1ª Galicia: O Baio golea e o Fisterra pesca 3 puntos en Verdillo

Este Baio é indescifrable. A semana pasada caía goleado ante o Agolada, pero esta era quen de endosar 5 tantos a un rival directo como o Praíña. Vitoria chave para o cadro de Félix que ascende á 13ª posición e deixa por debaixo a Calo e Valiño, ademais de Estrada e o pechacancelas Cruces.
Un Cruces que estreaba o seu taboleiro de puntos (si, tiña 0 puntos) ante o Dumbría… Os dumbrieses non apareceron no Camballón e perderon a posibilidade de meterse na 5ª praza.
Mala xornada tamén para a Esteirana, que pelexou pero non foi quen de roubarlle nada ao Tordoia.
No derbi semana, o Fisterra levou 3 puntos de Verdillo, nun partido no que os carballeses venderon cara a súa pel a pesar de ir perdendo 0-3 ao descanso.
Tordoia - Esteirana (3-2)
- Esteirana: MJ, Simón, Code, Samuel, Damián, Tobío, Álex Rama, Oli, Piki, Elías e Rober Pladur. Tamén: Martín Rama, Adrián, Pablo Rama, Alex Louro, Pachi, Brais Noceda, Sergio.
- Goles: 1-0, m.5: Alberto Fraga; 2-0, m.11: Abel; 2-1, m.46: en propia; 2-2, m.52: Elías; 3-2, m.78: Abel.
Fixo moitos méritos a Esteirana, sendo superiores en case todo o partido, pero acabou sucumbindo pola pegada e eficacia do rival. Non saíu ben o cadro de Néstor, e o Tordoia de Nando Muíño aproveitaba para colocarse 2-0 en apenas 10 minutos. Tardaba en reaccionar o cadro esteirán, pero pouco a pouco íase metendo no partido.
Saía como un ciclón a Esteirana na segunda, e en apenas 7 minutos conseguía empatar. Seguiron sendo poseedores da pelota en toda a segunda metade, tendo ocasións de sobra para poñerse por diante, e mesmo pedindo 2 penas máximas que o colexiado non considerou. Pero nunha xogada illada, Abel dende a frontal demostraba a pegada do Tordoia e colocaba un 3-2, que xa foi insalvable.
“Creo que o fútbol foi inxusto con nós”, considera Néstor, que valora o traballo dos seus pupilos, pero entende que o “fútbol decídese nas áreas”.
Baio - Praíña (5-0)

- Baio: Iván Fraga, Costiña, Norberto; Pazos, Chechi, Dani, Damián, Antelo, Bieito, MC e Josiño. Tamén: Javi Souto, Bruno, Diego Santancier, Porty, Alex Muóiño, Guille Botas e Guille Eiroa.
- Goles: 1-0, m.9: Chechi; 2-0, m.17: Costiña; 3-0, m.21: Chechi; 4-0, m.44: Chechi; 5-0, m.50: MC.
Impresionante o CD Baio, que por fin, despois de 7 meses de competición, demostrou o seu nivel individual e colectivo como equipo de facto de 1ª Autonómica. Os de Félix foron un vendabal de xovo, asumindo o mando dende o comezo do partido, sometendo ao rival con posesión de balón e chegadas continuas, e contando ademais, co factor eficacia e unha pizca de sorte que acompaña cando estás predisposto a querer facer as cousas ben. En 20 minutos o partido estaba sentenciado, e Chechi completaba o seu triplete antes do descanso. MC non faltaba á súa cita co gol ao comezo da segunda.

