Domingo. 28.04.2024
El tiempo

2ª Galicia: Dúas loitas aínda moi abertas

Monte Louro-Corme-FotoEdu Olveira 1
Monte Louro-Corme-Foto- Edu Olveira
2ª Galicia: Dúas loitas aínda moi abertas

Con apenas 7 partidos por diante, parece que o Castriz ten a liga no peto. 11 puntos xa (5 vitorias máis que os dous rivais máis próximos) ten o cadro de Miguel Chouza que conta os días para cantar o alirón.

Pero van quedar dúas pelexas bonitas, unha polo playoff e outra por evitar o descenso directo.

Na primeira o Porteño recurtaba 3 puntos ante o Mazaricos para buscar quedar o máis arriba e ter vantaxe en caso de empate. Completan esas 4 prazas o Muxía, coa frecha para abaixo tralo seu terceiro partido sen gañar, e un Outes con ela para arriba, que sumaba a súa 3ª vitoria seguida.
Terá que remar aí o Ponteceso, xa o fixo de feito gañando a todo un Muxía, para intentar meterse nesa pelexa, igual que o Corme.

Por abaixo a cousa está dura tamén. Os 4 de abaixo manteñen unha loita fraticida por evitar as dúas prazas de descenso directo. O Camelle teno moi complicado, pero Muros, Baíñas e Volantes van protagonizar unha fermosa batalla. A semana gañaba o Muros, nesta era o Baíñas o que vencía ao propio cadro muradán.

Mazaricos - Porteño (2-3)

  • Mazaricos: Ángel, José Angel, Fran Pose, Luís Mayán, Brais, Pereiro, Marcos, Iago, Sandelo, Kevin, Molinos. Tamén: Rachón, Borja, Raúl e Sanchiño.
  • Porteño: José, Darío, Pejo, Pablo, Brais, Mayor (Miguel), Joseba, Nico, Saviola, Alan e Manoliño (Jairo).
  • Goles: 0-1, m.14: Joseba; 1-1, m.20: Iago; 1-2, m.38: Saviola; 1-3, m.44: Alan; 2-3, m.90: Rachón.

Mazaricos-Porteno

Partidazo o vivido no Peña do Ouro, bonito para o afeccionado a pesar da borraxeira e o vento. Saía o Mazaricos ben forte, e Chiki ten dúas ocasións e nunha responde Jose e na segunda marcha fóra. Os de Cousillas saían ben armados atrás, moi xuntiños, souberon aguantar e cando tiñan o balón aguantaban ben. Os locais tiñan posesión os locais, pero non eran quen de traspasar liñas. Adiantábase o cadro visitante, pero reaccionaba o cadro local. No útimo treito da primeira metade, Saviola e Alan daban dous goles certificando o bo facer, e a eficacia, dos visitantes. Os locais protestaron que nunha xogada de gol era o propio colexiado o que cortaba un balón a Marcos.

Na segunda o Mazaricos seguía dominando e pesar do bo facer dos visitantes, que ademais xogaban co tempo do partido e fozaban moitas perdas de tempo, tiña algunhas ocasións como as de Kevin, Marcos, ou Sanchiño, que tiraba por riba en boca de gol. Xa no desconto marcaba Rachón, e os amarelos aínda tiveron unha ocasión máis, tras un tiro de falta de Rachón que para Jose e o rexeite remacha Sandelo fóra.

Ponteceso - Muxía (2-1)

  • Ponteceso: Samuel, Eloy Trigo, Pedro, David Castro, Javi Souro, Ángel, Mendieta, Martín Puente, Iván Rod., Eloy Álvarez e Neira. Tamén: Damián, Juan Rey, Alberto Recarey e Ures.
  • Muxía: Domingo, Anxo, Michael, Gusa, Congui, Víctr Alcaina, Kevin Carballo, Baamil, Mauro, Manu Martínez e Manu Nogueira. Tamén: Ángel, Mateo, Hugo, Darío e Iago Muíño.
  • Goles: 0-1, m.26: Manu Nogueira e cabeza tras un saque de banda prolongado; 1-1, m.70: Martín Puente de penalti; 1-2, m.90: Martín Puente.

