2ª Galicia: O Castriz acariña o título da Liga da Costa

Os tropezos de Mazaricos e Muxía en Corme e na casa ante o Monte Louro respectivamente, deixan o camiño libre para que o Castriz se faga, máis pronto que tarde, co título da Liga da Costa. Os de Miguel Chouza superaron ao Ponteceso e suman 8 puntos máis que o Mazaricos, con 24 puntos en xogo. En calquera caso, queda aínda un choque directo na antepenúltima xornada entre rossoneros e amarelos.
Polo demais, o máis destacado da xornada foi a remontada do Muros, que chegaba tras 9 xornadas sen gañar, se atopaba 0-3 ao descanso ante o Camariñas, e conseguía unha vitoria que o alonxa dos postos de descenso directo.
Corme - Mazaricos (2-2)

- Goles: 1-0, m.19: Borja Torrado tras un saque de banda; 1-1 m.21: José Angel; 1-2, m.28: Kevin; 2-2, m.84: Noel.

Partido fermoso no Cairo, que non se decidiu ata o final. Dominou a primeira metade o Mazaricos, que se vía por debaixo no marcador pero reaccinou marcando dous tantos moi rápido e tendo ocasións como unha de Kevin ao longueiro, ou par de Marcos e Jose Ángel na liña de gol.
Na segunda arriscou o Corme, con bloque alto, tendo algunha ocasión para empatar, se ben á contra o Mazaricos puido matar o partido. Kevin mandaba ao longueiro, Moli ao pau…pero non entraba o terceiro, o Corme non decaía, mandaba un balón ao pau e o intento a balón parado ata que a 5 do final, Noel cazaba unha pelota solta e marcaba o empate.
Porteño - Camelle (4-0)

- Goles: 1-0, m.35: en propia meta a centro de Chipi; 2-0, m.48: Brais nunha xogada ensaiada de falta; 3-0, m.60: Pejo; 4-0, m.64: Chipi á saída dun córner.

Derbi descafeinado na Grixa, sen demasiado ritmo, cun dominio local que foi case interte na primeira metade. O Camelle, que non fixo un bo partido, controlada atrás e o Porteño non trenzaba demasiado malia que as xogadas en velocidade collían baixos aos visitantes. Só nun centro de Chipi se adiantaban os de Cousillas e Javi Baña nun gol en propia meta.
No segundo, os de Sergio subiron un paso adiante, chegando a ter un par de boas ocasións para empatar. Pero o segundo tanto dos locais matounos animicamente, e xa nun ida por volta, á contra sentenciaban os locais.
Coristanco - Cee (2-0)
- Goles: 1-0, m.44: Casti; 2-0, m.67: Casti.
Segue coa frecha para arriba o Coristanco de Cali, tirando de moito xuvenís, que están metendo ese plus de gañas e intensidade necesario para seguir sumando por 5º xornada seguida. O Cee apenas tivo un par de chegadas illadas de Bruno. O Coristanco adiantábase xusto antes do descanso. Xa na segunda, igualouse máis a contenda, e Bruno tivo un ma man que se marchou fóra. Pouco despois Casti facía o segundo para o cadrlo local, o que sumado á expulsion de Josiño, o partido xa non tería máis historia.
Outes - Volantes (3-2)
- Goles: 1-0, m.22: Ryan; 1-1, m.83: Pesco; 2-1, m.84: Yago; 2-2, m.86: Manu reamata unha falta de Pesco; 3-2, m.90: Pablo.
Partido cun final vibrante e emocionante. O choque arrincaba co control local, que facía dano con balóns ás costas da defensa, como aconteceu no primeiro tanto que remata Ryan unha xogada por banda. O Volantes respondía coa luva de Pesco a balón parado, e no último treito da primeira metade daba serios avisos á defensa dos de Alex Romero.
Tralo regreso dos vestiarios, os de Gus deu un paso adiante e foi a polo encontro, o que fixo que aos locais entraran certas dúbidas que finalmente propiciaron bastante precipitación na saída do balón. O control xa era dos laranxas, que chegaban con perigo constante durante moitos minutos. Reaccionaba o Outes mediada a segunda igualando o choque, pero nun erro na saída, Pesco cazaba un balón solto e define ante Dani. Quedaba pouco pero o partido estaba roto, con chegadas constantes a unha e outra área. Yago fai o 2-1 tras unha contra, pero unha falta ben executada por Pesco permite o empate de cabeza por Manu García Priegue. Rozando o desconto Pablo Tuñas fai o 3-2 definitivo despois de recoller un rexeite na área grande logrando así unha vitoria para os locais nun partido moi complexo.
Cabana - Baiñas (1-1)
- Goles: 1-0, m.2: Pablo Pose; 1-1, m.11: Fabián.
Muros - Camariñas (5-3)
- Muros: 0-1, m.34: Hugo; 0-2, m.37: Mario; 0-3, m.51: Djibril; 1-3, m.62: Xavi; 2-3, m.63: Pelos; 3-3, m.74: Dani Jurjo; 4-3, m.87: Xavi; 5-3, m.90: Jesús.
Tolemia no Eleuterio Balayo cunha remontada épica dos muradáns. Os de Vinto, que chegaban cunha serie de 9 xornadas sen gañar e mirando o descenso cada vez máis preto, víanse superados na primeira metade por un bo Camariñas, que se metía 0-3 no m.50: Pero chegou a reacción celeste.
Castriz - Ponteceso (2-0)
- Goles: 1-0, m.2: Noli; 2-0, m.45: Noli.
Resultado enganoso, moito máis reñido que un a priori claro 2-0. O Ponteceso impediu que o Castriz fixese o seu xogo, presionando moi ben e maniatando as mellores armas dos xalleiros. Así e todo o choque se lle puña de cara aos locais cun tanto tempraneiro de Noli. O cadro de Julio Vila tivo unha media hora excepcional, poñendo certo á meta xalleira, pero unhas veces o acerto defensivo e outras a mala punteria ou fortuna nos remates fixo que esta non fose posible. O Castriz tamen conseguía sair na búsqueda dun segundo gol que lle dera máis tranquilidade no marcador ante un Ponteceso con dúbidas na última linea defensiva. Cando xa se chegaba o descanso chegou este segundo gol tamen obra de Noly no minuto 46 da primeira parte.
Na segunda metade, cun algún cambio táctico, o Ponteceso dominou o xogo, pero o cadro xalleiro non sufríu e si fixo máis dano á contra. Vitoria traballada deste Castriz que ten media liga no peto.
Muxía - Monte Louro (3-3)

