O Modesto Patrimonio: A misteriosa paraxe do Fragoso

Para situarnos sobre o terreo desta paraxe diremos que é un monte cunha altura media de 340 m. sobre o nivel do mar, dunhas 40 Ha. Está situado a 500 m. ao oeste da factoría XEAL de Dumbría, destacando polos seus restos arqueolóxicos como un petroglifo coñecido como “Pedra Ancha”, unha mámoa (desaparecida) e un enorme castro situado nun profundo val limitado polo río do mesmo nome. Penso que o nome “fragoso” procede de moi antigo debido a existencia dunha carballeira.
Polo norte queda limitado por un río do mesmo nome que nace na Fonte das Batocas, Monte dos Fumeirás, próxima ao petón coñecido como “Pedra da Santa”, que según o historiador Fernando Romero Romero é un dos monumentos megalíticos máis importantes do entorno. Cerca a este monumento pasaba o antigo camiño sacramental do lugar de Paradela á igrexa parroquial de Sta Baia de Dumbría. Cruza a estrada pola Pte. do Vaosalgueiro e métese nesta misteriosa paraxe. Entra en forma de “caldeira” ruidosa no inverno, limando o castro polo lateral norte deixando unha parede vertical e pequenas fervenzas non treito dun quilómetro para sair tranquilo polas leiras do lugar de Ferrío, bordeando outro “castro” polo leste para unirse ao río principal do Castro no lugar de Calo desembocando na ría de Lires. As súas augas facían moer 16 muíños fariñeiros, deixando un bonito val onde se asentan as aldeas máis importantes da parroquia de Dumbría. Esta paraxe era moi coñecida no lugar de Vilar, da parroquia de Buxantes, como estancia e refuxio de lobos onde se agochaban nun castro cuberto de toxos. De cativo tocoume visítalo alguna vez cando ía coas vacas, pasando moito medo. A señora Lela do Rico, veciña do lugar, contábame moitas historias deste monte. Dicíame que no castro vivía unha “moura” e que un día fora o día de San Xoán pola mañanciña, antes da saída do sol, para encontrala e, que vixiara cerca da fonte, porque alí agochába unha galíña con pitos de ouro porque alí había un tesouro. Co paso dos anos entereime que por alí pasaba o Camiño Real de Fisterra a Santiago e tamén as carruaxes con pasaxeiros e o correo, coñecido hoxendía como Camiño Xacobeo.
Contaban os vellos que nesta paraxe exestíu un caserío coñecido como “Casas de Maias” próxima a unha mámoa (desparecida), que facía de divisoria de augas, cara ao río Xallas e cara ao río Castro. Este caserío foi destruído polas tropas franceses no ano 1809 cando ían rumbo ás vilas de Cee-Corcubión. Co paso do tempo os seus restos convertíronse en guarida de asaltantes e ladróns.
Na memoria dos nosos antepasados falaban dunha bandoleira galega coñecida como “Pepa a Loba” que anduvo por estas paraxes. Non se sabe si é lenda ou realidade como reseña o libro de Aurelio Mires do ano 1968. Contan que esta muller, de familia pobre, naceo na Estrada en 1835. Vivía con súa nai coñecida como Falucha e coa tía Dorinda, axudándolles a cuidar a casa e as ovellas. Un día apareceulle o lobo e, coa axuda do can “Lueiro” e un pao, logrou matalo. A partir de aquí é coñecida como “Pepa a Loba”. Sua nai foi violada por un descoñecido na sua presenza e queda embrazada, morrendo de parto. Pepa quedou soa e a su tía buscoulle traballo na tenda do lugar. O tendeiro, que a tíña como filla apareceo morto na tenda cun coitelo cravado no peito.
A xustiza a acusouna de asesinato e condenouna a cadea perpetua no cárcere de Pontevedra. Chea de rencor e con gañas de vinganza fuxiu do cárcere vestida de cura e mata ao que acusou falsamente. Escapa ao monte formando unha cuadrilla de ladróns e bandoleiros adicándose ao roubo e saqueos para entregársellos aos pobres, ou eso decían. Persoas maiores falan de que por aquí anduvo Pepa a Loba roubando e saqueando os camiñantes. Como recordo, aínda queda o topónimo “Fonte dos Ladróns” situada a uns 100 m. o norte deste caserío.