Bo partido no Pinguel entre un Muxía que saía cun 1-3-4-3 en rombo e levaba a iniciativa; ante un Ponteceso con un 1-4-1-4-1 que trataba de aguantar o empuxe dos Corviños que se acercaban con máis perigo á meta contraria. Froito desa iniciativa e de ese empuxe conseguirían poñerse por diante. Ben poideron aumentar a conta os visitantes ante un Ponteceso que tardou en reaccionar a ese gol. Os muxiáns completaron unha gran primeira metade e merecían algo máis de renda ao descanso

Na segunda o Ponteceso cambiou o sistema pasando a un 1-3-5-2 que sorprendiu ao Muxía. Neira case ao principio da segunda parte quedou un man a man con José Domingo que este resolviu de maneira maxistal. Os locais levaban o peso de encontro e a base de corners e algún que outro disparo dende fóra da área ben merecían un empate, que chegaría a 20 do final, tras un penalti cometido sobre Mendieta que transforma Puente.
Tirou de orgullo o Muxía e recuperou metros, pero sen ocasións claras. E xa no desconto, chegaba unha doble acción que determinaba o partido. Manu Nogueira deixaba cun pase excelso só a Mauro, pero o colexiado sinalaba un protestado fóra de xogo. Á volta da xogada, Martín Puente fíxose cun balón levando ata tres xogadores rivais e conseguindo marcarlle o porteiro na súa saída para deliro dos siareiros locais.

A peor nova para os muxiáns, a lesión de Congui, ao que todos lle envían (-mos) un alento de forza.

Camariñas - Castriz (1-6)

  • Camariñas: Jorge (Pablo), Víctor, Camaño (Manuel), Oliver (Julián), Moriño, David (Hugo), Roi, Soule, Mario e Djibril.
  • Castriz: Coke, Fabián, Elvis, Samuel, Anxo, Piñeiro, Adrián García, Sebas, Alberto Mata, Pastoriza, Braulio. Tamén: Noli, Álvaro, Iván Facal, Darí Capelo, Marcos Mouro.
  • Gol: 0-1, m.40: Braulio a pase de Mata; 0-2, m.43: Adrián García; 0-3, m.50: Sebas de penalti; 0-3, m.68: Adrián García; 0-5, m.71: Braulio; 0-6, m.6: Álvaro;

Partido igualado na primeira parte, cunha afección entregada ao cadro local con moitas gañas de darlle candela ao coco da categoría. O Castriz avisaba cun balón ao longueiro, pero o Camariñas foise metendo no partido e avisando por medio de Djibril e Mario. O partido volvíase algo bronco e entre rifa e rifa o Castriz colaba dous tantos ao fío do descanso.

Saíron os locais fortes, pero un penalti protestado aos 5 minutos acabou de romper o partido. O Camariñas desapareceu o Castriz xogou a pracer.

SD Castriz celebrando unha nova vitoria+
SD Castriz celebrando unha nova vitoria

Cee - Cabana (3-4)

  • Cee: Yago, Oreiro, Jonathan, Borja, Iago Trillo, Bujeiro, Coté, Bruno, Eze e Moha. Tamén: Isaías, Noe, Rober, Carlos.
  • Cabana: Manu Nantón, David Rey, Mario, Aarón, Ferreiro, Micki Pose, Nando Rey, Simón, Pablo Pose, Diego Méndez, Manuel Romero. Tamén: Kelyan, Miguel, Roi, Iván Rey e Christian.
  • Goles: 0-1, m.4: Manuel Romero; 1-1, m.26: Eze define no man a man; 2-1, m.31: Bruno aproveita un rexeite tras un córner; 3-1, m.44: Anxo aproveita unha indecisión entre porteiro e defensa tras un pase longo de Eze; 3-2, m.58: Pablo Pose; 3-3, m.89: Nando Rey; 3-4, m.90: Miguel.

Partido de tolos o vivido no San Paio de Refoxos, con multitude ocasións para os dous equipos xa dende o comezo. Comezou pegando o Cabana pero o Cee reaccionaba moi ben e lle daba a volta ao marcador, cos tantos de Eze, Bruno e Anxo.
Pero cambiou o conto na segunda. O Cee parece que marchou do partido e o Cabana foi percutindo. Recurtou pronto pero o Cee aínda aguantaba como podía as embestidas, ata que xa sobre o 90, marcan os cabaneses dous goles aproveitando dous erros da defensa local que cambiaron o destino dos puntos sobre o pitido final.

Camelle - Outes (1-4)

  • Camelle: Pirata; Martín (Mariño), Ruso, David V, Makareno (Tereso); Chans, Estiben, Pastelero (Gabi), Quintelo (Sergio), Pablo, Dido.
  • Outes: Dani, Jura, Adrián, Chía (Claudino), Babu, Estefan (Ryan), Ramiro (Iván), Martín, Veleiro (Pablo), Yago (Óscar) e Keko.
  • Goles: 0-1, m.37: Chía; 0-2, m.51: Yago Dosil dende fóra; 1-2, m.59: Esteban de penalti; 1-3, m.60: Yago Dosil de cabeza nun córner; 1-4, m.65: Yago Dosil de penalti cometido sobre Keko.

