FUTFEM: Corme, Dumbría e Muxía manteñen a puxa aberta

Repasamos a xornada da 2ª e 3ª Galega do noso fútbol feminino, no que cómpre descatar que Xallas e Cee seguen sumando na categoría de prata do futbol galego feminino, e no que Corme, Dumbría e Muxía seguen pelexando por todo na de bronce.
2ª Div. Feminina, Gr.2, xornada 18
Boa vitoria do Xallas ante o pechacancelas. As de Rupper saían controlando e Olalla facía dous tantos xa ao principio. Na segunda metade Claudia Facal faría o seu primeiro gol desta tempada coas maiores dende o punto de penalti. Non sería ata o último minuto que Inés lograría o seu gol despois dunha asistencia de Yasmina.
Tamén sumou o Cee, un puntiño na visita do Carral. Un gol de Paula Veiga tras pase de Martínr, que xa leva 13, serviu para sumar un puntiño máis, e seguir na zona morna. Un erro da zaga ceense permitiu empatar ás visitantes, e na segunda as locais dominaron e tiveron ocasións, sobre todo a balón parado, pero sen acerto.
Quedou coa mel nos beizos o cadro das Miúdas, que comezaban poñéndose por diante en Brexo Lema ata en dúas ocasións, cos tantos de Sofía e Elba. Pero na segunda, as locais impuxeron o seu poderío físico e acabaron remontando.
3ª Div. Feminina, Gr.2, xornada 17
O Corme venceu 0-6 en Outes, nun gran partido de Candela para as de Rubén Souto, e cos tantos de Cris, Lucía, Carla (3) e Nerea. As cormelás seguen líderes con 45 puntos e sen coñecer aínda a derrota, o único equipo do fútbol modesto costeiro xunto co Xallas.
Non fallou tampouco o Dumbría, que segue a 1 punto do liderato tras golear ao Bergantiños B, deixando o partido sentenciado xa na primeira media hora cos tantos de Paula Fandiño (2), Juliette. Na segunda Claudia e de novo a capi Fandi, completaban a goleada.
O Muxía sufiu algo máis para vencer ao Cerqueda e manterse a 4 das líderes. As de Dani Reixía comezaban ben colocadas e rápido se metíam con 2-0 nos primeiros 10 minutos, gracias aos tantos de Lucía e Lorena. Pero as de Congui e Isma reaccionaban e xa ao descanso o marcador reflectía un rotundo 2-4, tralos tantos de Andrea de penalti, Claudia, e os dous de Patri Romaní. O Cerqueda volvía meterse no partido ao comezo da segunda metade, co tanto de Raquel de penalti. Aí o choque estivo en vilo ata que a 5 do final, Patri Romaní facía o seu terceiro tanto e pechaba o partido.

Na 4ª posición atópase agora o Ponteceso despois de superar ao Mazaricos nun duelo de máxima igualdade. Foi un partido moi sufrido onde ambos equipos loitaron por sumar puntos pero finalmente foi o conxunto de Ponteceso quen levou para casa os tres puntos. María Senra abría pronto o marcador para as amarelas, pero sería Muíño no 34 a que facía o empate tras un saque rápido de Oanes. Antes do descanso foi clave o tanto de Myre, de cabeza á saída dun córner. Na segunda o Mazaricos de Rachón saía a por todas, pero aparecía a maxia de Oanes para ampliar a renda para as de Curro. Silvia recurtaba e deixou o partido aberto ata o final, coas amarelas empurrando e as pondalianas aguantando as embestidas.

No fermoso duelo entre Fisterra e Camariñas de Ara Solis, foron as de Fran as que levaron a vitoria. Andrea, quen se non, abríu o marcador, e Elena ampliaba a renda para as locais tras unha gran prieira metade das de Fran. María recurtaba dende os 11 metros tras forzar un penalti e deixaba o choque aberto ata o final do partido. O cadro camariñán apretou ata o final con boas ocasis para Saray, María, Paula e Elena, pero a intervencións da meta local foron fundamentais.
A sorpresa negativa dábaa o Corcubión, que volvía cunha derrota clara de Dubra, sumando a terceira consecutiva. As de Rubén Castillo chegaban con moitas baixas (11 xustas) e lles costou atoparse no campo. Na segunda tiveron mellor cara tendo o gol ao principio e aos dous minutos un pau. Xa ca defensa das locais máis atrás e unha boa actuación da sua porteira foilles imposible ás costeiras recurtar.
Pola súa banda o Cabana empataba en Noia ante o filial, nun choque equillibrado no que se adiantaban as locais. O Cabana saía máismetido na segunda, e lle daba a volta ao marcador cun lanzamento de falta de Miriam e unha boa xogada de Irene. As visitantes tiñan o partido controlado pero nún lanzamento lonxano produciuse un rexeite e o Noia asinaba o empate final.
MÁIS NOVAS DO FUTFEM
- A experiencia inmersiva das xogadoras da Selección da Costa-QPC
- A festa solidaria da FUTFEM da Costa en favor da Asoc. Galega de Ataxias
- Así quedan os e as Pichichis neste remate de 2023.
- Andrea e Aisha, as pioneiras árbitras do Fútbol da Costa.
- Guía para seguir a revolución do FUTFEM da Costa
CRÓNICAS DO FUTFEM
- X.17: Cee e Xallas recuperan o sabor da vitoria na xornada marcada polo colexiado "exhibicionista”.
- X.16: O Corme, único equipo invicto, colócase líder.
- X.15: O Dumbría remata como campioas de inverno da fermosa Liga da Costa.
- X.14: O Corme frea ao Dumbría.
- X.13: O Dumbría bate na mesa cunha goleada ao Muxía.
- X.12: O Ponteceso tropeza no Cubaleiro.
- X.11: Un derbi polo 25N.
- X.10: O Ponteceso frea ao Muxía e as 4 de arriba apretan o alto da táboa.
- X.9: O Muxía escapa.
- X.8: Corme e Muxía mediron as súas forzas.
- X.6: Xornada de vento, auga, frío e moita brega.
- X.5: A Liga da Costa Feminina está máis aberta que nunca.
- X.4: Perdendo o medo.
- X.3, 5 goles polo aniversario.
- X.2: 16 equipos collendo inercia positiva.
- X.1: FUTFEM: E comezou o curso para as costeiras.