Os cadetes do Voleibol Dumbría arrincan con mal pé o Campionato de España en Cuenca
O equipo cadete masculino do Voleibol Dumbría xa se atopa na cidade manchega de Cuenca para disputar o Campionato de España cadete de voleibol durante os días 17 ao 21 de xuño, tras terse proclamado Campión Galego o pasado día 17 de maio en Lugo.
O equipo dá Costa da Morte está encadrado no grupo E, e os seus rivais serán o CEIP A Fuensanta (Andalucía), o CV Xativa (Comunidade Valenciana) e AD Don Benito (Estremadura). Os nosos xa disoputaron dous partidos, con mala sorte, pois caeron 3-1 ante o D. Benito e 1-3 ante o Xátiva. Para o día 18 quedará o partido contra os malagueños da Fuensanta ás 12:00 h.
Os 2 primeiros de cada grupo pasarán a pelexar polos postos do 1 ao 12, mentres que os 2 restantes farano do 13 ao 24, que será o caso dos nosos xogadores. Ese será precisamente o primeiro obxectivo que se marcan os xogadores dumbrieses, o de ocupar unha das 2 primeiras prazas do grupo que lle permitan seguir competindo cos mellores do panorama nacional.
Este será o cuarto Campionato de España consecutivo que afronta o conxunto dumbriés, e o quinto na súa curta historia, polo que empeza a ser un dos fixos neste tipo de competicións.
O equipo dirixido por Luís Alberto Fernández e Gurutz Larrañaga estará formado polos seguintes xogadores: Unai Larrañaga, Marco Lado, Alberto Sampedro, Manuel Costa, Juan Bautista Marcote, Pedro Hermida, Adrián Garea, Samuel Sambade e Xabier Larrañaga.
Crónicas da temporada
- O Volei Dumbría proclámase Campión Galego e vai polo Campionato de España.
- Dous títulos e un subcampionato para o Manuela Rial nos Comarcais de Volei.
- O Manuela Rial colleu experiencia no Campionato Galego para afrontar o asalto o ano que vén.
- 3 costeiros fixeron historia ca Selección Galega no Campionato de España de Volei.
- Tres xogadores do Volei Dumbría, ca Selección Galega no Campionato de España.
- Rematan as Ligas regulares do Volei Dumbría con dous clasificados para as Fases Finais.
- Dúas vitorias dos seniors nunha xornada repleta colocan ao Volei Dumbría na 3ª praza.
- Os Xuvenís do Volei Dumbría alónxanse do Campionato Galego.
- Os cadetes do Voleibol Dumbría aseguran a fase final do galego.
- Os Cadetes do Volei Dumbría case aseguran unha praza no Campionato Galego.
- As cadetes manteñen o tipo do Volei Dumbría.
- A Selección Galega de Volei, no Conco e con acento costeiro.
- Os Sénior do Volei Dumbría volveron de Lugo cunha vitoria ante un histórico.
- A gripe pode cos cadetes do Volei Dumbría.
- Os Sénior e os Cadetes manteñen o ritmo do Volei Dumbría.
- Os cadetes do Volei Dumbría seguen na loita.
- Os cadetes do Volei Dumbría seguen competindo cos mellores da Liga Galega.
- Mala xornada para os equipos femeninos do Volei Dumbría.
- A baixa de Manuel Marcote mingua o poderío do Volei Dumbría.
- Xornada curta e mala para o Volei Dumbría.
- Os Sénior do Volei Dumbría tamén saben perder.
- 4 vitorias claras e unha derrota disputada para a familia do Volei Dumbría.
- Os Sénior do Volei Dumbría estréanse en casa con vitoria.
- O Volei Dumbría segue sumando vitorias.
- Histórico debut, con vitoria, dos Sénior do do Voleibol Dumbría.
- Os equipos de base preparan o camiño para o histórico debut dos Sénior do Volei Dumbría.
- O Volei Dumbría estrea equipo Sénior.
- Un internacional e un título autonómico para a familia do Volei Dumbría.
- A praia do Ézaro servíu de colofón para os campións galegos de Volei Praia.
- O Ézaro foi o centro do Volei Praia de toda España.
- O equipo sub-17 do Volei Dumbría vence a 2ª proba do Campionato Galego.
- O Volei Dumbría quedou aos pés das Semis do Campionato de España.
- Un bronce con acento costeiro no Campionato de España de Seleccións de Voleibol.
- Un Campionato de España moi real para os 5 xogadores do Volei Dumbría.
Fonte
- Volei Dumbría.