Xoves. 02.05.2024
El tiempo

As baixas merman ao Anorthosis e só o Aquacenit suma

As baixas merman ao Anorthosis e só o Aquacenit suma

Malos os resultados acadados no pasado fin de semana onde todos os equipos das categorías masculinas da familia Anorthosis xogaban fóra e só o Concello de Zas Aquacénit, que segue arrasando na 1ª Galega, acabada a vitoria.

3ª División Nacional

  • Resultado: Naronense - Anorthosis Vimianzo 5-2 (18-10)
  • Resultado: San Xoan TM - Anorthosis Vimianzo 5-2 (17-9)

En 3ª nacional non pudo dar a sorpresa o Anorthosis Vimianzo no seu dobre desprazamento a Narón e Ferrol. Sufría o equipo polas baixas de Marce por motivos persoais, e da baixa forma de Gonchi debido a unha gastroenteritis que sufriu pola semana e que o deixou sen forzas para afrontar os dificiles partidos que o esperaban. Tampouco serviu de moito o reforzo de Moncho Varela, ao que se lle notou o moito tempo de inactividade que leva.
Con este panorama, só quedaba Roi en plenas condicións e ao que como cada temporada vai baixando de rendemento, pois élle imposible entrenar durante a semana polo seu traballo de profesor de música en Viveiro e Ribeira. Con todo o nivel de xogo mostrado fai ser optimistas á familia de cara a salvar a categoría, a pesares de que outros resultados non axuden nada.

1ª División Galega. Grupo Centro

  • Resultado: Hípica Coruña - Concello de Zas Aquacenit 2-5 (8-16)
  • Resultado: Liceo Noia "C" - Concello de Zas O Gaiteiro 7-0 (21-1)

O Concello de Zas Aquacenit foi o único que acadou a vitoria ante un rival inferior, pero aínda con eso baixa un posto na clasificación xeral (agora está 3º) pois superouno o Liceo Noia "C" ao vencer ao outro equipo de Zas, o Concello de Zas O Gaiteiro por 7-0.

2ª División Galega. Grupo Centro

  • Resultado: AD Dubratambre - Construcciones Cernadas 7-0 (21-1)
  • Resultado: Liceo Casino Infantil - Concello de Zas O Pinar 5-2 (16-8)
  • Resultado: Liceo Casino Xuvenil- Concello de Zas O Pinar 7-0 (21-2)

En 2ª galega, normais as derrotas do Construcciones Cernadas ante o Dubratambre e do Concello de Zas O PInar ante o Liceo Casino Xuvenil de Vilagarcía, pero si sorprende a derrota ante o Infantil. Quizá o madrugón non lle sentou ben, o encontro celebrouse as 9'30 da maña en Vilagarcía.

2ª División Nacional Femininao

  • Resultado: Aluminios XEAL - Concello Narón 1-3 (4-9)
  • Resultado: Aluminios XEAL - Narón Femenino 1-3 (7-9)
  • Resultado: Aluminios XEAL - TDM Punto K 1-3 (0-9)
  • Resultado: Aluminios XEAL - TDM Concello Vilalba 1-3 (3-9)

De éxito podemos afirmar que resultou a concentración de 2ª femenina entre os equipos do norte e do sur. Éxito en canto a desenrolo e organización, pois claro os resultados acadados polas nosas nenas xa non decimos o mesmo, pero como estsamos en etapas de formación, tempo haberá para pedir resultados. De momento están disfrutando moitísimo da competición. Cando gañen xa diremos como se senten.

Vindeira semana

Esta fin de semana non haberá competición, hai algúns encontros que se queren adiantar pero non está nada confirmado.

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa de Estevo Lema.

Comentarios