Imprimir

Ferroatlántica: Un novo martes ás portas do Concello de Cee

que pasa na costa | 09 de outubro de 2019

Unha nova Concentración de martes de Ferroatlántica
Unha nova Concentración de martes de Ferroatlántica

Continúa o calendario de mobilizacións do Comité de Empresa de Ferroatlántica Cee-Dumbría-CCHH. A de onte foi unha nova concentración de tarde de martes ás portas do Concello de Cee, para continuar esixindo un plan de Viabilidade e o cumprimento concesional para manter vinculadas produción hidroeléctrica e industria.

Unha concentración en defensa do Emprego nunha comarca castigada como a da Costa da Morte.

O Comité segue denunciando o silencio da Xunta, que considera que a situación non é grave, ao tempo que denuncia as fábricas xa notan as “consecuencias da venda especulativa”, funcionando con fornos rebaixados, materias primas de peor calidade…

NOVAS DO CONFLITO #FERROATLÁNTICA

Artigos relacionados

Podes ver este artigo na próxima dirección /articulo/costa-da-morte/ferroatlantica-novo-martes-portas-do-concello-cee/20191009075023113779.html


© 2019 que pasa na costa

COPYRIGHT 2019 QUE PASA NA COSTA