Unha marcha sen bandeiras pola Autovía da Costa da Morte
Que necesaria se faia a loita para conseguir as infraestruturas prometidas. Esta bisbarra non pode ficar inmóvil ante a parálise, xa de mais de 2 anos (dende abril de 2012), das obras da Autovía Costa da Morte. Por iso faise obrigatorio que entonemos un berro conxunto, máis alá dos grupos políticos. Faise obrigatorio que sexamos os veciños os que berremos.
Teremos a posibiliade de facelo este sábado 23 de agosto cunha Marcha Reivindicativa pola Autovía Costa da Morte. Unha Marcha, esperemos, aberta, sen bandeiras, sen cores políticas.
A Marcha Reivindicativa realizarase a través das obras paralizadas da estrada, agora tomadas pola natureza, como sucede noutras infraestruturas como o Polígono de Vimianzo. E farase en dúas etapas. A primeira será este 23 de agosto con saída ás 9:00h da mañá de Berdoias, para chegar a Baio. Haberá autobús para volver de Baio a Berdoias.
A semana seguinte realizarase o tramo entre Baio e Carballo.
Pois iso, agora só nos queda aos veciños da Costa da Morte demostrar que sabemos esixir, e unirnos nunha soa voz por un vial tan necesario como este.
Máis información
- Unha marcha entre Berdoias e Baio para reivindicar a Autovía Costa da Morte.
- Evento: Marcha Reivindicativa pola Autovía Costa da Morte.
- Unha colleita de sinaturas online para esixir o reinicio das obras da Autovía Costa da Morte.
Novas relacionadas
- 19-06-14: O BNG esixe, por enésima vez, unha solución inmediata á Autovía Costa da Morte.
- 10-03-14: Preguntando pola volta ás obras da Autovía.
- 05-05-14: A eterna promesa incumplida da Autovía Costa da Morte.
- 30-01-14: Unha colleita de sinaturas online para esixir o reinicio das obras da Autovía Costa da Morte.
- 03-12-13: A Xunta promete retomar as obras do treito Carballo-Baio da Autovía a primeiros de ano.
- 31-10-13: A Autovía volveu ao Parlamento e terá alomenos 3 anos de retraso.
- 25-10-13: A concesionaria da Autovía Costa da Morte, en creba.
- 04-10-13: O BNG pide que se anule o contrato coa concesionaria da Autovía e que a Xunta asuma un contrato de obra pública.
- 20-09-13: Os Concellos de Carballo, Vimianzo e Zas pregúntanlle á Xunta polas obras da Autovía.
- 11-09-13: O BNG denuncia a eterna parálise da Autovía Costa da Morte.
- 14-03-13: O Conselleiro ríese da Costa da Morte asegurando que a Autovía estará rematada no 2016.
- 04-03-2013: O BNG denuncia a eterna parálise da Autovía Costa da Morte.
- 05-02-13: A Xunta recoñece case un ano de parálise na Autovía Costa da Morte.
- 08-10-12: A Xunta rectifica as verbas de Hernández e insiste en que a Autovía non está paralizada.
- 26-09-12: A Xunta ratifica os retrasos na Autovía ante a falta de financiamento da empresa.
- 22-09-12: A Autovía que separa.
- 20-09-12: A Autovía da Costa da Morte non estará rematada no 2013.
- 19-09-12: Os alcaldes da Costa únense ante a paralización das obras da Autovía.
- 06-06-12: As máquinas volven á Autovía e a Xunta asegura que se cumplirán os seus prazos.
- 06-06-12: Un poboado calcolítico afogado polo asfalto.
- 24-04-12: O Conselleiro ratifica unha Autovía rematada no 2013 e sen peaxe.
- 13-04-12: Os camións da Autovía paran.
- 03-04-12: Paralizadas as obras da Autovía?.
- O BNG pide no Parlamento a supresión da peaxe da AG-55.
- Compartir coche, conexión directa da Costa da Morte co mundo.
- Renovados os horarios de Autobuses en QPC, o único espazo de información unificada.
- 01-11-11: Por fin comezaron as obras da ITV de Zas.
- 02-05-11: Manifestación pola ITV: A Costa da Morte sabe manifestarse.
- Redacción de QPC ([email protected]).