Por esta paraxe pasaron importantes personaxes en visitas a Fisterra, coa creenza de que alí acabábase a terra, recordemos algunhas visitas importantes.

Sobre o ano 1490 pasou por este territorio un obispo armenio chamado Mártir. Decidíu peregrinar por distintos países europeos, chegando a Santiago coa idea de visitar Fisterra. Según o seu diario conta: “pasé muchos trabajos y fatigas, pero lo que más me impresionó fue el encuentro con un animal grande muy peligroso y dañino conocido como Vákner. Estaba en un páramo a varios quilómetros antes de Fisterra”. Con este relato identificamos este páramo como o Monte do Fragoso. Pero, que que clase de animal dañino é o Vakner? Do 18 ao 19 de octubre do 2021 houbo no Albergue de Peregrinos de Dumbría un encontro con personalidades expertas en diversas temáticas de historia, arquitectura e biolóxica, entre elas Fernando Alonso Romero, Antón Pombo e outros. Alonso Romero falou sobre que animal podería ser O Vakner; expuso un extenso catálogo de animales mitolóxicos, muitos deles plasmados en edificios relixiosos como os da igrexa de Morquintián. Tamén se expuso unha maqueta realizada por Cándido Pazos donde reflexa un animal fero e dañino como o Vakner.
Outro personaxe importante que pasou por este lugar no ano 1835 foi George Borrow, máis coñecido como “Jorgito,” un aventurero inglés que vén a España para vender a Biblia. Decidiu visitar a fin do Mundo e desde Padrón alquilou un burro cun guía analfabeto que non sabía onde estaba Fisterra. Vén pola Pontenafonso, Pino de Val e alí, xa de noite, contáronlle que tivera coidado coa “Estadinha”, que eran as almas dos mortos que viaxaban pola noite ( nos coñecémola pola “roldiña”). Pasou a Pte Olveira sen enterarse e no alto de Olveiroa, con moito medo, decidiu dormir no monte. O seu criado viu sair fume dunha casa que debía ser o lugar do Logoso. Alí durmiron no chan da cociña e, según contou no seu diario, eran xente culta. Quizá fose a casa dun familiar do cura de Hospital que, máis tarde, sobre a década de 1930, un familiar sería alcalde de Dumbría. Seguramente madrugaron, para non encontrar a “estadinha” e pasaron pola paraxe “ do Fragoso” rumbo a Cee. En Fisterra foi detido por espía inglés pasando uns cantos días no cárcere de Corcubión.
E rematamos dicindo que nesta paraxe, a 250 m. ao NE do Castro do Logoso podemos situar o centro xeográfico (centroide) do término municipal de Dumbría. Está dentro da parcela 593 do polígono 11. As súas coordenadas (UTM 29ETRS89) son: X = 492080; Y = 4759532. Tamén as encontraremos no sistema (UTM29ED50); X = 492206; Y= 4759746.
Novas sobre o Vakner
- Territorio Vákner.
- Martiño Nercellas: Quen encarnou ao "vakner" de Fisterra? Outra interpretación do que puido ser este “animal grande e moi daniño”.
- Jose Antonio De la Riera: Lendas e tradicións (III). O monstro que axexa no páramo: O Vakner (Primeiro ouvido).
OUTROS ARTIGOS NO "MODESTO PATRIMONIO”
- O Calendario dos artegos.
- A pedra do Encanto de Olveiroa.
- Os muíños fariñeiros en Dumbría.
- O Cruceiro do Alto de Gures.
- Muíños Hidráulicos no Concello de Cee.
- Modesto García Quintáns debulla a historia da Casa da Vacariza, que entra na lista vermella do Patrimonio.
- Ano 1902: Consternación na comarca de Fisterra ante a catástrofe no Ézaro.
- Modesto García Quintáns debulla a historia da Casa da Vacariza, que entra na lista vermella do Patrimonio.
