Xoves. 10.10.2024
El tiempo

O PP autoesíxese só o treito norte da Autovía

O PP autoesíxese só o treito norte da Autovía

Curiosa a circunstancia que se deu no Parlamento Galego. O propio partido partido popular presentaba unha proposición non de lei para que a Xunta leve adiante o proxecto da Autovía da Costa Morte, esa infraestrutura de 42 km que ía estar lista en 2013, pero que a día de hoxe non está nin ao 25%. Algo así como unha autoesixencia, se ben pode ser entendible sabendo que Feijoo estará en Camariñas este vindeiro sábado para o 130 aniversario da conserveira Cerdeimar, e esta clase de anuncios sempre dan un espaldarazo.

O caso é que a proposición do PP só trata de esixir á Xunta a construción do tramo Carballo-Baio, asegurando que “estará en servizo antes de que o Presidente Feijóo convoque as próximas eleccións”, ao tempo que anunciou que o tramo Baio-Berdoias “sairá adiante en canto se arranxe o financiamento”.

Acordo económico

O PP recoñecía que as obras están (e non “estiveron” como sinalan na nota de prensa) "paralizada nos últimos meses" (case 2 anos) "por problemas de financiamento da concesionaria", pero apuntou “a día de hoxe ten arranxados os seus problemas logo do acordo entre a concesionaria e as entidades financeiras”.

A oposición, sen “bonhomía política"

Era portavoz de Infraestruturas do Grupo Popular, Alejandro Gómez Alonso, o que presentou a proposición e pedía aos grupos da oposición “un exercicio de bonhomía política” (dise da Bondade natural ligada á sinxeleza nas maneiras). Pero parece que a oposición non está pola labor ao considerar a proposición demasiado curta.

O PSdG, por exemplo, votará mañá en contra, porque queren que se leve adiante todo o proxecto, non só o primeiro tramo. Parecida é a enmenda de AGE, que parece que o grupo e mais o BNG tamén votarán en contra, pedindo que se rescate a infraestrutura, unha vez que é certo que a empresa imcumplíu todos os prazos posibles.

"Esquezámonos do tramo Baio-Cee"

Así de rotunda se manifestaba a deputada socialista Marisol Soneira. “Penso que os do sur debemos esquecernos do treito Baio-Cee”, reflexiona. De feito, no debate puxeron o exemplo de Celanova, unha infraestrutura semellante, cun proceso semellante, e na que o último tramo quedou sen facer.

A eterna herdanza

Cansino xa o argumento da herdanza para explicar os prazos non cumpridos. O PP volve acusar “o importante problema herdado”, apuntando que “fixeron unha adxudicación cunha baixa temeraria do 53 por cento e a sabendas ocultaron información á Xunta de Galicia no cambio de Goberno sobre os problemas que tiña a concesionaria”.

Artigos relacionados

Novas relacionadas

Outras novas

Fonte

Comentarios