Un libro de rendas e esmolas da parroquia de Santa Baia de Castro, en Coristanco, do ano 1711
Dentro dos libros de administración procedentes da parroquia coristanquesa de Santa Baia de Castro, existe un volume moi ben coidado de varias escrituras recompiladas no ano 1711, que foron renovadas e copiadas en 1829, onde se nos da conta das moitas esmolas ofrecidas a perpetuidade polos devotos da santa patroa, que serían cobradas polos seus fabriqueiros para logo empregar en obras ou outros mesteres no templo. Case todos os votos responden a un favor, sexa unha curación ou milagre, e que en compensación se entrega como agradecemento unha cantidade normalmente en froitos, como o trigo, aínda que tamén noutros bens para sempre; a suma podería ser ben entregada por un herdeiro do donante, ou ben estaría en relación sobre unha propiedade en razón dunha renda ou aluguer. Vexamos, pois, o resumo e índice que puidemos elaborar sobre este volume:
- No ano 1639 o capitán Gregorio de Pazos Figueroa concede á Santa un ferrado e medio de trigo sobre o lugar de Vilariño, en Cances.
- Juana Paz fai unha obrigación sobre a herdade da leira da Cancela de Sísamo.
- Inés Rodríguez, natural de Cores, fai voto dun ferrado de trigo sobre o lugar no que vive Pedro Rodríguez de Busto.
- Catalina do Santo fai voto dun ferrado de trigo sobre o lugar de Centiña no que vive Antonio Suárez Vermello.
- Un ferrado de trigo sobre a casa, a cortiña e eira na que vive Catalina da Cancela, en Centiña.
- Bartolomé López e a súa nai, Ana da Cancela, dan medio ferrado de trigo a perpetuidade; ambos eran veciños de Liñeiro, en Cances.
- Domingo Martínez “o vello” concede medio ferrado sobre o lugar de Cambre, en Lema.
- Domingo Chouciño entrega, sobre a leira do Vilar en Leiloio, medio ferrado de trigo.
- O crego de Castro, don Juan García de Mondoñedo, deixa medio ferrado sobre o lugar de Figueiroa, en Sísamo.
- Gregorio Blanco deixa dous ferrados, un sobre o lugar de Lumián e outro sobre o que viviu Alberto Ramos.
- O tecedor Juan Crespo e Alberta das Figueiras fan escritura de doazón do lugar da Cerdeira, xunto á igrexa de Buño, en favor da Santa patroa de Castro; era o ano 1621.
- Antonio Gómez Verdía, natural de Sísamo, dou por testamento ferrado e medio de trigo sobre o lugar da Eiroa; ano 1671.
- José da Madalena outorga un ferrado de trigo sobre a leira do Tallo do Barreiro, na agra de Ferreiro de Xaviña.
- Juan Blanco, veciño de Vilartrigueiro, en Coristanco, da un ferrado de trigo sobre a horta da Eira.
- Pedro de Abelenda, veciño de Riomouro, en Traba, ofreceu dous ferrados sobre este lugar.
- Dous ferrados e medio de María Suárez, Alonso García e Inés Suárez sobre o lugar de Baiordo, en 1627.
- Simón García, da freguesía de Cuns, dou en 1656 a perpetuidade un ferrado de trigo sobre o lugar do Pazo da Trabe.
- Alberto da Rama e Pedro García, de Lume da Cova, dan medio ferrado.
- Alonso Pereiro, do lugar Queimado de Santa Sabiña, regala un ferrado de trigo.
- Juan de Mira manda un ferrado sobre o lugar do Outeiro, antes chamado do Cebreiro.
- Medio ferrado de trigo legado por Pedro Rodríguez de Arijón, do lugar de Carballo, en Oza, sobre o lugar de Aviño, en Cambre.
- Medio ferrado de trigo dado sobre o lugar de Rececinde, de parte de Alberto Suárez e antepasados.
- Julián Reino ofrece un ferrado de trigo sobre a leira do Santísimo, na agra de Rececinde.
- Un ferrado de trigo dotado por Alberte García, sobre o lugar de Rececinde.
- Medio ferrado de trigo dado por Catalina de Antelo, viúva de Juan Pardiño, segundo o deixara dito Xoán de Antelo, seu pai, sobre o lugar no que vive en Rececinde.
- Dous ferrados de trigo de esmola de Alberte Carballo, de Cuns, e outro de Inés do Anido, do Esto.
- Un ferrado de Inés Rodríguez de Cores.
- Un ferrado sobre o agro de Lagares, Fontemaior e agra do Sino, na parroquia de Agualada, dotado por Domingo do Busto.
- Un ferrado de trigo sobre o lugar do Outeiro, dados polos ascendentes de Juan García, pola viúva de Estevo de Cures e por Domingo do Río.
