Venres. 03.05.2024
El tiempo

Eleccións #24M: 6 listas na procura da estabilidade en Vimianzo

Eleccións #24M: 6 listas na procura da estabilidade en Vimianzo

Como veñen as Eleccións Municipais deste 24 de maio 2015 por Vimianzo. Despois dunha convulsa lexislatura, cunha moción de censura fallida, de graves acusacións e numerosas visitas aos Xulgados, o BNG aspira a repetir e mesmo mellorar os 4 edís acadados en 2011 (3 colleitaron PP, PsdG e IxVim), que lle permitiron gobernar, en minoría, despois de 26 anos de alcaldía socalista, e 22 do famoso Alejandro Rodríguez Lema, antes de ser expulsado por estar imputado.

O BNG chega de novo co actual alcalde á cabeza, Manuel Antelo, se rodea da xente que leva con el nestes anos de poder, intentando acadar unha estabilidade que nin a “herencia” do ex alcalde nin a áceda oposición lle permitiu ata agora. Conta con boas espectactivas, ou así o considera trala boa afluencia á presentación do seu equipo e tralo porta a porta.

Moitas caras novas nas listas rivais, con cambios de cromos e todo. A segunda forza no 2011 foi o PP, que despois dun tempo desaparecido nomeou á nova candidata, Raquel Rodríguez Amigo. Esta arquitecta de Carnés dá o salto á política para que Vimianzo sexa noticia por cousas boas, e non con cousas “pouco teñen que ver coa vida dos veciños”. Comprometeuse ademais a presentar un proxecto que fará que o municipio inicie unha etapa de ”crecemento e benestar”.

É Mónica Rodríguez a que propón un xiro poítico no pleno vimiancés dende Independientes por Vimianzo, a lista que creou o seu tío e ex alcalde Alejandro Rodríguez cando foi expusaldo do PSOE. Cunha visión renovada e desmarcándose do seu pasado, cun proxecto principal: o desenvolvento do polígono.

Parece máis tranquilas as augas no PSdG trala convulsión pola expulsión dos dous edis que fomentaron a fallida moción de censura, un deles agora cabeza de lista do novo TEGA. O PSOE estrea candidata, Paula Mouzo, que chega cunha candidatura en positivo e sen unha visión puramente crítica.
Paula ten un equipo renovado e “comprometido” que buscará recuperar “o liderazgo comarcal que nunca debeu perder, nunha aposta polo futuro e por devolverlle ó noso Val de Soneira a centralidade comarcal que historicamente desempeñou”. Fala de proxectos mancomunados cos concllos veciños, para atopar solucións a problemas comúns: saneamento, recollida de lixo, transporte público, dotación de equipamentos sociais, política de comunicacións, política industrial e de emprego e o remate da autovía, sen esquecer os accesos ao pobo…

Son 8 ex militantes do PSOE os que formaron a nova lista de Terra Galega, precisamente con Jose Manuel Rodriguez Blanco, Roque, como candidato. Con ampla presenza en Baíñas, Roque considera que está “preparado para o reto de gobernar Vimianzo, pola miña experiencia tanto no goberno como na oposición”, pero o que non vería claro sería unha “política de pactos”.

Os últimos en aparecer en escea son os membros de Compromiso por Galicia, con Javier Miñones como primeira espada. Veñen de estrear unha sé e todo na vila coa intención de abrir as portas do Concellos aos veciños. Con moitas gañas de traballar e co compromiso de facelo pensando na mocidade, no autónomos, nos maiores, na xente en paro…


Candidatura núm.: 1. BLOQUE NACIONALISTA GALEGO-ASEMBLEAS ABERTAS (B.N.G.)

Lista do BNG de Vimianzo 2015
  • 1. MANUEL ANTELO PAZOS.
  • 2. FERNANDO MANCEBO AMIGO.
  • 3. MARÍA JOSÉ RAMOS REY.
  • 4. JOSÉ TRILLO LEMA.
  • 5. MARTA REY LEMA.
  • 6. JOSÉ ANTONIO VIDAL MIRA.
  • 7. MARÍA ÉLIDA PEQUEÑO LORENZO.
  • 8. ANSELMO RAMOS MARTÍNEZ.
  • 9. ESTEPHANIE CASTRO OANES.
  • 10. ADELA RODRÍGUEZ COSTA.
  • 11. FRANCISCO JAVIER GARCÍA POUSO.
  • 12. JAIME BLANCO ROGET.
  • 13. VIRGINIA MARTÍNEZ BLANCO.

Suplentes:

  • 1. EVARISTO PEREIRA NUÑEZ.
  • 2. CRUZ TOURIÑÁN MARTÍNEZ.
  • 3. IGNACIO POSE ANTELO.
  • 4. TAMARA QUINTANA LEMA.
  • 5. VICTOR CALZAS PEREIRO.
  • 6. VANESA PAZOS TOURÍÑÁN.
  • 7. XAQUÍN LEMA CANOSA.
  • 8. ANA MARÍA PASTORIZA ANTELO.
  • 9. JOSÉ ÁNGEL MANCEBO AMIGO.
  • 10. MARÍA JESÚS BARBEIRA POSE.

