O resultado orzamentario

A economía pública municipal constitúe o eixo central desta columna mensual de opinión. Por iso, é habitual que se traten cuestións relativas aos presupostos, rendición de contas, impostos, gasto público e outros asuntos relacionados coa actividade económico-financeira, orzamentaria e patrimonial dos nosos concellos. As veces, tamén se emiten, aquí, xuízos de valor sobre outros temas que puideran resultar de interese a quen nos segue. Porque, en definitiva, o obxectivo deste espazo é contribuír a que a institución municipal se coñeza mellor.
Pero é moi difícil atopar datos nas diferentes webs municipais sobre a xestión das finanzas públicas. Moito se promete en campaña electoral sobre a transparencia, porque queda moi ben, pero a realidade vai por outro camiño. Tampouco existen fontes dispoñibles que publiquen datos actualizados, polo que non é doado dispoñer desa información.
Pois ben, chegados a este punto, si tivéramos que elixir unha magnitude básica, esencial, que expresara a situación orzamentaria dos nosos concellos a resposta sería sinxela: o resultado orzamentario. Pero a última información publicada desta variable refírese ao exercicio 2022, porque ata finais de marzo non se ten que aprobar a liquidación de 2023, e o resultado orzamentario forma parte da liquidación do orzamento.
O seu cálculo obtense por diferenza entre a totalidade dos dereitos recoñecidos netos (o que se vai a cobrar porque se trata de ingresos que se van a materializar seguro) e as obrigacións recoñecidas netas do exercicio (os gastos comprometidos), considerando determinados axustes técnicos (obrigacións financiadas co remanente de tesourería e desviacións de financiamento do exercicio derivadas dos gastos con financiamento afectado).
Esta magnitude é un primeiro indicador de capacidade ou solvencia financeira a curto prazo dun concello. Cando o Resultado orzamentario axustado do exercicio é positivo, perfecto. Non pasa nada. A seguir traballando. Pero cando é negativo, estaríase nunha situación financeira que debe ser analizada e corrixida, debido a que manifesta a incapacidade dos dereitos recoñecidos do exercicio para atender as obrigacións xeradas no mesmo.
E cal é a situación dos nosos concellos: satisfactoria, como se pode observar no gráfico.
A excepción é o Concello de Santa Comba, que presentou resultado orzamentario axustado negativo por importe de 535.110,51 euros.
O Concello de Carballo (3.976.691,20 euros) e o Concello de Laracha (1.491.384,25 euros) foron os que conseguiron a cifra máis elevada, polo contrario, Zas (518,17 euros) e Carnota (431,71 euros) rexistraron os resultados máis baixos pero –non perdamos a perspectiva–, acadaron o obxectivo de superávit orzamentario, que é do que se trata.
En resumo, as Corporacións Locais do anterior mandato fixeron os seus deberes no que atinxe a esta variable orzamentaria. Conseguiron que os nosos concellos (agás Santa Comba), non precisaran adoptar medidas de ingresos e gastos específicas, porque a situación non o requiriu.
Así que, agora, as persoas que teñen a responsabilidade de gobernarnos, tamén teñen a responsabilidade de continuar con esa tendencia positiva nas finanzas públicas.
- Domingo Guerra. Economista. Especialista en economía pública e política económica pola USC.
OUTROS ARTIGOS SOBRE ECONOMÍA MUNICIPAL DE DOMINGO GUERRA
- Dúas cuestións sobre a autovía AG 55 da Costa da Morte
- Continuamos perdendo poboación
- Porque nos afecta e nos importa
- Axenda de obrigas 2023
- O Cometa Haley. A rendición de contas.
- Modificación das regras fiscais. Una cuestión inaprazable
- POS + 2022.
- A Ciberseguridade.
- Estado de rendión de contas.
- Auditoría pública fronte ao fraude e a corrupción.
- Retribucións da alcaldía.
- Un maná que debemos aproveitar.
- Vacacións: non toca escribir sobre economía municipal/a>.
- Fiscalización operativa. Xa é hora.
- A morte do orzamento.
- Despois de xaneiro.
- Momento para o consenso e transparencia.
- Suspensión de regras fiscais.
- A detección de riscos na prevención da corrupción .
- Navegando na «chalana».
- As previsións do FMI
- Fraxilidade económica
- 2020, unha nova década
- Comezar de cero
- Arqueo e inventario.
- A factura electoral.
- Volver a votar.
- Autonomía fiscal.
- Auditores privados nas intervencións municipais.
- Cartos e máis cartos en bancos sen rendibilidade.
- Debemos tributar máis?.
- A Tesourería Municipal.
- Cos deberes feitos.
- Perdemos poboación.
- A conta (413) «Acredores por operacións pendentes de aplicar ao presuposto».