mércores. 30.04.2025
El tiempo

Veteranos: Paso aberto ao San Román

Veteranos: Paso aberto ao San Román
Partido do Laxe-Dumbria-Foto-Veteranos Dumbria

Estaban, a xornada pasada, 4 equipos en 2 puntos e 6 equipos en apenas 5 puntos na 1ª División das Ligas de Veteranos. Pero a xornada 24 deparou uns resultados que deixan de lider en solitario ao San Román. Un San Román que superaba un dos escollos da temporada, o sempre perigoso Soneira, malia que este curso non estea tan fino. Vencía 0-1 no Municipal vimiancés e estiraba a súa renda sobre o resto de candidatos ao título.

I é que o resto tropezaron. Tropezou o Coristanco, que pareceu sufrir mal de alturas pois tomaba o mando a semana pasada, pero esta caía ante o Zas en casa por 2-3. Quedan os verdes a 3 puntos do líder, cando quedan 6 xornadas para o remate.

Tropezou tamén o Milagrosa, que non pasou do empate a 2 en casa, quedando a 4 do San Román, pero cun partido máis que o líder.. A 5 puntos queda o Hosgran, ao que lle tocaba descansar.

E outro que case que se baixa da pelexa foi o Dumbría, que tiña unha boa ocasión para escadar posicións, pero perdía en Laxe por 3-2, quedando así a 7 puntos, empatado cun San Lorenzo que tampouco pasaba do empate en Baio.

Anímase a cousa por abaixo

Por abaixo, 3 equipos xóganse as castañas e esta fin de semana foi importante. Marca, a día de hoxe, a salvación o Castriz, que precisamente caía ante o pechacancelas, o Xuv. Bergantiños, deixando aberta a pelexa. I é que só ten 4 puntos de marxe o cadro xalleiro sobre o bergantñán, e 2, lgo do empate do Cabana ante o Milagrosa.

A 2ª División, encauzada

Segue o Agualada ao seu na 2ª, xa con 11 puntos de vantaxe sobre o 3º, polo que ten o ascenso na man, despois de vencer ao San Isidro-Razo, o equipo que debutaba este ano e que comezaba como un tiro manténdose no liderato durante varias xornadas, pero que foi de máis a menos e anda na 7ª praza.

Seb título aínda non está decidido, si parece que o ascenso está listo. O Erbecedo ten 4 puntos menos que o Agualada, e un partido menos, polo que todo está aberto. O que parece sentenciado é o ascenso, pois ten tamén 7 puntos máis, e un partido menos, que o Corcoesto, o 3º da táboa.

Festa dos Veteranos en Malpica

Actuacion estelar do Tren da Unha na festa dos Veteranos do Malpica

O pasado sábado 7 os simpáticos Veteranos do Malpica facían unha festa, co Tren da Unha (ca aparición estelar de Fernando Couto) e o Dúo Libertad, todo dando candela musical, e con moita alegría.

A festa culminouse coa presentación deste vídeo:

Ligas dos Veteranos en www.futboldacosta.com

Novas dos Veteranos

Crónicas da semana

Novas relacionadas

Máis información

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).

Comentarios