- Goles: 0-1, m.1: Chano; 1-1, m.24: Congui; 2-1, m.50: Kevin; 3-1, m.53: Manu Martínez; 3-2, m.62: Chano de espuela; 3-3, m.90: Fabio.

Partido con sorpresa final tamén en Arliña. O choque arrincaba co gol de Chano para os visitantes. Pero pronto tomou o mando o cadro de Nando e Fran Toba, que comezaba a carburar, empataba e con boas fases de xogo se puideron ir por diante ao descanso, errando ata un penalti. Si o fixeron á volta dos vestarios con dous goles tempraneiros. Pero agárrase aos partidos este Monte Louro, e da man dun Chano que está nun estado de forma espectacular, os de Bibi metíanse no partido. Non estiveron ben en defensa nas xogadas a balón parado, e xa no desconto un balón colgado e tras varios rexeites, Fabio acadaba un empatiño que sabe a ouro por Louro.

CRÓNICAS DA 2ª GALICIA
- X.21: O Castriz supera unha proba de lume de Arliña.
- X.20: As vitorias de Baíñas e Volantes envorcan a zona de abaixo.
- X.19: Cabana, Monte Louro e Cee escapan da zona perigosa.
- X.18: O Castriz, máis líder tralo tropezo do Muxía en Coristanco.
- X.17: Mazaricos e Porteño tropezan.
- X.16: Os 4 primeiros fan fenda.
- X.15: Os 6 de arriba demostran o fermosa que está esta Liga da Costa.
- X.14: O Muxía calma a euforia do Mazaricos e o Castriz pecha o ano como campión de inverno.
- X.13: O Mazaricos endosa a primeira derrota ao Castriz.
- X.12: 7 equipos en 5 puntos por detrás do Castriz.
- X.11: O Castriz segue voando.
- X.10: O Castriz queda só arriba.
- X.9: Loita contra o vento.
- X.8: Mazaricos e Castriz dan un paso adiante.
- X.7: O Porteño supera o Rodeiro.
- X.6: O Porteño asalta o liderato tralo empate entre Castriz e Muxía.
- X.5: “90 minuti no Rodeiro son molto longo”.
- X.4: 2ª Galicia: Mazaricos e Castriz superan a calor de outubro.
- X.3: Mazaricos, Castriz e Monte Louro avisan.
- X.2: 2ª Galicia: Só 4 equipos suman a segunda vitoria.
- X.1: 2ª Galicia: Comezou unha nova e trepidante Liga da Costa.