Mércores. 01.05.2024
El tiempo

O Vila de Cee protagoniza as boas novas do fútbol sala feminino

O Vila de Cee protagoniza as boas novas do fútbol sala feminino

Descansaba o Fisober da 2ª Estatal, pero mantén a súa cómoda 6ª praza na metade da táboa. Pero foi completa a xornada na Liga Provincial Feminina.

Rendía visita o segundo clasificado o filial do Fisober e a pesares das baixas mostrou un gran nivel e fixo un moi bo partido, moi compacto e solidario dende a primeira ata a última das xogadoras incluída a infantil María Lijó que voltaba a unha convocatoria do filial e axudou o equipo coma unha máis.

As que non tampouco sacaron nada positivo foron as do Concello de Ponteceso, que caían por 2-3 ante o BeArt Coruña, que se distancia aínda máis na táboa, e facendo que a brecha entre as 5 de arriba e o cadro pontecesán, o 6º, sexa xa de 10 puntos.

A boa nova da semana protagonizou o FSF Vila de Cee, que recibiu ao C.D. Mabegondo, nun partido que en principio parecia máis que asequible para as rapazas de Calabanda, pero que dou máis traballo do esperado, onde destacou unha gran actuación da porteira visitante. As ceenses contan con 4 puntos máis que as vimiancesas e quedan a 4 das pontecesás.

Liga Provincial, xornada 18

O Mabegondo ao seu paso por Cee
  • Resultado: FSF Vila de Cee - CD Mabegondo (2-0)
  • FSF VILA DE CEE: Belen, Adriana, Alba, Andrea e María. Tamén xogaron Sandra, Claudia, Marta. Raquel, Serena, Sofía e Carla.
  • Goles: 1-0: Alba; (descanso); 2-0: Andrea.

Comenzaron as rapazas de Calabanda coa baixa de Ana Trinidad, a cal foi sustituida na partida de saida por María de Dumbria, saindo así de titulares Belen na porteria, Adriana e Alba de cierre e adiantadas Andrea e María.
Comenzou dominando o xogo o FSF Vila de Cee, tendo a posesión do balón e xerando continuas ocasións de gol nas cales a converteuse coma protagonista a porteira contraria, sacando todo un repertorio de paradas. Non obstante, cara o final da primeira parte e a base de insistir, tras unha bonita xogada combinada entre as rapazas do FSF Vila de Cee Alba conseguía abrir o marcador, para así ir ó descanso un pouco máis tranquilas.

Na segunda parte o guión foi parecido, o FSF Vila de Cee, dominando e combinando ben ata marcar o 2-0 por obra de Andrea. Ainda así o Mabegondo, non se dou por perdido, e intentou dar algún que outro susto o FSF Vila de Cee, non obstante as rapazas de Calabanda souperon aplicarse e sempre foron capaces de frear as embestidas do Mabegondo.

Destacar o bo arbitraxe do partido onde o Sr. Colexiado D. Ruben García Montoiro, pasou totalmente desapercibido o cal é a mellor sinal dunha arbitraxe perfecta, deixando que as protagonistas do partido fosen as rapazas tanto do Mabegondo coma do FSF Vila de Cee.

As estrelas esta semana son, 3 para María de Dumbría, a cal recuperou a sua alegria no xogo en benficio de todo o equipo, 2 para Alba, o seu rendimiento e un pilar en defensa e marcou o primer gol, e 1 estrela para a fisterrá Andrea, golazo e infinidade de regates cunha zurda máxica.

