Xoves. 05.08.2021
El tiempo

O alcalde de Ponteceso denuncia ao pleno para evitar que se investiguen as gravacións no seu despacho

Pleno de Ponteceso sen alcalde
O alcalde ausentouse do pleno en metade do mesmo
O alcalde de Ponteceso denuncia ao pleno para evitar que se investiguen as gravacións no seu despacho

De “surrealista” e “vergoñento” califica o voceiro do PP de Ponteceso, Daniel Garcia Cotelo, a situacion vivida no Concello esta semana dando un paso máis na esperpéntica política municipal pontecesá. Celebrouse un pleno extraordinario, convocado polo alcalde Lois Carballido, para que sexa o pleno o que nomee un avogado e un procurador que represente ao Concello ante unha denuncia presentada polo propio rexedor.

Unha denuncia coa que Carballido (que marchou no medio do pleno) leva á xustiza a aprobación por parte do pleno de tres mocións que el considera ilegais. Unha delas é a que solicitaba a creación dunha comisión de investigación para esclarecer as gravacións difundidas entre a poboación e que supostamente tiveron lugar na propia alcaldía.

“Os concelleiros da oposición tivemos hoxe que nomear a defensa do Concello só porque o alcalde non quere que se investigue a suposta presencia de cámaras ocultas na alcaldía tal e como se aprobou por maioría nun pleno”, denuncia o portavoz do PP, que asegura que “o ilegal é gravar sen permiso conversacións, non tratar de investigar a veracidade duns feitos”.

Por todo isto, e ante os últimos acontecementos, os populares piden de novo a intercesión do PSOE provincial e mesmo o rexional, que son os responsables da situación que se está vivindo no municipio. “O alcalde botou aos seus concelleiros do goberno e quedou só con dous. Así non se pode gobernar un concello e o mal está sendo para os veciños, que vén como se paralizan obras, como quedan facturas sen pagar e, agora, como teñen que pagar a defensa legal do concello por culpa do propio alcalde”, insiste o portavoz popular.

Historial surrealista de Ponteceso

comentarios