Luns. 07.10.2024
El tiempo

COVID: Levantan as restricións en Carnota

grafica da evolucion covid na Costa da Morte 2021
COVID: Levantan as restricións en Carnota

Lixeiro aumento da incidencia do COVID na Costa da Morte, coma no resto do país. En apenas 8 días a inciencia subiu 30 puntos (de 60 a 90 novos casos detectados nos últimos 14 días por cada 100.000 habitantes) pasando de 77 casos en toda a comarca a 118. O repunte en concellos como A Laracha, ou Carnota son importantes para este aumento, se ben o crecemento é continuo en toda a zona. De feito, se o pasado día 27 de xuño eran 8 os concellos que non detectaran ningún positivo nosúltimos 14 días, este día 5 apenas quedan 2 (Ponteceso e Mazaricos).

En calquera caso, o Comité Clínico decidiu levantar as restricións en Carnota, que estaba en Nivel Alto, co que a comarca enteira queda en nivel baixo a partir deste sábado 10. O comité non impuxo sancións tampouco na Laracha, onde a incidencia subiu considerablemtente en apenas un par de días.

Vacinación

A vacinación continúa esta semana a toda máquina. O luns recibían no HVdX a segunda dose de AstraZeneca case 500 veciñ@s da comarca de entre 60 e 69 anos. O martes e mércores tocáballe a primeira dose de Pfizer a 400 veciñ@s cada día de entre 30 e 39 anos. Así, xoves, venres e sábado serán 300 veciñ@s de entre 40 e 49 anos cada día os que reciban a segunda vacina xa de Pfizer.

MÁIS NOVAS SOBRE O COVID

Comentarios