Liag Provincial, xornada 18

  • Resultado: Concello de Ponteceso FSF - Beart 5 Coruña (2-3).
  • A.D. VILA DE PONDAL- CONCELLO DE PONTECESO FSF: Salomé, Ana, Carla, Carmen e Sandra – tamén xogaron –Laura, Zeltia e Bea.
  • Goles: Carmen a Ana para o Ponteceso.
Inxusta derrota a sufrida polo Concello de Ponteceso FSF esta fin de semana.
Comezou o partido cos dous equipos esperando a ver que facía ó outro, sen moita presión e xogando o balón con tranquilidade. A primeira ocasión do partido foi para o Ponteceso, nun tiro de Carmen, o que fixo espabilar ás coruñesas, que comezaron a subir a defensa e a presión e, nun roubo de balón, chegaba o primeiro gol do partido para as do 5 Coruña. Este gol fixo que non baixaran os brazos as pontecesanas, que se meteron no partido ,subindo a presión e non deixando saír co balón xogado ás coruñesas, o que lles creou varias ocasións de perigo. Nun par de roubos de balón de Sandra, ela e Carmen montaron unas contras nas que a piques estivo de chegar o empate. Iban pasando os minutos e as ocasións máis claras eran para as pondalianas, pero, cando mellor estaba o Ponteceso, chegou o segundo tanto do 5 Coruña tras un erro defensivo a un minuto do descanso, que mandaba ás locais tocadas ó vestiario. A segunda metade comezou con intensidade por parte dos dous equipos, xerando ocasións de gol desde o primeiro minuto. Tras un tiro ó pao do 5 Coruña, as xogadoras de Barca e Curro volveron a presionar arriba, creándolle problemas á defensa coruñesa, en un roubo de balón, Sandra monta unha xogada e, ainda que o seu disparo foi rexeitado pola porteira, Carmen collía este rechace e acortaba distancias no luminoso. As herculinas querían volver aumentar a distancia e a punto estiveron, pero os paus salvaron por dúas veces ás pondalianas. Quedaban 5 minutos para o remate do encontro e eran as de Ponteceso as que volvían a ter as ocasións máis claras. Ata que Ana, tras unha xogada combinada con Laura, facía o gol do empate. Pero os dous equipos querían os tres puntos e era o 5 Coruña o que os conseguía no último minuto, posto que a 30 minutos do final do encontro, o árbitro pitaba un penalti inexistente a favor das coruñesas, que estas non fallaban e o partido remataba co 2-3 a favor das segundas clasificadas da liga, e co enfado do equipo pontecesán polas arbitraxes sufridas nas últimas xornadas.

Liga Provincial, xornada 18

Choque do Fisober da Liga Provincial ante o Portosin
  • Resultado: PORTOSÍN – FISOBER “B” F.S.F. (3-1).
  • FISOBER B: Anabel, Paula Fandiño, Inés, Laura e Tamara ; tamén xogaron : María Lijó e Natalia.
  • Goles: 1-0: Julia, (descanso), 1-1: Inés, 2-1: Virginia, 3-1: Xulia.

A saída das do Fisober foi moi bo, e nos primeiros minutos tiveron moi boas ocasións para adiantarse no electrónico, pero erraron nos últimos metros. Nos primeiros minutos Inés e Paula Fandiño tiveron dúas ocasións cada unha para adiantar o filial, pero non foron quen.
Despois dos dez primeiros minutos as locais foron desperezándose conscientes que non podían errar se queren seguir no camiño do título e foron aparecendo as súas primeiras ocasións por parte de Julia e Judit.
Ata que a once para o fin desta primeira metade era Judit a que poñía en vantaxe as súas. Unha Judit moi activa que era a que máis perigo creaba por parte local.
Preto de rematar a primeira metade un lanzamento lonxano de Virginia topaba co pau.

Con este resultado chegouse o tempo de lecer. Na reanudación de novo un lanzamento lonxano, unha das armas do Portosín, desta vez de Nancy bicaba o pau. Pero as visitantes non se rendían e Inés erraba un man a man ante a porteira, un minuto despois a segunda non errou e cun lanzamento poñía a igualada para o Fisober.
Grandísimo traballo das xóvenes xogadoras visitantes, que co paso dos minutos comezaban a notar o esforzo. A quince para o fin era Virginia a que poñía de novo en vantaxe as súas para o dous a un. Pouco despois a capitana local Sara topouse co pau novamente e a visitante Tamara gozou dunha dobre ocasión para igualar de novo o electrónico.
Pero foi Xulia a once para o fin a que puxo o tres a un que a postre foi definitivo.
Dende aquí ata o final as visitantes loitaron por voltar a entrar non partido pero non foron capaces. De todas formas excelente traballo das pequechas do Fisober que deron a medida ante un dos equipos punteiros da categoría, deixando unha gran imaxe.

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC ([email protected]).
  • Notas de prensa do Fisober, do Vila de Cee e do Ponteceso FSF.

Comentarios