Venres. 29.03.2024
El tiempo

COVID: O cribado de Carballo reafirma a tendencia á baixa

Cribado en Carballo
Imaxe do cribado realizado no Centro de Saúde de Carballo
COVID: O cribado de Carballo reafirma a tendencia á baixa

3.025 persoas, o 77,33% dos citados, acodiu a semana pasada ao cribado na capital de Bergantiños a persoas entre 45 e 55 anos. Un cribado miúdo, de menos do 10% da poboación carballesa, pero que deixa unhas cifras positivas, en canto saíron apenas 4 positivos, o que representa un 0,13%, e que se traduciría nunha taxa de incidencia acumulada de 130 novos casos por cada 100.000 habitantes.

Unha cifra que demostra a clara tendencia á baixa da incidencia. Por exemplo, Carballo ten hoxe 162 novos casos nos últimos 14 días, lonxe dos case 400 do pico do 28 de xaneiro, e se ben si supera a taxa de incidencia acumulada de 500 novos casos por cada 100.000 habitantes, faino por moi pouco.

Outra cifra que marca a tendencia é a cifra de novos casos totais na comarca, hoxe 392, unha cifra que non tiñamos dende Nadal.

Con esta tendencia, veremos que pasa o venres con concellos como Malpica, que hoxe xa está por debaixo desa cifra de 500 que onte marcou a Xunta para formar parte da nova desescalada.

Grafica COVID Costa da Morte febreiro 2021Datos Covid Costa da Morte 23-02-2021

Máis novas sobre o covid

Artigos relacionados

Comentarios