O Volei Dumbría quedou aos pés das Semis do Campionato de España
Gran papel do equipo de Voleibol Dumbría cadete nesta segunda fase do campionato de España cadete que se celebrou en Castellón. O cadro costeiro estivo a piques de meterse nas semifinais pero o average foi unha lacra para os nosos. Finalmente quedou nun máis que meritoio 8º posto.
Os dumbrieses conseguiron pasar segundos de grupo á segunda fase, confirmando a súa presenza entre os doce mellores equipos do nacional. Tras a derrota inicial ante o Cajamar CVPA A almeriense por 3 sets a 0 (25-19/25-15/25-19), os da Costa da Morte reaccionaron a tempo para superar en outros tres parciais ao Tarragona SPSP 2017 (25-18/25-10/25-23) e así chegar ao segundo día de competición con opcións de meterse entre os mellores do país.
Un obxectivo que se cumpría na mañá do xoves, cando os galegos vencían con moita confianza ao equipo soriano para empezar a pelexar polas eliminatorias esa mesma tarde ante o San Benito.
A aplicación e o carácter dos galegos non foi suficiente nese partido, e a pesar de lograr a fazaña de remontar un 2-0 en contra (25-19/25-22/22-25/19-25), a sorte non os acompañou nun igualado quinto set que finalmente caeu do lado dos estremeños por 15 a 12. Pero lonxe de renderse os rapaces do Dumbría dobraron esforzos ao día seguinte para vencer ao CV Andorra (que á postre sería o subcampión nacional) nun axustado encontro que se resolveu en catro sets (24-26/25-14/25-22/25-22).
Esta gran vitoria dos galegos complicou as contas do grupo, provocando un triple empate no que o Voleibol Dumbría quedaría por apenas un set fóra das semifinais do Campionato de España celebrado en Castellón.
Xa na Fase Final, loitando pola mellor posición entre a quinta e a oitava, os dumbrieses sufriron o desgaste ante Elche, e logo de adiantarse cun 2-0 a favor terminaron por ceder ante os alacantinos no tie break (25-18/27-25/20-25/18-25/10-15).
Na tarde do sábado os coruñeses remataban a súa participación cunha derrota en tres sets ante o Voleadores Cieza, que non ensombreceu a gran actuación do Voleibol Dumbría no nacional nin a ledicia por esa encomiable oitava posición.
Novas relacionadas
- O Volei Dumbría loita polos postos de honra no Campionato de España.
- Doble bronce nos Campionatos Galegos para os peques do Manuela Rial.
- O peques do Manuela Rial, ao Campionato Provincial e Galego de Volei.
- Os cadetes do Volei Dumbría quedaron ás portas do título de Campións Galegos.
- Un bronce con acento costeiro no Campionato de España de Seleccións de Voleibol.
- Un Campionato de España moi real para os 5 xogadores do Volei Dumbría.
- 5 xogadores do Volei Dumbría á Selección Galega.
- O Manuela Rial, doble campión intercomarcal e segundo no Campionato Galego Infantil.
- O Volei Dumbría, 4º no Campionato Galego Xuvenil.
- O Volei Dumbría remata a Liga Galega cun pleno de vitorias.
- Os equipos femininos de volei colleitan unha doble derrota.
- Os Cadetes do Volei Dumbría xa saben o que é perder.
- Tercera semana de vitorias para o Volei Dumbría e varios xogadores convocados ca Selección Galega.
- Novo pleno de vitorias da familia do Volei Dumbría.
- Pleno de vitorias na Liga Galega para a familia do Volei Dumbría.
- Empate nos derbis entre o Volei Dumbría e o Xiria.
- As infantís do Manuela Rial pegan un salto.
- Os peques do Manuela Rial comezaron as ligas con vitorias.
- O Volei Dumbría empeza o 2014 con 2 vitorias e 2 derrotas.
- Os cadetes do Volei Dumbría despiden o ano como líderes da Liga Galega.
- Os líderes puideron cos equipos do Volei Dumbría.
- O Volei Xiria estrea web cando remata a xeira das infantís do Dumbría.
- O Volei Dumbría mantén a xeira e celebra a convocatoria de 13 xogadores á Selección Galega.
- Tres de catro para o Volei Dumbría.
- 6 de 6 para o Volei Dumbría.
- Pleno de vitorias para o Volei costeiro.
- As infantís do Manuela Rial xa saben o que é gañar.
- As infantís do Volei Dumbría atáscanse ao final.
- Unha vitoria e unha derrota na primeira viaxe do curso para o Volei Dumbría.
- O novo pavillón deu sorte aos equipos do Volei Dumbría no debut nas Ligas Galegas.
- O Volei Dumbría estrea temporada e pavillón.
- A bitácora da semana (CCXXVIII): O blog do Voleibol Dumbría.
- Dumbría xa é potencia en Volei Praia.
- 5 costeiros raiaron a gran nivel coa Selección Galega en Valladolid.
- Os cadetes do Volei Dumbría, entre os 15 mellores equipos de España.