- Tres cuartos de ferrado de trigo sobre o lugar de Budián, ofrecidos mediante un codicilo de Domingo Trigo “o mozo”, en 1685.
- Medio ferrado dado por Francisco Martínez, de Corcoesto, sobre a parte que tiña en Budián.
- Un ferrado de renda na parroquia de Santa María de Montouto, dado por Juan Rodríguez Vilariño, escribán de Xallas, en 1671.
- Dous ferrados de renda do lugar de Baiordo, por parte de María Suárez e Alonso de Carballal, o 2 de decembro de 1627.
- Alberto García Pardiño da por testamento dous ferrados de trigos sobre o lugar de Castro, no ano 1651.
- Obriga de Rodrigo Antonio Rey e Villardefrancos de dar ferrado e medio sobre o lugar de Pedrouzo, en Xaviña, e sobre o de Castro.
- Un ferrado de trigo sobre a herdade de Buño, legados por Juan Crespo o 10 de decembro de 1621.
- O 25 de xuño de 1672 Ángela de Gondomil da un ferrado de trigo sobre o lugar de Denellón.
- O 8 de agosto de 1692, Isabel Peláez Valdés, veciña de Freixeiro, outorga un ferrado de trigo.
- O 14 de agosto de 1634, Alberto de Leis Rellán, do lugar de Folgoso, ofrece medio ferrado.
- O 27 de maio de 1600, un ferrado dado por Alberto Carballo.
- Medio ferrado sobre o lugar de Ures, en Canduas, como esmola de Juan Rial, feito no 10 de decembro de 1668.
- Dous ferrados sobre o lugar da Rabuxenta, de 1653, pola viúva do capitán Juan Vázquez de Caamaño, dona María Rodríguez de Carracedo.
- Dous ferrados e medio escriturados o 15 de outubro de 1668 por Mateo Caravel, sobre o lugar de Castro.
- En Cances, medio ferrado dado o 12 de xuño de 1664 por Domingo de Amarelle, sobre a herdade da Barrosa.
- Un ferrado sobre o lugar de Bormoio, concedido o 1 de maio de 1629 por Alberto de Amarelle.
- Dous ferrados de trigo dados o 19 de novembro de 1814 por Andrés de Torreira, veciño de Castro.
- Dous ferrados de trigo dados por testamento de José da Vila.
Máis artigos de Luís Bermúdez
- Un documento inédito redactado en Rus en 1796: o testamento da esposa do artista Ignacio Tiburcio Freire
- Ritos e liturxia popular nos santuarios da zona de Bergantiños
- Santos catacumbais na Arquidiocese de Santiago: San Calisto, mártir
- O incendio do retablo de Noicela en 1906
- A reliquia de Santo Outelo de Goiáns
- Narciso Coello de Portugal (1864-1945), crego de Bértoa
- Unha imaxe peculiar e valiosa: a Virxe de Guadalupe de Oza
- Os párrocos de Bergantiños na visita pastoral de 1817
- A contratación da campá maior de Rus, en Carballo, en 1791
- A cruz parroquial de Verdes, en Coristanco: unha das pezas de prata de máis antigüidade na zona de Bergantiños
- As constitucións de 1771 da confraría de Santa María de Ferreira
- Analizando polo miúdo a custodia de San Pedro de Valenza, en Coristanco
- Setenta anos da chegada de don Cipriano Reiriz de Dios (1902-1983) a Valenza, Coristanco: o crego que fixo progresar o rural.
- A igrexa de Santa Baia de Castro, en Coristanco, a través da visita pastoral de 1817
- A igrexa de Santa Baia de Castro, en Coristanco, a través das visitas pastorais dos séculos XVII e XVIII
- Milagres da Virxe de Pastoriza nas comarcas de Bergantiños e Soneira
- Santos e marcos: a discusión entre san Xián e santa Baia polo lugar de Lume da Cova
- A pirotecnia e as festas de Bergantiños no pasado
- A supresión e anexión das parroquias de San Xusto e Verdes
- Os toques das campás en Bergantiños e o contrato das campás de Oza, Xaviña e Lemaio
- As capelanías existentes en Bergantiños a mediados do século XVIII
- O preito de Santa Minia de Seavia (1870)
- Algunhas sepulturas históricas nas igrexas da zona de Bergantiños
- Don Nicolás Varela Díaz: un fillo ilustre da comarca de Bergantiños
- A devoción a san Antonio de Padua na parroquia de Agualada
- A Virxe da Saleta de Silván: avogosa e protectora das patacas de Coristanco
- A capela das Salgueiras, en Coristanco: de ermida particular a templo veciñal
- A devoción a san Roque na comarca de Bergantiños