Candidatura núm.: 2. PARTIDO POPULAR (P.P.)

Lista do PP de Vimianzo 2015-Foto-Roberto Rua
  • 1. RAQUEL RODRIGUEZ AMIGO.
  • 2. MANUEL ANTELO TRILLO.
  • 3. JUAN CARLOS AMADO SAMBADE.
  • 4. EUGENIO ROMERO SENANDE.
  • 5. SONIA MARTINEZ LEMA.
  • 6. BEATRIZ LOPEZ CERNADAS.
  • 7. ALBINO VIDAL CANOSA.
  • 8. SEVERINO PAZOS REGO.
  • 9. MARIA JOSE SANTOS VAZQUEZ.
  • 10. HIPOLITO SUAREZ ROJO.
  • 11. VANESA VECINO LADO.
  • 12. DAVID DONO DOMINGUEZ.
  • 13. MARIA DEL SOL SANTOS REY.

Suplentes:

  • 1. JOSE PEREZ RODRIGUEZ.
  • 2. MARIA INMACULADA SANCHEZ TRILLO.

Candidatura núm.: 3. COMPROMISO POR GALICIA-CONCELLOS TRANSPARENTES (CxG)

Lista do CxG Vimianzo 2015
  • 1. JAVIER MIÑONES TRILLO.
  • 2. ISMAEL CERNADAS CASTRO.
  • 3. NOELIA SUAREZ POSE.
  • 4. CRISTINA PEREZ CASTIÑEIRA.
  • 5. JULIO BLANCO BRAS.
  • 6. FAUSTINO CASTRO OLVEIRA.
  • 7. MARIA DEL CARMEN MURIAS MENDEZ.
  • 8. NURIA OLVEIRA MURIAS.
  • 9. ESTIVEN LEMA MIÑONES.
  • 10. DAVID LEMA NIETO.
  • 11. SORAYA MIÑONES RAMA.
  • 12. NELSON GAVIN MARTINEZ.
  • 13. MARIA ROSARIO PIÑEIRO MAYO.

Suplentes:

  • 1. FABIAN ESMORIS LLAMAS.

Candidatura núm.: 4. TERRA GALEGA (TEGA)

Lista do TEGA Vimianzo 2015
  • 1. JOSE MANUEL RODRIGUEZ BLANCO.
  • 2. JUAN CARLOS SEOANE VAZQUEZ.
  • 3. OLGA CANOSA BAÑA.
  • 4. NAIARA ALEJANDRO SONEIRA.
  • 5. MARIA ISABEL POSE CANCELA.
  • 6. PABLO MUIÑO RAMOS.
  • 7. NANCY TRILLO NOVO.
  • 8. ESTEBAN CARBALLO VALIÑA.
  • 9. JESUS FIGUEIRAS PAIS.
  • 10. LORENA POSE GARCIA.
  • 11. MANUEL VECINO VALIÑA.
  • 12. VALENTIN VAZQUEZ SOTO.
  • 13. MARIA ISABEL INSUA LOPEZ.
  • 14. JESUS CASTIÑEIRA SUAREZ.
  • 15. MANUEL PAZOS REGO.
  • 16. MARIA SOLEMNA TRILLO INCHAURTIETA.
  • 17. FATIMA SANTOS MARTINEZ.

Candidatura núm.: 5. PARTIDO DOS SOCIALISTAS DE GALICIA- PSOE(PSdeG-PSOE) (P.S.O.E.)

Lista do PSdG de Vimianzo 2015
  • 1. PAULA MOUZO MACEIRAS.
  • 2. JOSE MARIA ROCHA RODRIGUEZ.
  • 3. JOSE ANTONIO MIÑONES RIVEIRO.
  • 4. MARIA MAGDALENA RIAL SOUTO.
  • 5. MANUEL MARTINEZ ROMERO.
  • 6. LAURA CANOSA CAMBEIRO.
  • 7. MANUEL OANES MENDEZ.
  • 8. ADRIANA LEMA PEREZ.
  • 9. JOSE CERNADAS BLANCO.
  • 10. ANA TRILLO CIBRAN.
  • 11. JUAN FRANCISCO MOUZO GONZALEZ.
  • 12. MONICA CASTIÑEIRA MOLEDO.
  • 13. SERGIO MANUEL PARGA BLANCO.

Suplentes:

  • 1. ANA ISABEL REGUEIRA RIAL.
  • 2. JULIO LEMA MIÑONES.
  • 3. JOSE MANUEL LEMA MIÑONES.

Candidatura núm.: 6. INDEPENDIENTES POR VIMIANZO (IxVIMIANZO)

Lista do IxVimianzo 2015-Foto-Roberto Rua
Comentarios