Partido máis igualado do que reflicte o marcador. Xogou mellor o equipo de Sergio na primeira metade, que tivo numerosas ocasións, pero segue con problemas arriba. Aparecía tamén o meta Dani en varias ocasións para salvar aos da Serra. O Outes non se adaptaba ao campo e só ao remate da primeira metade se estiraba conseguindo un gol case que na súa primeira chegada.

Pero cambiaron as tornas na segunda. Os de Alex Romero, con máis confianza e tranquilidade, dominaron o tempo do partido. Marcou pronto Yago Dosil dende a frontal, recurtarían os locais de penalti e o partido xa era un ida por volta, con ocasións nos dous bandos. O máis acertado, Yago Dosil, que sentenciaría completando así o obxectivo marcado a principio de temporada: 40 puntos. A partir de aquí, a pelexa pola promoción segue aberta.

Monte Louro - Corme (4-1)

  • Monte Louro: Pedro, Pablo, Oscar, Rodri, David Pais, Chano, Abel, Raúl, Luismi, Javi e Álvaro Fari. Tamén: Iker, Riki, Yeray, Manolo Chouza, Antón.
  • Corme: Adrián, Pailos, Eloy Villar, Dani Riegía, Teo, Martín, Borja Torrado, Rubén, Noel, Yago Isra, Tamén: Quique, Miguel, Hugo, Mauro e Xoel.
  • Goles: 1-0, m.9: Javi; 2-0, m.17: Javi; 3-0, m.37: Luismi; 4-0, m.75: Iker no man a man; 4-1, m.90: Isra.

Monte Louro-Corme-FotoEdu Olveira

Partido moi serio do Monte Louro, ante un Corme que non estivo fino. Os loureáns foron dominadores, e se adiantou pronto. Tivo o Corme os seus momentos, como un man a man co 1-0, pero o cadro local acertaba nas xogadas a balón parado, e se metían cun claro 3-0 ao descanso.

Apretaron os de Adrián Lema no comezo da segunda, pero non foron quen de recurtar.

A mellor nova no cadro local, ademais da vitoria, foi a volta de Riki, que regresaba ao céspede 3 meses despois tras moitos problemas nas costas.

riki monte louro
O sorriso de Riki na súa volta ao céspede

Volantes - Coristanco (1-1)

  • Volantes: Alex de Yi, Cerbán, Javi, Manu Teijo, Bruno, Kevin Rajoy, Adrián Abeijón, Oladipo, Anxo, Pesco, Raúl Lestón.
  • Coristanco: Rubén, Jonathan Fraga, Kevin, Belar, Javi, Sergio Lorenzo, Dani Vázquez, Ferreiro, Alex López, Casti e Regueira. Tamén: Erre e Loureiro.
  • Goles: 1-0,m .14: Kevin Rajoy; 1-1, m.92: Jonathan Fraga.

Con 11 xustos chegaba o Volantes a este choque vital, que se lle escapou no desconto.

Baíñas - Muros (1-0)

  • Baiñas: Joel, Carlos, Maikol, Manu, Raúl, Fabián, Adrián, Edu, Cristian, Kevin e Ruli. Tamén: Brandon, Marcos, Santi e Rodrigo.
  • Muros: Álvaro, Martín Dubert, Alon, Samuel, Juanchi, Púgil, Jesús, Peski, Javi Pelos, e Xabi. Tamén: Flavio, Fran, Edu, Xoel, Manu.
  • Goles: 1-0, m.60: Fabián de falta lonxana por riba do porteiro.

Mal partido do cadro muradán, que sufríu a noite sabatina, ante un Baíñas que conseguiu darlle continuidade a combinar e intentar crear por banda, e completando unha gran primeira metade. Tivo que aparecer Álvaro varias veces para imperir que as ocasións de Manu, Fabián ou Edu acabasen en gol.

Na segunda, cando parecía que estaba entrando no partido o cadro de Vinto, chegou estrano gol caído do ceo que o porteiro muradán pensaba que marchaba fóra. O Muros xa se estirara é a conta tivo algunha o Baíñas. Tamén o Muros, que pedía un penalti e que malograba unha gran ocasión por medio de Samuel para acadar o empate.

CRÓNICAS DA 2ª GALICIA

MÁIS INFO

Comentarios