Venres. 18.10.2019
El tiempo

A escultura arxentina de Lola Mora protagoniza o febreiro da Galería Mulleres

A escultura arxentina de Lola Mora protagoniza o febreiro da Galería Mulleres
Lola Mora na Galeria Mulleres de Muxia

A Galería Mulleres do Concello de Muxía adica o mes de febreiro a unha das artistas máis recoñecidas nos albores do século XX. A Escultora arxentina Lola Mora (Tucumán, 1867-1936), sempre envolta en polémicas pola súa vida e a súa obra, sérvenos para seguir repasando a historia do mundo contemporáneo a través de nomes de mulleres importantes.

Comeza pintando, pero logo dedícase totalmente á escultura. Fórmase coma artista en Bos Aires e traballa en Roma con Monteverde, especialista en monumentos conmemorativos. Comeza a recibir encargos para Italia, Arxentina, Australia e Rusia, por exemplo, en 1900, a Fonte das Nereidas ( Fonte de Lola Mora), para a cidade de Bos Aires. Esta obra, dende o principio é motivo de grandes polémicas pols desnudos e a sensualidade da obra, polo que foi cambiada a ubicación orixinal fronte á catedral.

Tódalas súas obras son motivo de controversia e algunhas son destruidas. Segundo Liliana Santoro (19179), “Lola Mora pode ser confrontada de igual a igual cos artistas da súa época en canto a valores profesionais, pero, ao mesmo tempo, é necesario computar no seu favor a loita sen cuartel que debeu librar contra os prexuízos que a descalificaban polo feito de ser muller, ou que lle esixían condicións de perfeción case anxelical pola única razón de dedicarse a unha vocación aparentemente destinada aos homes”.

Ao final da súa vida, Lola Mora abandoou desengañada a escultura e embarcouse en aventuras cinematográficas e mineiras nas que perdeu toda a súa fortuna ata morrer na miseria.

Lola Mora e varias das suas obras escultoricas

Galería Mulleres de Muxía

Fonte

Comentarios