Preferente: Xornada de malas saídas
Non sabemos se tiñan a cabeza no Entroido dominical de Dumbría ou Santa Comba, pero a realidade é que a xornada 24 da Preferente - Senra Sport foi malísima para os intereses dos equipos costeiros. Tiñan dúas saídas distintas, antes o líder e ante o pechacancelas, pero o resultado foi o mesmo.
Escairón - Xallas StComba (3-1)
- XSC: Vicente, Rubén Forján (Choco,m in.56), Oscarín, Cristian (Alberto, min.46), Aarón, Joshi (Marcos, min.70), Doro, Jesús, Kevin, Vía Rápida e Pablo Baña (César, min.85).
- Goles: 0-1, min.15: Vía Rápida; 1-1, min.16; 2-1, min.20; 3-1, min.55.
Dura derrota do cadro xalleiro ante o que era pechacancelas da competición. Os de Coméndez comezaron mandndo, dominando a posesión de balón e chegando a área en varias ocasións. De feito, nunha delas Vía controla no pico da área, recorta e tira o pau longo anotando o primeiro gol. Pero en 2 minutos, os locais remontan o partido cun remate de cabeza no segundo pau á saída dun córner e un centro desde tres cuartos no que Vicente non está acertado.
Corrían apenas 20 minutos e o XSC pasara de poñerse por diante a ir por debaixo no marcador. Non se recuperou e o primeiro remtou sen inquedanzas. e o terceiro gol e unha perdida de balón na frontal
Negreira - Dumbría (3-1)
- DUMBRÍA: Iván, David (Isma, min.60), Bryan, Pablo Conde, Jose; Aarón, Jesús (Adrián Nieto, min.55), Diego Cespón, Adrián Alcaina (Kevin, min.44), Darío (Marcote, min.55) e Adrián Makaay.
- Goles: 0-1, min.5: Adrián Makaay; 1-1, min.47; 2-1, min.55; 3-1, min.88.
- Expulsión: o dumbriés Aarón no min.44.
Non puido o Dumbría de Canosa ante o líder, nun partido cun guión moi semellante ao dos xalleiros. O Negreira foi moito rival para un equipo cheo de novas promesas, como Adrián Alcaina ou Marcote, que van collendo minutos de experiencia na categoría. O Dumbría comezou moi ben e aguantou ao poderoso líder mentres as forzas estiveron igualadas. De feito, Adrián Makaay metía por diante aos de Canosa, que estiveron todo o primeiro tempo por diante no marcador, aguantando atrás o dominio e as ocasións dos locais.
Pero a expulsión de Aarón antes do descanso foi demasiado lastre para os dumbrieses. Saíu dos vestiarios o Negreira como un ciclón e en apenas 10 minutos xa lle dera a volta ao marcador. Non puido sentenciar e o Dumbría estivo metido no partido ante o último suspiro, cando marcaba o terceiro o Negreira.
Crónicas de Preferente – Senra Sport
- X.23: Doble inxusta derrota pola mínima.
- X.22: Novo intercambio de posicións.
- X.21: Da man vendo como escapa a zona alta.
- X.20: Metidos nun pano.
- X.19: O reforzado XSC pasa a un novo Dumbría.
- X.18: O 2015 comeza na Preferente.
- X.17: A mocidade toma o relevo de cara a 2015.
- X.16: Cambio de marcha.
- X.15: O XSC caza ao Dumbría.
- X.14: O XSC saca petróleo do Conco.
- X.13: O Dumbría métese definitivamente na loita polo ascenso.
- X.12: O Dumbría pega un salto.
- X.11: Doble premio cun importante debut.
- X.10: O XSC achégase ao Dumbría.
- X.9: Sen fortuna.
- X.8: O Dumbría despega e o XSC aterra.
- X.7: Dous empates con sabores distintos.
- X.6: Para esquecer.
- X.5: Sumando.
- X.4: Punto a punto con boas sensacións.
- X.3: Collendo posicións.
- X.2: Xornada dispar para Dumbria e XSC na Preferente.
- X.1: Arrincou a campaña oficial para Dumbría e XSC con boas sensacións.
Crónicas da semana
Novas relacionadas
- O Manuela Rial, o Muxía e o Fisterra, campións das LCFS.
- O novo local social do Sofán, unha viaxe pola historia da SD.
- 4 clubs na reunión da Asociación de Clubs do Fútbol da Cota.
- QPC entrevista a Emilio Uzal, adestrador da UD Cerqueda, líder da 3ª.
- Convocada unha reunión dos clubs do Fútbol da Costa.
- Aprétanse as táboas dos Pichichis costeiros.
- Víctor Espasandín: Coñecendo a un xalleiro na elite do fútbol español.
- O Estética Raquel mantense invicto no ecuador das Ligas de FS de Cee.
- Comezaron as obras para instalar céspede artificial en Agra da Filgueira.
- A Noite máis Solidaria do Fútbol da Costa.
- O Campo do Carreiro ou a forza dos veciños.
Máis información
- www.copadacosta.com.
- Descargar a APP do Fútbol da Costa.
- Facebook do Fútbol da Costa.
- www.futboldacosta.com.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).