- O Modesto Patrimonio: O Cruceiro de Rebordelo,
- Demografía no Concello de Dumbría.
- A Bandeira do Concello de Dumbría.
- A fervenza de Miñóns de Buxantes.
- A Central Hidroeléctrica de Buxán de Dumbría.
- O escudo de Dumbría.
- Os Pasales, a barreira natural do paso sobre o Río Xallas.
- A Casa da Pedra do Ézaro.
- O muíño fariñeiro máis antigo documentado no Concello de Dumbría.
- Memoria histórica lingüística (toponímia) e etnografía do Concello de Dumbría.
- O Cura Rioboo de Berdeogas.
- O Balcón da Costa da Morte.
- As antigas cancelas e e corredoiras de Dumbría
- O Hórreo na Comarca de Fisterra.
- A hidrografía no concello de Dumbría.
- A Ferigresía de Refoxos.
- A Ruta de Pallares.
- Muíños do Río da Lagarteira (II).
- Muíños do Río da Lagarteira (I).
- Un paseo á Ermida das Neves de Buxantes.
- O caserío dO Cotelo de Olveira.
- O Cemiterio de Buxantes.
- A Santiña de Trasufre.
- O Castro de Alvarellos de Berdeogas.
- Lugas de Castrelo, Colúns.
- A Capela de San Marcos do Logos.
- Os muíños do Rego de Quenxe.
- Por que lle chaman as Caldeiras do Castro?:
- Semellanza dos nosos muíños fariñeiros cos canarios.
- Os muíños da nosa comarca.
- Recordando o día máis angustioso de Xesús.
- As varas: As antigas unidades de medida.
- Recordando algo da historia da parroquia de Berdeogas.
- A hidrocentral “Electra del Jallas”.
- O 50 aniversario do Encoro da Fervenza.
- A igrexa parroquial de Dumbría.
- Un Modesto repaso aos costumes avespa velutina.
- O piñeiro-marco entre Cee e Corcubión.
- A escola de Dumbría.
- Reparación do piso e do teito da Igrexa de Buxantes.
- O Dolmen da Pedra da Arca.
- A Cabana da palla do millo.
- Apañar o mato en primavera.
- A Ponte de Canelas en Dumbría.
- O arado de madeira ou tamén chamado romano.
- O Cruceiro pantasma do Monte de Olveira.
- Memoria Histórica de Buxantes – Muíño da Fonte Santa.
- O Castro de Castromiñán.
- O lugar de Quenxe.
- A Igrexa Parroquial de Buxantes.
- A Igrexa Parroquial da Ameixenda.
- O Bico do Santo en Carnota.
Patrimonio Pindexo
- Monte do Pindo, o remedio natural para rebaixar o colesterol.
- O Modesto Patrimonio: Subida ó Pico de Peñafiel do Monte do Pindo.
- O Modesto Patrimonio: A toponimia do Monte do Pindo.
- O Modesto Patrimonio: O topónimo: O Pindo ou Monte Pindo?.
- O Modesto Patrimonio: Explorando a toponimia dos camiños do Monte do Pindo.
- O Modesto Patrimonio: A Cabana das Chozas, outra Caverna dos refuxiados no Pindo.
- O Modesto Patrimonio: A Furna do Río da Barco.
- O Modesto Patrimonio: Fonte Mateo e A Cova dos Morcegos no Monte do Pindo.
- O Modesto Patrimonio: A Cova da Pendente do Monte Pindo.
- O Modesto Patrimonio: Os muíños do Monte do Pindo.
- Con Pepe do Fieiro redescubrindo os tesouros do Monte Pindo.
- Pepe do Fieiro: “Dicían os nosos vellos…”.
- Ézaro, unha viaxe polas covas dos agochados no Monte Pindo (Parte 1).
- Ézaro, unha viaxe polas covas dos agochados no Monte Pindo (Parte 0).
- Da Raínha Lupa á Cova da Xoana, pasando por Duio, con Pepe do Fieiro.
- Os muíños do Monte do Pindo, por Modesto García Quintáns.