-3 no marcador relaxouse o equipo pontecesán, no que o cansancio e os poucos cambios se iban notando máis co paso dos minutos, e eran as Espartanas as que presionaban arriba intentando roubar o balón e ocasionar perigo á portería defendida por Bea, pero ainda con esa presión, non conseguían xerar ocasións claras ante a boa defensa pondaliana.
No último minuto eran as visitantes as que puideron aumentar a distancia final, nun dous contra un de Carla e Laura contra a meta local, pero o tiro de Carla é desviado sen problemas pola porteira e así remataba o partido, co marcador 2-3 a favor do Concello de Ponteceso FSF, que sigue 6º na clasificación e cun partido menos, posto que ainda non se disputou o aprazado contra o Fisober FSF “B”.
Liga Provincial, xornada 19
- Resultado: FISOBER “B” F.S.F. - A FERVENZA “B” (0-5).
- FISOBER B: Anabel, Natalia, Inés, Tamara e Laura; tamén xogou: Noelia.
- Goles: 0-1 Andrea de Paz, 0-2 Andrea Rodríguez, (descanso), 0-3 Andrea de Paz, 0-4 Andrea Rodríguez, 0-5 Andrea de Paz.
O domingo pola mañá xogábase no Pavillón de Ponte do Porto un duelo de filiais que caeu con todo merecemento e de forma contundente para o filial de A Fervenza.
Non era o día para as do Fisober, quizais afectoulles o cambio horario, o xogar domingo de mañá, as numerosas baixas (incluída a de Paula no quencemento), a superioridade do rival, o que quedou claro foi que estiveron moi lonxe do nivel que viñan ofrecendo nas últimas semanas e volveron a irregularidade que as caracteriza.
As visitantes saían moi metidas no partido e dominando o xogo dende o primeiro momento. Así os catro minutos Andrea de Paz a que adiantaba as de Ferrolterra.
Este gol deu maior control e tranquilidade as visitantes e puxo nerviosas as locais que non eran quen de entrar no partido. Tal foi que os adestradores das da Costa víronse obrigados a pedir tempo morto mediada esta primeira metade para tentar voltear a situación.
Pero non foron quen todo seguía igual e estaba máis preto o segundo visitante que o local. Algo que sucedeu a dous para o fin desta primeira metade nunha xogada chea de rexeites na que a máis lista foi Andrea Rodríguez que facía o 0 a 2 co que se chegou o tempo de lecer.
Aos tres minutos da reanudación de novo Andrea de Paz facía o 0 a 3 que lles deu unha maior tranquilidade, se cabe, para controlar o partido. Os minutos foron pasando e nada cambiou. E así foron chegando dous novos goles visitantes. O cero a catro obra de Andrea Rodríguez e o quinto obra de novo de Andrea de Paz, co que se chegou o fin do partido.
Máis información
- O Vila de Cee protagoniza as boas novas do fútbol sala feminino.
- www.fisoberfsf.com.
- Clasificacións da Liga Provincial Feminina.
- Resultados da Liga Provincial Ferminina.
- Clasificación e Resultados da 2ª División Estatal.
Novas relacionadas
- O Fisober non puido con invito Bilbo.
- O Ponteceso FSF caíu ante o Grupo Work no único choque da fin de semana.
- Xornada sen derrotas para o fútbol sala feminino costeiro.
- O Fisober xa superou os puntos da temporada pasada.
- O Vila de Cee demostra o seu potencial ante o filial do Fisober.
- Xornada falta para o fútbol sala feminino costeiro.
- O Fisober estrea segunda volta e páxina web.
- O Villa de Cee tamén supera ao Ponteceso FSF.
- O Villa de Cee alcanza xa ao Fisober B.
- E Murphi segue xogando contra o Fisober.
- De charla e torneo coas xogadoras do Ponteceso FSF.
- Os Penélopes fanse co Maratón Solidario 3×3 da Cherinkas.
- E Murphi segue xogando contra o Fisober.
- O filial do Fisober esperta e vence na ponte.
- O Villa de Cee FSF acostúmase a gañar.
- O Villa de Cee xa sabe o que e gañar.
- O Ponteceso FSF leva o derbi por goleada.
- O Fisober estreou o Pavillón de Dumbría con vitoria.
- O Concello de Ponteceso FSF quedou cun sabor agridoce.
- Semana feliz para a familia Fisober.
- O primeiro derbi oficial entre Fisober B e Vila de Cee queda en Vimianzo.
- Dúas derrotas e unha vitoria foi o balance da xornada no fútbol sala feminino.
- O Ponteceso FSF arrinca a campaña líder.
- O Fisober arrinca solventando a súa conta pendente: gañar na casa.
- O Ponteceso FSF arrinca un novo curso tras unha durísima pretemporada.
- O Fisober xa quece motores ca Copa Xunta e os amigables do filial.
- O Villa de Cee Novo equipo de futbol sala Feminino.
- As infantís do Ponteceso FSF pechan un ano completo.
- O Ponteceso FSF pecha un ano moi Íntegro.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).
- Notas de prensa do Fisober, do Vila de Cee e do Ponteceso FSF.