San Lorenzo - Fisterra (2-3)
- San Lorenzo: Diego Ceca, Manuel Mato, Samuel, Lucho, Costa, Pablo Garrido, Iago López, Riki Alex Taibo, Diego Varela, Juanjo. Tamén: Raúl, Mateo Canedo, Alberto Campos, David, Hugo Canedo.
- Fisterra: Joselu, Colombia, Breixo, Maikel Mouzo, Jano, Lobelos, Rubén, Esteban Capelo, Adrián Makaay, Isaac Fábregas e Estévez. Tamén: Luis, Juan Lagoa, Juan Trillo, Andrés Vigo, Aarón, Marcote e Guille.
- Goles: 0-1, m.25: Adrián Makaay peitea Esteban Capelo; 0-2, m.36: Isaac Fábregas marca no man a man tras roubo e pase de Makaay; 0-3, m.37: Isaac Fábregas volve definir no man a man a pase de Breixo; 1-3 m.62: Juanjo; 2-3, m.72: Juanjo.
Foi o vento protagonista en Verdillo, nun campo que aguantou ben a auga. Co vento a favor o Fisterra foi superior, e soubo aproveitar os erros da defensa carballesa. Adrián Maakay marraba un balón a porta baleira, pero nun córner de Capelo, Makaay peitea, toca nun defensa e se cola.
O partido seguía igualado e mesmo o San Lorenzo tivo dúas xogadas consecutivas, nun balón e nun córner que salva Joselu. Pero nun erro na saída do balón, rouba Makaay e lanza a Isaac que marca un segundo tanto que facía moito dano ao cadro local. Tanto que recibía o terceirono minuto seguinte.
Cambiou o conto na segunda. O San Lorenzo, co vento a favor, foi máis incisivo, con varias chegadas. Tiña tamén o Fisterra algunha para mataar o partido, como unha Estévez ao que se lle escapaba o balón, unha de Marcote… Pero era Juanjo o que recurtaba e pouco despois facía un 2-3 que deixaba o partido absolutamente aberto. A inercia levaba ao cadro de Lapido cara arriba, colgando balóns e buscando un empate que non deu chegado, sobre todo nunha xogada que saca Joselu co pé coa axuda dun defensa.
Cruces - Dumbría (0-0)
- Dumbría: Carlos, Samuel Quintáns, Pablo Paz, Dani, Kanario, Mario, Raúl, Lucas Toba, Mataso, Baba e Alex Sánchez. Tamén; Anxo, Alex Sendón,; Rivi, Alex e Xián.
Non compareceu o Dumbría no Camballón, e deixouse dous puntos moi importantes, permitindo que o cadro local sumase o seu primeiro punto da temporada…
CRÓNICAS DA 1ª GALICIA
- X.22: O Dumbría fica cos de arriba.
- X.21: O Dumbría asaltou Ara Solis.
- X.20: O Baio fai saltar as quinielas e a Esteirana supera ao San Lorenzo.
- X.19: A pegada do Fisterra supera á Esteirana.
- X.18: O San Lorenzo rompe a súa mala serie.
- X.17: Remontada épica do Fisterra para abrir o curso.
- X.16: Acabando o 2023 na metade da táboa.
- X.15: O Fisterra confirma a súa melloría.
- X.14: 4 vitorias costeiras baixo a chuvia.
- X.13: O Baio frea ao San Lorenzo.
- X.12: O San Lorenzo supera a dimisión de Dani Casal.
- X.11: Os poderosos baten cos equipos costeiros.
- X.10: Só un punto en 4 partidos.
- X.9: Así foi a case completa xornada de Defuntos no Fútbol costeiro.
- X.8: Dúas vitorias, un empate e dúas duras derrotas.
- X.7: O Baio deixa escapar puntos importantes mentres os tres da zona alta suman de 3 en 3.
- X.6: O San Lorenzo tamén pode co Fisterra.
- X.5: Este San Lorenzo vai en serio.
- X.4: O Dumbría pega primeiro.
- X.3: O San Lorenzo mantense no alto cun Puebla que presentou a súa candidatura en Ara Solis.
- X.2: Fisterra e San Lorenzo suman e seguen.
- X.1: Arrincou a nova tempada con 3 vitorias e 2 derrotas.