Preferente: Xornada de malas saídas

Non sabemos se tiñan a cabeza no Entroido dominical de Dumbría ou Santa Comba, pero a realidade é que a xornada 24 da Preferente - Senra Sport foi malísima para os intereses dos equipos costeiros. Tiñan dúas saídas distintas, antes o líder e ante o pechacancelas, pero o resultado foi o mesmo.

Escairón - Xallas StComba (3-1)

  • XSC: Vicente, Rubén Forján (Choco,m in.56), Oscarín, Cristian (Alberto, min.46), Aarón, Joshi (Marcos, min.70), Doro, Jesús, Kevin, Vía Rápida e Pablo Baña (César, min.85).
  • Goles: 0-1, min.15: Vía Rápida; 1-1, min.16; 2-1, min.20; 3-1, min.55.

Dura derrota do cadro xalleiro ante o que era pechacancelas da competición. Os de Coméndez comezaron mandndo, dominando a posesión de balón e chegando a área en varias ocasións. De feito, nunha delas Vía controla no pico da área, recorta e tira o pau longo anotando o primeiro gol. Pero en 2 minutos, os locais remontan o partido cun remate de cabeza no segundo pau á saída dun córner e un centro desde tres cuartos no que Vicente non está acertado.

Corrían apenas 20 minutos e o XSC pasara de poñerse por diante a ir por debaixo no marcador. Non se recuperou e o primeiro remtou sen inquedanzas. e o terceiro gol e unha perdida de balón na frontal

Negreira - Dumbría (3-1)

  • DUMBRÍA: Iván, David (Isma, min.60), Bryan, Pablo Conde, Jose; Aarón, Jesús (Adrián Nieto, min.55), Diego Cespón, Adrián Alcaina (Kevin, min.44), Darío (Marcote, min.55) e Adrián Makaay.
  • Goles: 0-1, min.5: Adrián Makaay; 1-1, min.47; 2-1, min.55; 3-1, min.88.
  • Expulsión: o dumbriés Aarón no min.44.

Non puido o Dumbría de Canosa ante o líder, nun partido cun guión moi semellante ao dos xalleiros. O Negreira foi moito rival para un equipo cheo de novas promesas, como Adrián Alcaina ou Marcote, que van collendo minutos de experiencia na categoría. O Dumbría comezou moi ben e aguantou ao poderoso líder mentres as forzas estiveron igualadas. De feito, Adrián Makaay metía por diante aos de Canosa, que estiveron todo o primeiro tempo por diante no marcador, aguantando atrás o dominio e as ocasións dos locais.

Pero a expulsión de Aarón antes do descanso foi demasiado lastre para os dumbrieses. Saíu dos vestiarios o Negreira como un ciclón e en apenas 10 minutos xa lle dera a volta ao marcador. Non puido sentenciar e o Dumbría estivo metido no partido ante o último suspiro, cando marcaba o terceiro o Negreira.

Crónicas de Preferente – Senra Sport

Crónicas da semana

Novas relacionadas

Máis información

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).