Luns. 07.10.2024
El tiempo

COVID: Realizan un cribado tralo gromo detectado en Carnota

covid na Costa da Morte grefica
COVID: Realizan un cribado tralo gromo detectado en Carnota

En apenas unha semana, Carnota vén de ter 0 casos a os 19 novos casos que contabiliza onte. Segundo fontes sanitarias o gromo debeuse a unha festa de mozos e mozas na parroquia do Pindo, que sendo asintomáticos acabaron contaxiando a certos familiares. Moitos dos positivos xa levan preto varios días confinados e o alcalde, Juan Manuel Saborido Moma, pediu que “non se demonizase a niguén”.

Vendo a situación xa o pasado venres, o Sergas convocaba un Cribado no Concello para este pasado sábado 26 de xuño, o primeiro día que estaba permitido ir sen máscara ao aire libre, sempre que se manteña a distancia de seguridade. Eran citadas 135 persoas de entre 16 e 40 anos no Centro de Saúde, das que finalmente só acodiu o 40%, é dicir 54 persoas, dando como resultados finais 1 positivo.

De feito, os 19 casos supoñen unha taxa de 480 novos casos por cada 100.000 habitantes.

Os datos

Mentres esperamos ver que determina o Comité Clínico arredor das restricións de Camariñas e Malpica (continúan en Nivel Medio (coa hostalería ao 30% en interior e ao 50% en terrazas), as cifras continúan dando os mesmos datos que nas últimas semanas. Seguimos arredor dos 75-80 novos casos nos últimos 14 días, cunha taxa aproximada de incidencia acumulada de 60 novos casos por cada 100.000 habitantes.

Laxe, Cabana, Ponteceso, Coristanco, Zas, Vimianzo, Muxía, e Muros son os Concellos sen ningún caso detectado nos últimos 14 días.

 

MÁIS NOVAS SOBRE O COVID

Comentarios