Piden a declaración do Castro de Corcoesto como Ben de Interese Cultural


Interesante a achega das entidades Asociación galega Petón do Lobo e Asociación ambiental Cova Crea. I é que despois de moito investigar, veñen de presentar unha solicitude á Xunta de Galicia (Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria), para a declaración como Ben de Interés Cultural (BIC) do Castro de Corcoesto. Demandan da Xunta a definición perimetral da segunda e terceira muralla para axudar á protección do mesmo, e polo tanto á concreción das correctas dimensións deste, co fin de axudar á súa mellor conservación e difusión.
I é que, segundo aseguran, falamos dun xacemento do século V a.c., situado nunha aba orientada ao leste, a unha altura duns 200 metros, e nunha área xeográfica rica pola existencia de gran número de mananciais, e porque aos seus pés se estende un amplo val agrícola, de chan moi fértil. O diámetro da súa Croa circular supera os 95 metros, o que a convertería na máis grande e máis esférica dos Castros fortificados da Costa da Morte.


A porta de entrada está orientado ao Sur. A beleza da paraxe na que se ubica, o excelente estado da porta da entrada, xunto coas magníficas dimensións e o excelente estado de conservación, incluido o do camiño que conduce ao xacemento, confírenlle unhas peculiaridades que facilitan a súa declaración como Ben de Interese Cultural. Cómpre destacar na súa arquitectura un parapeto de máis dun metro de altura e un terraplén que supera os catro metros, xunto con dous recintos adosados.
Ademais, indican que está en moi bo estado de conservación, limpo de maleza, sobre todo a parte interior da muralla visible, e con bo acceso a través dun camiño de terra, a diferencia doutros castros da Comarca.
E aportan máis datos: O depósito é claramente un castro característico do tipo do noroeste. Ten estrutura de poboado circular rodeado por unha muralla. Realmente non é unha única muralla, senón que son tres, cos seus correspondentes fosos, dúas terrazas previas (ou antecastros) e un amplo acrópole ou cidadela no centro. Está protexido por fosos, un terraplén natural, parapetos e murallas. É de destacar o bo estado de conservación da muralla interior.
Lembran ademais que as similitudes co Castro de Viladonga (Lugo) son evidentes ata o punto de considerarse o seu irmán xemelgo coruñés.
Por que non otro exemplo costeiro de arqueoloxía social na Costa da Morte?

Novas relacionadas
- Propoñen impulsar a recuperación de Castromiñán.
- Os voluntarios descobren a porta orixinal da Croa do Castro de Cerqueda.
- Cando o patrimonio se converte en festa e identidade.
- Días de olería e arqueoloxía polas parroquias de Malpica.
- A arqueoloxía volve ás mans da veciñanza en Cerqueda.
- Os veciños de Cerqueda presumen da súa Croa do Castro.
- A Croa do Castro de Cerqueda, un proxecto fetén de Arqueoloxía Social.
- 14-02-15: Os veciños de Cerqueda, os protagonistas da recuperación da Croa do Castro.
- 21-06-14: Recuperando a Croa do Castro.
- 30-12-14: Bota a andar o proxecto de recuperación da Croa do Castro de Cerqueda.
- Croa do Castro: A arqueoloxía oleira.
- Monte d’Arxa recuperará a Croa do Castro como recurso turístico.
Novas sobre o Parque do Megalitismo
- 14-10-14: O Parque do Megalitismo da Costa da Morte, 13 anos de quimera.
- 26-10-11: Pasiño a pasiño co Parque do Megalitismo.
- 13-07-08: Un paso máis cara a aprobación final do Parque Arqueolóxico do Megalitismo da Costa da Morte.
- 11-08-08: 14 megalitos da Costa da Morte serán denominados Bens de Interese Cultural .
Máis novas arqueolóxicas
- 4 Bens Culturais da Costa da Morte na Lista Vermella do Patrimonio Galego.
- 10-11-14: Arrincan as obras que sepultarán o Castro tapado de Laxe.
- Recunchos da Costa: A Capela derruída de Santa Eulalia de Chacín.
- As fortalezas ocultas de Muxía.
- Mámoas esquecidas baixo os eucaliptos.
- Unha reforestación con eucaliptos dana a mámoa da Arquiña de Vilaseco.
- Dombate: Un museo sen guía.
- Dombáter: Unha crítica a actuación no dolmen cabanés.
- “O Proxecto das Croas de Niñóns non se podería levar a cabo sen os veciños”.
- A arqueoloxía social que descobre murallas.
- As Croas de Niñóns: novo exemplo de vangarda arqueolóxica dende a Costa da Morte.
- Recuperación internacional dos sendeiros de Titania.
- O Castro de Mallou abriuse aos veciños nun novo exemplo de arqueoloxía social.
- Primeira etapa da Torre dos Mouros, un proxecto do pobo.
- O Castelo de Brandufe, un novo tesouro agochado do altomedieval costeiro.
- O patrimonio volve ás mans da cidadanía.
- Excursión pola Ruta das Antas da Costa da Morte.
- O SEMESCOM sumérxese na rede e dixitaliza as súas obras.
- Entrevista con Manuel Gago: “O litoral da Costa ten propiedades hipnóticas”.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).
- Información e imaxes do Petón do Lobo e Asociación ambiental Cova Crea.